O Ministerio de Educación y Formación de Flandes con voca as Bolsas Master Mind para cursar estudios de máster en Bélxica.
Requisitos
Alto nivel de rendemento académico.
Bo coñecemento do idioma inglés.
Dotación
Ata 10.000 € por ano académico.
O prazo de solicitude estará aberto ata o 28 de abril de 2024.
Máis información
https://www.studyinflanders.be
Importe das axudas:
400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D
Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude:
- Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Non estar traballando por conta propia nin allea.
- Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
Prazo e forma de presentación:
As solicitudes poden presentarse desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito dispoñible.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Documentación que debe presentarse coa solicitude:
- Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.
- O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
A Xunta de Galicia convoca 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2024/25 nunha universidade galega.
1. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar na data da presentación de solicitudes:
a) Ser menor de 40 anos.
b) Estar en posesión da nacionalidade española.
c) Residir fóra de España.
d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
e) Estar vinculado a Galicia dalgún destes xeitos:
- Ser emigrante nacido/a en Galicia.
- Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar.
- Ser descendente por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro
f) Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa, que dea acceso a un máster universitario.
g) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculadas a un concello galego.
2. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar con carácter previo á concesión da bolsa:
– Estar matriculado/a no curso 2024/25 nun máster universitario dun mínimo de 60 créditos ECTS na modalidade presencial ou semipresencial. Para os másteres cunha duración total de 90 créditos ECTS, a matrícula dos 30 créditos ECTS restantes, correspondentes ao curso 2025/26, realizarase e acreditarase no mes de setembro do ano 2025.
As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento PR911A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2024 ás 23.59 horas (hora peninsular española).
Máis información no DOG do 9 de xaneiro de 2024 e en https://emigracion.xunta.gal
A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca 148 prazas de Lectorados MAEC-AECID en Universidades Estranxeiras para o curso 2024/2025
Requisitos:
- Cidadáns españois, con idade non superior aos 37 anos no primeiro día do mes de inicio do lectorado.
- Titulación superiores nalgunha destas disciplinas: Español, Filoloxía, Literatura, Linguas, Humanidades, Tradución, Interpretación ou Lingüística.
As axudas consisten en:
- dotación mensual que variará en función do país e universidade de destino
- axuda de viaxe de incorporación de acordo co país de destino
- seguro de asistencia en viaxe e de accidentes durante o período de vixencia da axuda (ou ata 160 € mensuais para a contratación dos seguros)
- ata 250 € para a adquisición de material didáctico para o ensino do español
- ata 200 € de axuda para formación e bolsas de viaxe en compensación por gastos para asistir a reunións de lectores sobre temas ou actividades relacionadas coas funcións propias do programa.
Prazo de solicitude: do 8 ao 25 de xaneiro de 2024.
As solicitudes terán que ser cumprimentadas debida e enteiramente en español, no formulario correspondente, por vía telemática, conformado en www.aecid.gob.es
Máis información no BOE do 20 de decembro de 2023 e en https://www.aecid.es/ES/becas-y-lectorados
A Fundación SEPI, F.S.P. convoca as bolsas do Programa de Iniciación na Empresa 2023/2. O obxectivo deste programa é posibilitar un período de formación práctica no ámbito empresarial a persoas mozas (universitarias ou de grao superior de formación profesional) sen experiencia profesional.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de setembro de 2023. A duración desta formación remunerada é inicialmente de 6 meses con posibilidade de ampliación.
Requisitos
Concluír, no momento de realizar a entrevista persoal, os estudos necesarios para a obtención dun título universitario oficial ou superior de formación profesional, apto para desempeñar tarefas dacordo coas prazas ofertadas polas empresas e institucións colaboradoras do Programa. A relación de titulacións aptas para poder acceder ás bolsas do Programa quedará exposta na páxina web da FUNDACIÓN.
Concluír os estudos necesarios para a obtención do título de que se trate ou cumprir co requisito establecido no parágrafo segundo do apartado anterior desde o 1 de xaneiro de 2021.
Nacer a partir do 1 de novembro de 1993, para a convocatoria 2023/2.
Non desempeñar traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, xa sexa por conta propia ou allea.
Non ser beneficiario ou beneficiaria dalgún programa de bolsas da FUNDACIÓN SEPI, nin renunciar a algunha bolsa outorgada por esta institución durante o período formativo.
Remuneración
Gozar dun período de formación práctica nalgún dos centros das empresas e institucións colaboradoras no proceso 2023/2 do Programa.
885€/mes, para as persoas beneficiarias que sexan tituladas universitarias.
800€/mes, para as persoas beneficiarias que sexan técnicas superiores de formación profesional.
