Cristina Filgueira Fernández
Responsable de Programa Operativo de Garantía Juvenil:
Proyecto Activación, orientación y acompañamiento a la inserción para jóvenes de garantía juvenil
Proyecto Segundas oportunidades para la formación y el aprendizaje
| +34 981 58 69 69 Ext. 38694
| Santiago de Compostela. Av/ de Lugo, 42. 15707.
A Fundación Esplai na súa aposta pola mellora e adquisición de competencias dixitais das persoas pon en marcha 5 cursos totalmente gratuítos e dirixidos a todas as persoas que queiran mellorar as súas competencias dixitais, aprender a crear actividades de ciencia e tecnoloxía con perspectiva de xénero, formarse en prevención de condutas de risco no uso das TIC.
O período de inscrición estará aberto do 27 de abril ao 15 de maio de 2022. Os cursos comezarán o 23 de maio de 2022.
É unha oportunidade para formarse, reciclarse e mellorar as competencias dixitais. A través destas capacitacións obtense acceso a contidos de calidade, aténdense as necesidades de formación inicial e continua dos profesionais do terceiro sector e persoas interesadas en seguir mellorando as súas competencias profesionais e ponse ao seu alcance as competencias, metodoloxías, proxectos, estratexias e recursos que lle han de axudar a desenvolver mellores e máis eficaces mecanismos de motivación e apropiación das tecnoloxías da información e a comunicación.
Se tes algunha dúbida ou consulta podes escribir a anardiz@fundacionesplai.org
Cursos ofertados:
Información completa e inscricións: Fundación Esplai
O Programa de REALIDADE AUMENTADA está organizado pola Fundación INCYDE e a Cámara de Comercio de Santiago.
Trátase dun programa EN LIÑA e totalmente GRATUÍTO, cunha duración de 7 semanas: 6 semanas de clases a través de ZOOM, (luns, martes e xoves de 17:00 a 20:00 hs) Só 10 horas á semana, 9 de clase conxunta e 1 hora de titoría individual á semana.
Este programa está dirixido a mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Juvenil.
Data de comenzo: 9 de maio en streaming.
As inscricións pódense realizar na seguinte ligazón ou no teléfono 663064806.
"A túa Carreira Dixital" é un proxecto de Adecco, xunto a Red.es, para transformar as traxectorias profesionais de persoas mozas e enfocalas ao ámbito dixital.
Consiste en cursos gratuítos en competencias dixitais para mozas e mozos de toda España que abarcan as disciplinas máis demandadas do mercado como: Marketing Dixital; Programación Web Full Stack e Programación de Videoxogos, Deseño 3D e Realidade Virtual.
Non é necesario ter coñecementos previos, pero si é necesario que estar rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Ademais de capacitarlles profesionalmente, o obxectivo é que os mozos e mozas atopen un emprego tras a finalización destes cursos, participando en sesións de empregabilidade. Outro dos focos é captar a mulleres para a realización destes cursos, eliminando a brecha que existe nas profesións STEM sobre este colectivo.
Cursos en Galicia: https://www.tucarreradigital.es/zona-norte
Coñece da man da Amtega a experiencia de mulleres de éxito neste eido.
Dende a Amtega, pretenden fomentar o aumento do talento feminino no mundo da ciberseguridade, explorando as diferentes opcións formativas nesta materia e axudar a reducir, con iso, a fenda dixital de xénero.
cANDO?
ONDE?
PARA QUEN?
A xornada está dirixida a todas as rapazas e rapaces maiores de 14 anos, con inquietudes acerca do seu desenvolvemento formativo e profesional.
Sen prexuízo do anterior, o evento estará aberto a que sexa seguido na súa modalidade en liña por calquera persoa interesada na ciberseguridade.
Máis Información:https://gaiastech.xunta.gal/es
Programa para mozos emprendedores de entre 18 e 30 anos
ü Formación grupal presencial.
Ø Formación en: actitud emprendedora e oportunidades de negocio, proxecto e viabilidade do negocio, posta en marcha e financiación, plan de marketing, habilidades sociais e elevador pitch.
Ø Duración da actividad: 50 horas.
