Idiomas (13)

A Fundación ONCE puxo en marcha a terceira edición do programa de axudas de mobilidade internacional para que mozas e mozos con discapacidade de entre 18 e 29 anos poidan estudar inglés, francés ou alemán nalgún país da Unión Europea cuxa lingua oficial sexa un destes tres idiomas.

As axudas son para cursos e estancias de entre 4 e 12 semanas de duración, nalgún país da UE onde o idioma oficial sexa o inglés, francés ou alemán.

As bolsas para estancias de 4 semanas son de 2.000 euros e as de 12 ascenden a 6.000 euros. Todas elas cobren a formación en inglés, francés ou alemán a través de cursos que deberán desenvolverse entre o 1 de marzo e o 15 de setembro deste ano e que haberán de ter unha carga lectiva de polo menos 20 clases semanais dun mínimo de 40 minutos cada unha.

Prazos: pódense presentar as solicitudes ata o 7 de agosto de 2020 a través do portal de bolsas de Fundación ONCE:  https://bolsas.fundaciononce.es na sección "Bolsas de idiomas no estranxeiro".

Requisitos
- Acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Ter entre 18 e 29 anos.
- Estar rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de maneira previa ao comezo do curso.
- Posuír un nivel mínimo  B1 do idioma para o que solicitan a axuda ou outro título ou nivel asimilado.

https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasCursoIdiomas.aspx

British Council oferta 80 bolsas Aptis para persoas desempregadas

Estas Bolsas teñen como obxectivo principal mellorar as posibilidades de atopar emprego, mediante a certificación do nivel de inglés,  ofrecendo a posibilidade de realizar o exame Aptis.
Aptis está recoñecido oficialmente pola CRUE, ACLES, e pola maioría de comunidades autónomas e universidades de España, así como empresas públicas e privadas.

Prazo: 31 de marzo de 2020

https://www.britishcouncil.es/examenes/aptis/becas-ayudas

Outras bolsas de British Council:

British Council School Excellence and Talent Awards, para alumnado de 12 ou 13 anos (ata o 28 de febreiro)
Future News Worldwide (ata o 14 de febreiro)
Cursos de inglés gratuítos para nenos e mocidade (convocatoria proximamente dispoñible)
Premio IELTS España (ata o 11 de maio)
#WeAreEquals Music Academy (ata o 27 de xaneiro)
Conferencia Circular Cultures (ata o 3 de febreiro)

 

O Goberno de Indonesia convoca as bolsas  Darmasiswa destinadas a estudantes interesados en aprender o idioma oficial bahasa e profundar na arte e a cultura deste país asiático.

As axudas poderanse gozar durante o próximo curso 2019/2020 nalgunha das 71 institucións oficiais de educación superior de Indonesia e cubrirán un período dun ano completo.

Os aspirantes elixidos recibirán unha asignación mensual que oscilará entre as 2.950.000 rupias (uns 230 euros) e as 2.550.000 rupias (uns 180 euros), en función da cidade de destino que escolla cada un.

Ademais disto, todos os estudantes terán dereito a recibir o aloxamento e o transporte durante o programa de orientación previo ao goce destas bolsas e que terán lugar na capital, Iacarta, durante o mes de agosto, segundo recollen as bases desta convocatoria.

Para poder aspirar a unha destas bolsas é necesario proceder dun país que manteña relacións diplomáticas con Indonesia, así como ter estudos de Educación Secundaria ou equivalentes.

Tamén é obrigatorio ter unha idade mínima de 17 anos e unha máxima de 35 anos no momento de solicitar estas bolsas, e contar con estudos de Educación Secundaria ou equivalentes.

Así mesmo, o dominio do inglés é outro dos requisitos indispensables para poder acceder a unha destas axudas, xa que a maioría de institucións de educación superior do país imparten as súas clases neste idioma.

O prazo para as Bolsas Darmasiswa: 1 de marzo. (Convócanse todos os anos)

http://embajadaindonesia.es/now-open-darmasiswa-scholarship-20192020/

Eurolingua abre o prazo de solicitude da 8ª convocatoria de 20 bolsas para Irlanda. Eurolingua é unha empresa privada dedicada a organizar cursos de idiomas en Irlanda.

Que inclúen as bolsas?

  • Cursos de 2 semanas en Irlanda.
  • 20 Clases semanais.
  • Aloxamento en residencia ou familia.
  • Actividades, excursións e visitas complementarias
  • Certificado de aproveitamento expedido polo colexion.

Non inclue o prezo do billete de avión. Si inclue os traslados dende o aeroporto ata o aloxamento.

Requisitos:

  • Idade. Nacer con anterioridade ao 31 de decembro de 2005.
  • Nacionalidade. Ter nacionalidade de calquera país da UE.
  • Estudos. Estar matriculado/a no presente curso escolar 2019-20 nalgún destes estudos: Bacharelato, ESO, Formación Profesional ou Titulación Universitaria regulamentada (masters e doutorados incluidos) en calquera punto de España.
  • Media do expdediente académico de polo menos 6 puntos, aos que se aplicará o correspondente coeficiente corrector en función dos estudos.