Máis información
Páxina web
Fundación SEPI
R/ Quintana, Nº 2, 3ª planta, porta 2. 28008- Madrid
Tlf.: 91 548 83 51
correo: becas@fundacionsepi.es
O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) convoca unha bolsa para a formación en comunicación e divulgación da cultura científico-técnica.
A súa finalidade é a de formar a estudantes ou recentemente nos ámbitos de coñecemento do título/títulos académicos: Xornalismo, Comunicación, Publicidade e Relacións públicas.
A duración será de tres meses.
Está destinada a recentemente titulados ou tituladas (curso 2022-2023) de grao ou estudantes ou recentemente titulados de máster universitario (curso 2022-2023).
A dotación das Bolsas é de 700 euros brutos mensuais máis unha cantidade de axuda para gastos de viaxe que se abonará nun pago único cuxa contía dependerá do lugar de residencia do beneficiario. O IAC proporcionará aos bolseiros seleccionados un seguro privado de accidente.
Prazo: 5 de xullo de 2023
Máis información no BOE do 21 de xuño de 2023 e en https://www.iac.es/es/ofertas-de-trabajo
IAESTE, Asociación Internacional de Intercambio de Estudantes para a Experiencia Técnica, ofrece oportunidades profesionais en todo o mundo para adquirir experiencia e aumentar as posibilidades de emprego dos mozos.
Destinatarios/as
Residentes nun país no que IAESTE estea presente.
Áreas de realización de prácticas
Informática e ciencias da información
Química, ciencia dos materiais e enxeñería química
Enxeñería mecánica
Enxeñería civil, xeoloxía e minería
Arquitectura
Matemáticas e estatística
Física
Administración e dirección de empresas e márketing
Condicións
Prácticas remuneradas
Duración entre 8 e 52 semanas
Prazos e requisitos varían en función do posto
Poden esixirse determinadas taxas
Solicitudes
Listado de prácticas dispoñibles: iaeste.org/internships
Rexístrate na Plataforma: Formulario de inscrición
Contacta coa túa oficina nacional para informarlles de que che inscribiches mencionando o número de referencia da práctica que desexas solicitar
Mantente en contato co teu Comité Nacional, que te guiará ao longo do proceso
O prazo para presentar a candidatura (o conxunto completo de documentos requiridos) está aberto ata o día 11 de Marzo de 2023
Podes obter máis información na páxina web de IAESTE: iaeste.org
O Ministerio de Educación convoca 5 bolsas para a ampliación de estudos artísticos e de xestión cultural nos Estados Unidos de América para o curso 2023/2024, nas seguintes especialidades ou áreas de actividade:
- Artes Cinematográficas e Audiovisuais
- Artes Escénicas
- Artes Plásticas e Visuais
- Música e Musicología
- Museoloxía e Conservación do Patrimonio
Requisitos das persoas solicitantes:
Españoles/as que estén en posesión dun título superior expedido por unha universidade española, ademais deberán tener unha carta de acceso ou invitación dun centro estadounidense.
Dotación: a asignación mensual será de 1.484 a 2.925 dólares, segundo universidade ou centro de destino. Ademais abonarase o billete de ida e volta e gastos varios (de 2.300 a 2.600 dólares), máis os gastos de matrícula e taxas (máximo de 34.000 dólares).
O formulario de solicitude electrónica así como o impreso das cartas de referencia están dispoñibles en http://www.fulbright.es
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de marzo de 2023.
Máis información no BOE do 27 de febreiro de 2023 e en
https://fulbright.es/programas-y-becas/becas-para-espanoles/
A Fundación Ramón Areces convoca Bolsas para a realización de estudos de posgrao en universidades e centros de investigación no estranxeiro, durante o curso 2023/2024.
A convocatoria está orientada cara ás temáticas seguintes:
Análise económica
Distribución comercial
Economía aplicada
Economía da empresa
Historia Económica
Dereito da Unión Europea
Requisitos
Nacionalidade española.
Posesión dun título de licenciatura, grao ou máster universitario que dea acceso aos estudos solicitados.
Estudantes que durante o curso académico 2022/2023, se atopen cursando o último ano dalgunha das titulacións mencionadas nunha universidade española ou dun país do Espazo Europeo de Educación Superior.
Acreditar a admisión no programa de estudos proposto ou no centro onde levará a cabo a investigación para a que se solicita a Bolsa.
Coñecemento excelente do idioma no que se desenvolvan os estudos ou investigación.
Non ser beneficiarios de ningunha bolsa ou axuda económica para a realización de estudos, crédito, ou calquera outra asignación de similar natureza durante o goce da Bolsa.
Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o día 28 de febreiro de 2023
Dotación económica: 1.800 euros mensuais netos.
Podes consultar máis información acerca desta convocatoria na seguinte ligazón: www.fundacionareces.es