Mobilidade (146)

O Goberno de Indonesia convoca as bolsas  Darmasiswa destinadas a estudantes interesados en aprender o idioma oficial bahasa e profundar na arte e a cultura deste país asiático.

As axudas poderanse gozar durante o próximo curso 2019/2020 nalgunha das 71 institucións oficiais de educación superior de Indonesia e cubrirán un período dun ano completo.

Os aspirantes elixidos recibirán unha asignación mensual que oscilará entre as 2.950.000 rupias (uns 230 euros) e as 2.550.000 rupias (uns 180 euros), en función da cidade de destino que escolla cada un.

Ademais disto, todos os estudantes terán dereito a recibir o aloxamento e o transporte durante o programa de orientación previo ao goce destas bolsas e que terán lugar na capital, Iacarta, durante o mes de agosto, segundo recollen as bases desta convocatoria.

Para poder aspirar a unha destas bolsas é necesario proceder dun país que manteña relacións diplomáticas con Indonesia, así como ter estudos de Educación Secundaria ou equivalentes.

Tamén é obrigatorio ter unha idade mínima de 17 anos e unha máxima de 35 anos no momento de solicitar estas bolsas, e contar con estudos de Educación Secundaria ou equivalentes.

Así mesmo, o dominio do inglés é outro dos requisitos indispensables para poder acceder a unha destas axudas, xa que a maioría de institucións de educación superior do país imparten as súas clases neste idioma.

O prazo para as Bolsas Darmasiswa: 1 de marzo. (Convócanse todos os anos)

http://embajadaindonesia.es/now-open-darmasiswa-scholarship-20192020/

As Bolsas Freigeist son axudas destinadas a mozas e mozos de calquera país do mundo que investiguen no marco de calquera campo do coñecemento. O obxectivo estas bolsas é facilitar a implementación de proxectos de investigación extraordinarios, por iso, nesta edición convocáronse entre dez e quince axudas para realizar investigacións en universidades ou institucións de investigación alemás.

Cada bolsa poderá estenderse ata un período máximo de cinco anos, e a contía económica que recibirá cada investigador variará en función do campo de investigación e a experiencia profesional de cada candidato.

Requisitos: estar en posesión dun título de doutoramento que fose obtido durante o últimos cinco anos. E tamén é obrigatorio que a investigación se integre desde o principio no marco dunha universidade ou institución de investigación alemá.

Prazo: 10 de outubro de 2019

https://www.volkswagenstiftung.de/en/funding/our-funding-portfolio-at-a-glance/freigeist-fellowships

A Universidade de  Lancaster convoca bolsas para realizar un máster ou doutoramento nas áreas relacionadas coa arte e as Ciencias Sociais no curso 2019-2020.

A convocatoria –que tamén está aberta a outras disciplinas como estudos de teatro, antropoloxía social, socioloxía ou traballo social, historia ou estudos relixiosos, entre outros-, diríxese aos estudantes internacionais interesados en cursar estudos que permitan obter unha mestría, mestría seguida de doutoramento ou doutoramento nesta universidade.

Estes programas deberán cursarse a tempo completo ou parcial no curso académico 2019-2020 en calquera departamento da Facultade de Artes e Ciencias Sociais desta universidade en calquera das áreas anteriormente mencionadas

Prazo: 1 de marzo de 2019 (convócanse todos os anos)

https://www.lancaster.ac.uk/arts-and-social-sciences/study/postgraduate/funding/faculty-postgraduate-scholarships/

Bolsas Erasmus XL

Set 28, 2018

Banco Santander, Crue universidades españolas e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades lanzan o programa de Bolsas Santander Erasmus dirixido a todos os estudantes das universidades españolas e que entregará 5.152 bolsas a beneficiarios das axudas Erasmus+.

O obxectivo do Programa é axudar aos estudantes universitarios que obtivesen unha Erasmus+ de estudos ou prácticas para o curso académico 2019/2020, fomentando deste xeito a mobilidade e formación no ámbito da Unión Europea.

