Outros cursos (171)

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), convoca en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xornadas de formación práctica dixital (E-martes)

Contidos:
- Sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Chave365.
- Sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro:
- Notificación por comparecencia espontánea.
- Expedición de copias electrónicas auténticas.– Sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro:
- Notificación por comparecencia espontánea.
- Expedición de copias electrónicas auténticas.

Desenvolvemento:
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: o 13 de decembro de 2022.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.
Número de prazas: 50.

A inscrición nesta actividade formativa realizarase por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado ata as 23.55 horas do día 11 de decembro de 2022.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 546 239 e 981 546 241.

Máis información no DOG do 5 de decembro de 2022 e en https://egap.xunta.gal

O Concello de Cangas a través das Concellerías de Servizos sociais, Igualdade e a de Xuventude e Voluntariado, ten previsto realizar nos meses de decembro e xaneiro, en colaboración coa Fundación Esplai, un proxecto para promover que as nenas e adolescentes tamén elixan vocacións relacionadas coa Ciencia e a Tecnoloxía.

Este programa de capacitación inclúe formación intensiva no ámbito da programación, a resolución de problemas a través da Intelixencia Artificial e a Nube e capacitación sobre ODS e os retos da Axenda 2030. Non son necesarios coñecementos previos en programación.

A formación ten un total de 35 horas divididas en 5 módulos:

- Introdución á programación básica con Python - Intelixencia artificial e aprendizaxe autónomo - ODS, Axenda 2030 e aplicacións éticas da IA - Creación dun espazo web interactivo - Competencias transversais, desenvolvemento do proxecto grupal e implementación.

O prazo de inscrición está aberto do día 05 ata o 16 de decembro de 2022. As prazas son limitadas, polo que as prazas destinaranse en función da orde de inscrición na Casa da Xuventude 986392171 xuventude@cangas.gal. Débese entregar o consentimento expreso das familias xa que está dirixido a mozas de 12 a 17 anos.

 

Páxina web | Consentimento para participar no curso

YesEuropa organiza a VIII Edición do curso en liña "Xestión e redacción de proxectos europeos".

CANDO: dende o 09/01/2023 ata o 05/03/2023

DURACIÓN: 50 horas en liña

PREZO:
-390€: bonificable ao 100% para empregados/as activos/as (excepto empregados/as públicos/as) e persoas en ERTE.
-350€ se es autónomo/a, desempregado/a, becario/a e matricúlaste antes do 15 decembro.

PÁXINA WEB: cursos.yeseuropa.org / https://cursos.yeseuropa.org/cursos/curso-gestion-redaccion-de-proyectos-europeos/

CONTACTO:673 402 139 / erasmus@yeseuropa.org

Programa:
-A programación de subvencións a proxectos europeos 2021-2027.
-Dinamizar a túa realidade local con programas europeos.
-Presentar os principais programas europeos de xestión directa e indirecta.
-Descubrir as técnicas e metodoloxías de proxectos europeos.
-Aprender a xestionar e executar correctamente proxectos europeos.
-Crear e xestionar de maneira eficiente os orzamentos dos teus proxectos europeos.

O Centro Galego de Arte Contemporánea organiza en Santiago de Compostela o curso "A construción da modernidade. A arte despois da Segunda Guerra Mundial ata os anos oitenta. Curso de arte, cultura e historia"

Do 17 xaneiro ao 6 xuño 2023
Martes de 19:00 a 21:00 h
Coordinación: Virginia Villar
Prazas: 150
Matrícula: 30€

O prazo de inscrición estará aberto ata o 13 de xaneiro.
As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com. Nela deberán indicar o seu nome completo, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Unha vez aceptada a solicitude, as persoas inscritas serán informadas sobre como realizar o pagamento.

Certificación: O CGAC expediralles un certificado a todas aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 70 % das sesións.

Máis información sobre o curso

YoEmprendo en economía social 2.0 Galicia é un proxecto de emprendemento en economía social dirixido a favorecer e promover a creación de emprego sostible e de calidade no cal se desenvolverán accións gratuítas entre aquelas persoas desempregadas que queiran emprender un proxecto para a creación dunha empresa e/o entidade de economía social, fomentando á súa vez o uso e aproveitamento dos recursos dixitais.

Accións ofertadas

Tutorización e mentoring: Realizaranse entrevistas individuais de diagnóstico inicial para coñecer como é a situación de inicio, desenvolver a idea de negocio e elaborar o plan de empresa.
Asesoramento grupal sobre emprendemento e creación de empresas de economía social.
Networking : Encontros virtuais con outros participantes e/o empresarios interesados no mesmo sector de traballo para a posta en común de ideas e creación de sinerxias
Formación: Actividades formativas para a adquisición de coñecementos e habilidades necesarias para emprender en economía social.
Asesoramento Covid-19: Gabinete de atención telemática para dúbidas relacionadas á situación COVID-19.
Asesoramento tras a creación da empresa: Ás persoas participantes que cren a súa empresa ofreceráselles asesoramento gratuíto durante os 6 primeiros meses.
Posicionamento virtual: Publicidade na web das novas empresas, unha vez creadas.
Posibilidade de bolsa para gastos de constitución: Notario e rexistro.

Datas 

A execución do proxecto abarca desde maio do 2021 a agosto de 2023.

A quen vai dirixido o proxecto?

