A Omix do Concello de Baiona, organiza un curso de Deseño e Impresión en 3D destinado a mozas e mozos de 16 a 30 anos.
Esta acción formativa enmárcase dentro do proxecto de iniciativas locais destinadas á xuventude, subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e consta, ademáis da formación en 3D, dun módulo de emprendemento Xuvenil, un módulo de búsqueda de emprego a través do teléfono móbil e de prácticas non laborais en empresas do sector.
Unha impresora 3D é unha máquina capaz de realizar réplicas de deseños en 3 dimensións, creando pezas ou maquetas volumétricas a partir dun deseño feito por ordenador. O seu uso xa está estendido en sectores como a arquitectura, a industria, ou a automoción, e na actualidade, se está implementando en sectores como a alimentación ou en prótesis médicas, polo que ésta formación é moi demandada polo tecido empresarial.
O curso terá lugar do 6 de setembro ao 11 de outubro, no centro multiusos Ángel Bedriñana de Baiona, en horario de 9 a 14 horas.
Máis información na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Baiona, ou no teléfono 986385925 ou en xuventude@baiona.org
Cruz Vermella de Santiago ven de convocar un curso de "Atención ao cliente no punto de venda", con 155 horas teórico-prácticas.
O curso empeza o 16/09/2019, en horario de mañá (varía en función do día, pero habitualmente de 8.30 a 14.30 horas).
Das 155horas, 68 serán prácticas en empresas.
Está dirixida a mozos desempregados/ as menores de 30 anos e rexistrados/ as, ou que se poidan inscribir, no Programa Nacional de Garantía Xuvenil.
Máis información: Cruz Vermella Santiago
Avenida de Lugo, 42
Tfno: 981 586 969 Ext.: 38719
EspazoCoop, Unión de Cooperativas Galegas, programou un obradoiros formativo en modalidade presencial en Vigo, que abordará contidos relacionados coas empresas cooperativas e o emprendemento dende un modelo cooperativo.
Esta actividade está dentro da Programación da Rede Eusumo (rede de fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia) e ten carácter gratuíto.
A súa duración é de 20 horas cada obradoiro, distribuídas en 4 sesións (catro días).
FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER |
VIGO | 30 e 31 de agosto, 6 e 7 de setembro 2019
Lugar: Rúa Teófilo Llorente 16 (O Berbés), Vigo (sede da Asociación Galicia Fiddle)
4 sesións | Venres de 18.00 a 22.00 horas e Sábados de 9.00 a 14.00 horas | Información: 986 866 149 – teresa@espazo.coop
>>> Programa aquí | Inscrición aquí
Dirixido: Tanto a persoas do ámbito artístico como tamén a calquera persoa interesada na modelo de emprendemento cooperativo.
Máis Información: https://espazo.coop/es/categoria/recursos-coop/formacion-coop/
O Proxecto Hélice é unha iniciativa a cargo do Organismo Internacional de Mocidade para Iberoamérica e a Asociación Cultural Meninas Cartoneras no marco do Pacto Mocidade 2030.
Consiste nun curso de Emprendemento Cultural en formato MOOC a cuxos contidos se poden acceder de forma aberta, gratuíta e online na plataforma MiríadaX:
https://miriadax.net/web/proyecto-helice-emprendimiento-cultural-2-edicion-/inicio
O programa completo consta de dez módulos impartidos por profesionais con experiencia na posta en marcha de emprendementos e por emprendedores que tiveron éxito no ámbito cultural, e desenvolverase ao longo de seis semanas, entre o 6 de maio e o 16 de xuño.
O obxectivo do contido do curso é o de proporcionar ferramentas técnicas e ideas crave para poñer en marcha un emprendemento cultural. O curso ten unha orientación eminentemente práctica para que as e os inscritos poidan aplicar todos os coñecementos ao seu proxecto persoal, e ao terminar o curso a ou o alumno poida concretar a súa idea empresarial.
Os sete primeiros módulos, comúns a todas as persoas que se inscriban, traballan as áreas e pasos necesarios que compoñen unha empresa no ámbito da cultura: Contabilidade básica, como crear un Plan de Negocio, Comunicación e difusión a través de medios convencionais e redes sociais, como solicitar e obter Axudas e subvencións, Asociatividad e networking, un módulo relacionado coa organización de Cooperativas e outro no que se inclúen entrevistas e información de casos de emprendementos exitosos no ámbito cultural.