O prazo de solicitude estará aberto ata o día 8 de abril de 2020.

Máis información:

www.becaseurolingua.com

A Axencia  Letona para o Desenvolvemento da Educación Pública convoca bolsas de estudo e investigación para o ano académico 2019/2020 así como bolsas para escolas de verán 2019.

O prazo estará aberto ata o 1 de abril de 2019

http://viaa.gov.lv/eng/international_cooperation/scholarships_gov/latvian_scholarships/

O Ministerio Educación Superior e Ciencia de Dinamarca convoca todos os anos bolsas para realizar no verán cursos de danés en Dinamarca, ás que poderán optar estudantes matriculados en licenciatura, mestría ou doutoramento.

A duración dos cursos é de tres semanas, impartidas no verán durante os meses de xullo e agosto, cun mínimo de tres horas ao día de formación no idioma danés, que están acompañadas de excursións e actividades culturais. Isto permite aos estudantes coñecer o idioma á vez que coñecen a cultura danesa e o país.

Prazo: abrése no mes de febreiro habitualmente

https://ufm.dk/en/education/programmes-supporting-cooperation-and-mobility/the-cultural-agreements-programme/danish-summer-language-scholarships

O Ministerio de Educación, Mocidade e Deporte da República Checa convoca todos os anos bolsas para participar nos cursos de verán do idioma checo en Praga, Brno e Olomouc.

Convocatoria 2019:

7 bolsas

Data límite de entrega de solicitudes:  1 de marzo de 2019 ás 16:00h
As bolsas cobren a estancia en residencias universitarias en réxime de pensión completa, matrícula e excursións.

Solicitantes:
- maiores de 18 anos de idade;
- estudantes, profesionais (lectores, tradutores, intérpretes) ou traballadores académicos especializados nos estudos checos ou eslavos.
- españois ou estranxeiros con permiso de residencia en España;

Lugar de entrega de solicitudes:  Embaixada da República Checa, Avenida de Pío  XII, 22-24, 28016 Madrid (por envío postal ou persoalmente).

Cursos disponibles:
Universidade de Masaryk en Brno (20. 7. - 17. 8. 2019) - 3 bolsas
Universidade Carolina en Praga (26. 7. - 23. 8. 2019) - 2 bolsas
Universidade Palacký en Olomouc (20. 7. - 18. 8. 2019) - 2 bolsas

https://www.mzv.cz/madrid/es/cultura_becas_cursos/educacion/becas/becas_para_cursos_de_verano_del_checo.html

A través do Instituto Balassi é posible estudar Húngaro nas 23 delegacións que este instituto ten abertas en 21 países diferentes.

http://www.balassiintezet.hu/en/balassi-institute-hq/

O programa "Vulcanus en Xapón" foi creado en 1997 polo Centro para a cooperación industrial UE-Xapón e ofrece prácticas profesionais a estudantes da UE que consisten nun seminario dunha semana en Xapón, un curso intensivo de xaponés de catro meses e unhas prácticas nunha empresa xaponesa durante oito meses.

Podes solicitalo?
Para poder solicitalo debes ser cidadán dun país da UE e estudante universitario a partir do terceiro ano de enxeñería ou ciencias nunha universidade da UE: informática, enxeñería, enxeñería mecánica, química, electrónica, biotecnoloxía, enxeñería eléctrica, física, telecomunicacións, información, enxeñería nuclear, enxeñería civil, materiais metálicos, cerámica, sistemas de produción, etc.

O programa empeza en setembro e termina en agosto do ano seguinte. Ten por obxectivo mellorar e fomentar a cooperación industrial e a comprensión mutua entre Xapón e a UE. Ten en conta que se tes a obrigación de facer un ano de prácticas, o programa  Vulcanus pode estar recoñecido como parte do teu currículo universitario ou como un ano  sabático.

Como o solicitas?
Só tes que enviar a solicitude e esperar a que che seleccionen. Avaliaráseche en función das túas cualificacións académicas, as recomendacións dos teus profesores, os teus coñecementos de inglés, a túa motivación, a túa actitude con respecto ás relacións entre a UE e Xapón e a túa habilidade para adaptarche a unha cultura diferente.

Financiamento
O programa está financiado polo centro UE-Xapón para a Cooperación Industrial e as empresas xaponesas de acollida. Os estudantes reciben 2 millóns de  yenes para cubrir a viaxe de ida e volta e os gastos de estancia. O curso de idiomas e o seminario son gratuítos e os estudantes tamén reciben aloxamento durante todo o período.

Prazo: son bolsas anuais e normalmente ábrese a convocatoria durante o mes de xaneiro

https://www.eu-japan.eu/events/vulcanus-japan