Outros cursos (163)

A Escola de Organización Industrial e Generation, en colaboración con Microsoft e a IAMCP, forman á xuventude e achegan as competencias necesarias para a incorporación ao mundo laboral.

Participa neste programa, completamente gratuíto, en formato presencial virtual, con formación síncrona co profesor en directo.

Este programa forma parte da iniciativa de Microsoft Crea Futuro Alumno 4.0, que está dirixido a axudar a mozos sen emprego a adquirir os coñecementos, certificacións e experiencia necesarios en todas as áreas de solucións de Microsoft que lles permitirán incorporarse ao mercado laboral.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 09 de outubro de 2022.

Data de inicio o 10 Outubro 2022. Clases de luns a venres. Xeralmente horario de mañá 9.00 – 14.00 horas e titorías individuais e grupais algunhas tardes.

Requisitos

  • Ter entre 18 e 29 anos.
  • Estar desempregado e ser beneficiario do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Estudos mínimos recomendados de formación profesional e universidade.
  • Dispoñibilidade completa con alta esixencia de estudo.
  • Dispoñer de equipo informático con micrófono-altofalante incorporado e boa conexión a internet, recomendable cámara para as sesións en liña.

 

Páxina web | seleccion@generation.org

 

A asociación Kaebnai, baixo a supervisión da Axencia Nacional Española e a Dirección de Mocidade do Goberno Vasco, organiza en Hondarribia (Guipuzcoa) un encontro nacional de persoas novas, técnicas e responsables de políticas de mocidade que impulsan accións de participación xuvenil en Europa financiado a través do programa Erasmus+

O obxectivo deste proxecto, é organizar un encontro de 7 días de duración para 40 mozos e mozas de diferentes comunidades autónomas así como persoas expertas, formadoras e/ou responsables no ámbito das políticas de mocidade.

O evento está baseado nun conxunto de actividades de educación non-formal con obradoiros teórico-prácticos. Implicando tanto a mozos como a persoas expertas e responsables de políticas de mocidade que impulsen accións de participación xuvenil en Europa.

DATAS

Desde o 08/11/2022 ata o 14/11/2022

INSCRICIÓNS

Poden realizarse ata o 11/09/2022 a través do seguinte formulario.

DESTINATARIOS/AS

Mozos e mozas de diferentes Comunidades Autónomas, persoas voluntarias, expertas, formadoras e/ou responsables no ámbito das políticas de mocidade, con idades comprendidas entre 18 e 30 anos nas datas de realización do evento.

CUSTO DO PROXECTO

Todos os custos do proxecto durante o desenvolvemento da actividade (aloxamento, manutención e transporte) están cubertos polo programa "Erasmus+: Mocidade", así como o transporte de ida e volta desde a orixe de cada participante á localización do proxecto.

 

Programa

Páxina web

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta as actividades formativas previstas para o mes de Setembro de 2022, na que ofrece accións formativas GRATUÍTAS -no marco da Rede Eusumo da Xunta de Galicia- .

A programación dá inicio o día 13 de Setembro, está conformada por actividades en modalidade Tele-formación (a través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop) e modalidade Presencial.

É preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de participantes.

CURSOS EN SETEMBRO:

13 Setembro – 16 Setembro 2022 | Lánzate a emprender en cooperativa | 20 h. | En Boiro

Programa  -  Cartel  Formulario de inscrición

14 Setembro – 30 Setembro 2022 | Lánzate a emprender en cooperativa | 20 h. | Tele-formación

Programa  Cartel  Formulario de inscrición

14 Setembro – 30 Setembro 2022 | Ideas cooperativas en acción | 20 h. | Tele-formación

Programa  Cartel  Formulario de inscrición

Máis información

patane@espazo.coop | 881 887 456

Páxina web

 

Desde a Fundación Acción contra el Hambre foméntase o apoio ao emprendemento xuvenil a través deste curso de Marketing Dixital: Vender na internet e redes sociais, claves para emprender e atopar clientes.

Este programa está dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos; baséase na realización de 6 xornadas gratuítas e 100% online as cales contan con itinerarios formativos, mentorías e mellora de competencias os nosos programas dirixidos a mozos desempregados.

O horario do curso é de 9:45 a 13:15 horas impartidas do 28 de setembro ao 14 de outubro de 2022, aos mércores e venres.

A solicitude de inscrición pódese realizar desde o seguinte formulario.

Máis información

Télf.: 91 391 53 00

ach@achesp.org

www.accioncontraelhambre.org

 

 

 

 

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Galega de Comercio (FGC) poñen en marcha un convenio de colaboración para a realización de accións formativas para persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia.