O último módulo deseña un itinerario en función dos intereses de cada alumna ou alumno: un módulo centrado nos proxectos de artes escénicas, outro de audiovisuais e outro do sector editorial, a elixir un. Todos eles impártense por artistas ou profesionais en activo, o que proporciona unha visión dun caso práctico real.
https://proyectohelice.org/que-es/
https://miriadax.net/web/proyecto-helice-emprendimiento-cultural-2-edicion-/inicio
No portal da Ciencia Galega, GCIENCIA, recompilan 600 cursos online gratis que lanzan 190 universidades do mundo.
Universidades de todo o mundo ofrecen seus cursos en liña de xeito gratuíto (ou polo menos parcialmente de balde). Estes cursos denomínanse MOOCS ou Cursos en liña masivos e abertos.
Neste enlace podes ver a recompilación de 600 cursos interesantes: https://www.gciencia.com/universidade/600-cursos-online/
Dentro do programa Talento novo, Injuve quere promover a formación e a empregabilidade xuvenil. Para iso, xunto a BeJob, abren unha Aula Gratuíta para a mocidade, na que se ofrecerán cursos en diversas áreas do sector das tecnoloxías da información, dirixidos a formar perfís profesionais con elevada demanda de emprego.
Como podes inscibirte?:
Accede ao Aula Gratuíta de Formación en TIC Injuve- BeJob
Descarga temarios
Tes dispoñible unha lista de cursos sobre 5 especialidades diferentes enfocadas no sector TIC. Descarga os temarios e coñece os contidos formativos de cada curso, é interesante que selecciones os cursos dentro das mesma especialidade.
Enche o formulario
Enche o formulario cos teus datos para darche de alta na plataforma de cursos BeJob e selecciona un máximo de 5 cursos.
Coloca o teu password
Coloca un password que sexa fácil de lembrar, será o mesmo que utilizarás para entrar na plataforma de cursos gratuítos de BeJob.
Temáticas nas que poderás especializarte ao realizar os 5 cursos formativos:
Infografía 3D
Curso Iniciación á infografía
Curso Iluminación texturizado e cámaras
Curso Render e postproducción
Curso Render de animación V-Ray
Desenvolvo web avanzado con WordPress
Curso Principios básicos da programación web
Curso Programación básica con PHP
Curso Principios avanzados da programación web con PHP
Curso Funcionamento interno de WordPress
Curso Funcionamento avanzado de WordPress
Xestión de proxectos con JIRA
Curso Fundamentos de uso de JIRA
Curso Uso de JIRA para xestionar equipos
Curso Uso de JIRA para administradores
Python para programadores
Curso Python básico para programadores
Curso Python intermedio para programadores
Curso Python avanzado para programadores (I)
Curso Python avanzado para programadores (II)
Márketing e estratexia dixital
Curso Profesional en SEO
Curso Profesional en SEM
Curso Profesional en analítica dixital
Curso Planificación en Social Ads
Curso Desenvolvemento dixital e experiencia de usuario
A Escola Galega de Tempo Libre convoca dous cursos monográficos sobre Maquillaje.
Monográfico de Maquillaje de Efecto en A Coruña:
LUGAR Y FECHA DE CELEBRACIÓN:
20 de Octubre de 2018
Alberto Datas Panero,3, bajo
15007 – A CORUÑA
HORARIO:
De 10,00 a 14,00 horas y de 16,00 a 20,00 horas
Monográfico de Maquillaje de Efecto en Noia:
LUGAR Y FECHA DE CELEBRACIÓN:
27 de Octubre de 2018
Asociación “Noia Histórica”
Rúa do Curro – Noia
HORARIO
De 10,00 a 14,00 horas y de 16,00 a 20,00 horas
Homologación e/ ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG de hoxe a ORDE do 9 de xullo de 2018 reguladora do procedemento de homologación e/ ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
Máis información: DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180724/AnuncioG0164-110718-0001_gl.pdf
Curso de formación en Planificación, iniciativa emprendedora e novas ferramentas innovadoras para pequenos negocios e microempresas.
Apertura do prazo de presinscrición no curso de formación en Planificación, iniciativa emprendedora e novas ferramentas innovadoras para pequenos negocios e microempresas, dentro do Proxecto depoEmprende organizado pola Diputación de Pontevedra.
Dirixido a persoas da comarca do Baixo Miño.
Data inicio: segunda quincena do mes de setembro.
Duración: 144 horas de formación (mes e medio)
Requisitos para participar: Estar en situació de desemprego e posuír o título de bacharelato, ciclo formativo de grao superior ou equivalentes.
Preinscrición e información:
Oficina de Información Xuvenil ou AEDL do Concello de A Guarda.
Teléfono: 986614546
e-mail: emprego@aguarda.es