As bolsas divídense en tres modalidades:
- 152 bolsas de Excelencia de 3.200 euros cada unha, para os 152 mellores expedientes académicos, os cales obtivesen unha bolsa  MECD ou posúan un Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- 2.000 bolsas de 500 euros cada unha para apoiar a túa estancia Erasmus.
- 3.000 axudas de 150 euros cada unha para apoiar a túa mobilidade.

Os beneficiarios das dúas primeiras modalidades de bolsa recibirán un Plan de Orientación Laboral para desenvolver capacidades imprescindibles no mundo laboral.

A duración da bolsas é entre seis meses e un ano.

Prazo:  ata o 28 de febreiro de 2019

https://www.becas-santander.com/program/5b50549700a734001ff2901b

100 bolsas para a mocidade do exterior

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a Orde do 6 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2018/19 nun centro con ensinanzas sostidas con fondos públicos de Galicia.

Máis información: DOG Núm. 152Xoves, 9 de agosto de 2018

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180809/AnuncioG0164-060818-0005_gl.html

Asociación Erasmus Compostela participara un ano mais no programa GALEUROPA na  edición 2018 do  procedemento BS324B – Mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa: para entidades sen ánimo de lucro.
A finalidade do programa  é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo.
A través dunha estadía de 3 meses en Portugal, Italia ou Reino Unido con 100 horas mensuais de prácticas en empresa.
Ademais, a mobilidade transnacional apoia á adquisición de competencias na lingua de traballo do pais de destino.
Número de prazas ofertadas por países de destino:
PORTUGAL (4)

REINO UNIDO (4)

ITALIA (6)
*PROXECTO TEN RESERVADAS NUN DOS FLUXOS DE MOBILIDADE UN 45 % DOS/AS DESTINATARIOS/AS CON DISCAPACIDADE SUPERIOR OU IGUAL AO 33 %
Duración das mobilidades:
3 meses
Contacto:
http://www.galeuropa.es/

info@galeuropa.es

Teléfono: 881181145

PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL GALEUROPA 2018


Teléfono: 881181145

ASOCIACIÓN ERASMUS COMPOSTELA

Casa Jimena y Elisa Fdez. de la Vega
 R/ Casas Reais nº 8
 CP 15782  Santiago de Compostela (A Coruña) - España


HORARIO DE VERÁN 10:00 a 14:30hrs

A Fundación Heinrich Böll convoca bolsas internacionais de posgrao en Alemaña

O prazo de solicitude é do 1 de marzo ao 1 de setembro de cada ano.

Con estas bolsas, buscan estudantes con antecedentes académicos excelentes, que se comprometan social e politicamente, e que ademais teñan un interese activo acerca dos valores básicos da fundación: A ecoloxía e a sustentabilidade, a democracia e os dereitos humanos, a autodeterminación e a xustiza.

https://www.boell.de/en/scholarships-application

Axudas de mobilidade para o alumnado de Erasmus Estudos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2017/18.

Destinatarios: Estudantes que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2017/18 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.

b) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.

c) Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG Núm. 1Martes, 2 de xaneiro de 2018 ).

Máis información: DOG Núm. 1Martes, 2 de xaneiro de 2018

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180102/AnuncioG0164-301117-0003_gl.html

SAYEN (South Asia Youth Environment Netwwork) xunto ao Centro de Educación Ambiental (CEE) convocan bolsas para prácticas en Desenvolvemento Sustentable na India.

Estas bolsas para prácticas ofrece a oportunidade de adquirir coñecementos e experiencia práctica no desenvolvemento sustentable. Os participantes realizarán proxectos de investigación, proxectos de acción, desenvolvemento para os medios de comunicación así como actividades de documentación dun proxecto en curso.

A duración das bolsas pode ir de dous meses a un ano.

Requisitos:
As bolsas están dispoñibles para todo o mundo.
Tes que ter entre 18 a 30 anos de idade.
Interese pola aprendizaxe e o tema é necesario, así como o desexo de traballar coas organizacións que participan neste sector.

Prazo:
Sen data límite. As bolsas poden solicitarse durante todo o ano.

http://sayen.org/sayen/templates/default/page_tpl.php?p=27