Esta formación está enmarcada dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, está 100% financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional – U.E. – Next Generation e a Xunta de Galicia.

A solicitude de praza pódese realizar desde a seguinte web: https://cluster.comerciogalicia.org/cursos

O obxectivo principal desta formación gratuíta, é impulsar as aspiracións de promoción profesional do conxunto de galegos e galegas, mellorando as súas competencias e habilidades para dar resposta ás necesidades actuais do mercado laboral.

 

Máis información

Acción formativa

WhatsApp: 619 926 324

Teléfono: 900 100 957

Páxina web

 

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, o Concello de Santiago e a Fundación INCYDE levan a cabo un programa de desenvolvemento de aplicacións para android/IOS con UNITY e, que comeza o 19 de setembro. 

Trátase dun programa EN LIÑA POR ZOOM e totalmente GRATUÍTO.
Só 10 horas á semana. (Luns, mércores e xoves de 17:00 a 20:00 hs e unha hora de titoría individual á semana segundo a dispoñibilidade dos/as alumnos/as).

REQUISITOS

Ser menor de 30 anos, non estar a traballar e ser BENEFICIARIO/A de garantía xuvenil.

INSCRICIÓNS

 

Máis información

Calendario do programa

Contidos do programa

Páxina web

A Cruz Vermella organiza en Ourense un curso intensivo de Primeiros Auxilios, destinado a persoas maiores de 16 anos interesadas na capacitación para intervir en situacións que requiran dos primeiros auxilios.

MATRICULACIÓN

Límite de matriculación: 19 de agosto de 2022

DURACIÓN
Presencial - 40 horas teóricas.

Luns 22 ao Venres 26 de Agosto. Horario de 9:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00

PREZO
120.0 € externo.

LUGAR DE IMPARTICIÓN

Oficina Provincial Ourense - RUA DIAZ DA BANDA 40 CP: 32004

 

CONTACTO

Máis información: https://www2.cruzroja.es/detalle-cursos/-/curso/675356

Responsable do curso: Patricia Martinez Rodriguez

Email: pamaro@cruzroja.es 

Teléfono: 988 222 484

 

Universidade de Jaén orgañiza as iniciativas DAREMOS e PROCARE, encontro internacional en pro da saúde e o benestar emocional dos mozos vulnerables durante a etápa da pandemia e pospandemía.

 
Datas: Do 23 - 25 de agosto 2022
Requisitos: Mozos de 12 -18 anos
 
Lugar:  Baeza (en la sede Antonio Machado de la Universidad Internacional de Andalucía) 
Organiza:RED PROEM  Red para la PROmoción de la Salud Mental EMocional en Adolescentes y Jovenes (RED PROEM)
 
 
 

A Universidade de Santiago de Compostela, atendendo a función de difusión do coñecemento e da cultura a través da extensión universita vén desenvolvendo,  cursos intensivos de idiomas no verán.Os cursos intensivos de verán do Centro de Linguas Modernas da USC contan. Convócase a edición 2022 (XLVI) dos Cursos de Verán do Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información:

 

https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/clm/cursos/veran/descargas/Conv.CLM_L_S_veran_2022.v3.def.pdf_asinado.pdf

CU

Xun 16, 2022

A Universidades de Santiago convoca cursos en Santiago,Lugo, Baiona,Nigrán,Gondomar,Folgoso do Caurel,Guitiriz,Lalín,Meis, Cambados,Mondoñedo,Monforte de Lemos, Oia,Palas de Rei, Teo,Vilagarcia de Arousa para este verán 2022

A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2022 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu alumnado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso:

2 créditos por cada curso de 25 ou máis horas (máximo 6 créditos en total)

1 crédito por cada curso de menos de 25 horas (máximo 6 créditos en total)

IMPORTE DA MATRÍCULA

Taxa xeral:

120 € para os cursos de 25 ou máis horas

70 € para os cursos de menos de 25 horas

Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC:

70 € para os cursos de 25 ou máis horas

40 € para os cursos de menos de 25 horas

PRAZO DE MATRÍCULA

Ábrese o prazo o 9 de maio de 2022

Acaba o prazo, secuencialmente

  • 17 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 27 de xuño
  • 24 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 4 de xullo
  • 1 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 11 de xullo
  • 8 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 18 de xullo
  • 15 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 25 de xullo
  • 24 de agosto para os cursos que se celebran a partir do 29 de agosto

Programa dos cursos  e máis información:

https://www.usc.es/gl/servizos/cultura//veran