ü Formación individual presencial.
ØFormación en: mellora da empregabilidade, emprendemento e inserción laboral.
Ø Descripción: paralelamente a impartición grupal, cada participante recibirá unha formación individual.
Ø Duración da actividade: 6 horas.
Máis Información:
Acción Laboral Vigo ( Sonia)
Rúa Serafín Avendaño, 18 b Oficina 11.
36202 Vigo
Tel: 986 090 146 / 653 750 950
stajuelo.vg@accionlaboral.com
Desde a Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores, UATAE e en colaboración co Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, poñen en marcha a 1ª edición do programa EMPRENDE 2030: Estratexia e liderado emprendedor entre os mozos e mozas (entre os 14 e 35 anos) para o desenvolvemento sostible
Obxectivos
Concienciar á mocidade sobre o emprego por conta propia como posible opción profesional supón unha proposta innovadora dado que expón actividades de formación e promoción en liña en cultura emprendedora achegando un coñecemento temperán do mundo empresarial e o papel do empresario no desenvolvemento sostible.
Público ao que vai dirixido
Mocidade desempregaa ou empregada por conta allea.
Residentes nas CCAA de Andalucía, Cataluña, Castela A Mancha, Castela e León, Estremadura, Galicia, A Rioxa, Madrid, Murcia e a Comunidade Valenciana.
En que consiste Emprende 2030?
Charlas de motivación de empresarios.
Test de sentido emprendedor.
Charlas técnicas con mozos e mozas emprendedores.
Talleres de emprendemento.
Taller Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en relación co emprendemento.
Taller sobre a importancia de poñer límites. Aprende a dicir NON.
Casos de éxito.
Concurso proxecto empresarial.
Máis información e inscrición en https://uatae.org/emprende-2030-estrategia-liderazgo-jovenes/
Mellora como profesional, aprende a integrar novos coñecementos e técnicas para completar a túa formación! Se vives en Galicia xa podes apuntarte aos cursos gratuítos cuxo principal obxectivo é satisfacer as aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras, capacitándoas para o desempeño do seu labor profesional e para o acceso ou mellora no emprego.
Esta formación está 100% subvencionada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social
Programa da Fundación ONCE para mozos e mozas con discapacidade.
Que é Alianzas co Talento? É un proxecto financiado polo Fondos Social Europeo dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
Para que xorde o proxecto? Impulsar aos mozos con discapacidade cara á procura activa de emprego e inserirlles no mercado laboral.
A quen está dirixido? A mozos con discapacidade de 16 a 29 anos, que se atopan nunha situación de procura activa de emprego.
Cal é o principal obxectivo? Activar a mozos con discapacidade cara ao emprego, proporcionando as ferramentas e habilidades laborais necesarias para a súa inserción no mercado laboral. Para iso, realizan talleres e cursos de formación ocupacional gratuítos, que inclúen unha bolsa de desprazamento para todo o alumnado.
Máis información en
Fundación ONCE
Edificio Área Central
Plaza de Europa , nº 15A, 2ª Planta
15707 Santiago de Compostela ( A Coruña )
Teléfonos: 981 554 483 e 687 936 941
https://www.portalento.es/
Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa: Ideas cooperativas en acción.
Datas: do 29 de marzo ao 1 de abril de 2022
Horario: de 09:00 a 14:00 horas
Modalidade: presencial
Lugar: Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Rúa do Conde de Torrecedeira, 105, Vigo, Pontevedra
Duración: 20 horas
Destinatarios: Persoas emprendedoras interesadas no autoemprego cooperativo; persoas cunha idea de negocio que queren avaliar a opción cooperativa e axentes intermedios que asesoran proxectos cooperativos.
Programa formativo:
Tema 1 - Identifica o teu proxecto cooperativo (CANVAS)
Tema 2 - Analiza as áreas comercial e de mercado.
Tema 3 - Estudia a viabilidade económica e financeira
Tema 4 - Planifica a área organizativa e os trámites de constitución (CONSOLIDA_ES)
A inscrición e gratuíta. Máis información: www.espazo.coop / patane@espazo.coop / 881 887 456