A todas aquelas persoas, que estando rexistradas como demandantes de emprego, estean interesadas en poñer en marcha un proxecto de emprendemento en economía social (cooperativas, asociacións, sociedades laborais, empresas de inserción, centros especiais de emprego)

Inscrición

A través do formulario de inscrición (pica aquí)

 

Máis información

Tlf.:988 39 15 15

yoemprendo@empleoenred.org

 

Estás desempregado/a? Estás a buscar unha formación curta que che axude na procura de emprego en liña?

A asociación Rede Araña organiza módulos formativos de catro horas cada un cos seguintes contidos:

Marca persoal 2.0
Redes sociais para a procura de emprego
Selección de persoal 2.0: os novos procesos de selección de persoal.

Estas formacións versan sobre os novos procesos de selección de persoal e como se foron adaptando as redes sociais e as ferramentas dixitais na procura de emprego.

Realízanse en horario de mañá ou tarde, dependendo da túa dispoñibilidade. Todos os módulos son gratuítos e independentes entre si, podes asistir a un ou varios. Os talleres teñen como obxectivo fomentar e mellorar a empregabilidade das persoas que participen na actividade.

Está dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos que se atopen desempregados. O prazo de insrición xa está aberto, podes enviar a túa solicitude mediante o seguinte formulario.

 

Máis Información

Páxina web

info@empleoenred.org

Tlf.: 91 5255099

Whats App: 623 207 656

A Casa da Cultura de Boiro acolle este xoves 24 de novembro ás 10.30 horas a xornada de presentación de Muller Dixital, programa formativo con cursos gratuítos en competencias dixitais para mulleres.

O programa achegará capacitación en competencias dixitais básicas ao longo de 40 horas de actividade formativa. Permitirá aproveitar as posibilidades que ten o acceso á información, o procesamento e uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas base.

Tamén vai incluír formación en competencias dixitais avanzadas que posibiliten o aproveitamento da riqueza das novas posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais; e tamén formación en iniciación en competencias dixitais para o emprendemento, co que se busca a adquisición das habilidades tecnolóxicas dixitais necesarias que promovan, faciliten e melloren a empregabilidade e o desenvolvemento de negocios existentes ou novos, promovidos por mulleres conciliando a súa vida familiar e profesional.

Máis información sobre o programa e inscricións na web de mullerdixital.gal, no teléfono 621 180 896 e en promotor@mullerdixital.gal.

A Aula de Audiovisuais da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) acolle, o vindeiro venres 25 de novembro, ás 11:00 horas, o obradoiro “Huawei Mobile Service: Desenvolvemento de Aplicacións” impartido polo enxeñeiro do Soporte Técnico ao Desenvolvedor en Huawei CBG España, Fran Almeida. A directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, e a coordinadora do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, Luz Castro, presentan unha actividade formativa dirixida a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado.

Ao longo da xornada, o alumnado e persoal investigador participante afondará na plataforma Huawei Mobile Services (HMS) onde se pode atopar a AppGallery así como outras aplicacións e servizos propios desta compañía chinesa. A maiores, neste espazo, inclúense tamén aqueles compoñentes dirixidos especificamente aos desenvolvedores e desenvolvedoras chamados HMS Core e que conteñen APIs, SKDs e outros servizos que poden ser empregados para crear e mellorar aplicacións que funcionen nos smartphones de Huawei.

Todas aquelas persoas interesadas en participar neste obradoiro terán que inscribirse chamando ao 881 01 3621 ou enviando un correo electrónico cos seus datos persoais a comunicacion.campus.industrial@udc.gal antes das 14:00 horas do xoves 24 de novembro.

En ADAMS iniciaremos en breve a Titulación oficial IFCT0609: PROGRAMACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS. É un curso 100% subvencionado pola Consellería de Promoción do emprego e igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, con prácticas non laborais en empresas e dirixido a persoas desempregadas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lugares de impartición:
A Coruña: San Andrés, 115
Santiago de Compostela: Escultor Camilo Otero, 17
Ourense: Peña Trevinca, 24

Requisitos: é un certificado de nivel 3 polo que se requiren estudos mínimos de Bacharelato ou equivalente.
Os alumnos poden solicitar praza na seguinte ligazón: Cursos Gratuitos Desempleados en Galicia (adams.es)
As persoas interesadas poden contactar nos teléfonos 981169264 / 881979636 e nos correos electrónicos martagonzalez@adams.es / elenaiglesias@adams.es

 

A Consellería de Promoción do emprego e igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional poñen ao dispor das persoas desempregadas da Comunidade Autónoma de Galicia, títulos oficiais de Formación Profesional de Grao C, 100% subvencionados, con prácticas non laborais en empresas.

Co obxectivo da inserción e reinserción laboral dos desempregados naqueles empregos que require o sistema produtivo, os certificados de profesionalidade que se van a impartir durante os próximos meses son os seguintes:

Formación Presencial: Travesía de Vigo 15 1º, 36206 (Vigo):

Financiación de empresas.
Programación en linguaxes estructuradas de aplicacións de xestión.
Deseño de produtos gráficos.

Formación online: Estes cursos impartiranse en modalidade online con exames e titorías presenciais en Travesía de Vigo 15 1º, 36206 (Vigo):

Financiación de empresas.
Deseño de produtos gráficos.
Todos os certificados son de nivel 3 polo que se requiren estudos mínimos de Bacharelato ou equivalente. Hay un compromiso de inserción laboral para un % de los alumnos que finalicen la formación con éxito.

Os alumnos poden solicitar praza na seguinte ligazón: https://www.cursosfemxa.es/AFDSGalicia

As persoas interesadas poden contactar no teléfono gratuíto 900 100 957 e no correo electrónico atencionalumno@femxa.com