O Museo do Louvre organiza cursos de verán de xuño a agosto, sobre temáticas ao redor de arqueoloxía, historia da arte, historia das sociedades ou antropoloxía.
Os cursos poden ser:
- No anfiteatro (presencial) do 19 de xuño ao 28 de xullo. Cada serie de cursos ten lugar de luns a venres con 5 clases maxistrais de 1h 30' na Escola do Louvre.
- En liña, do 10 de xullo ao 20 de agosto.
Cero, centro de estudos organiza en Xinzo de Limia o curso "Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil”
Comeza o vindeiro 8 de xuño. É necesario acreditar bacharelato. Totalmente gratuíto.
Con axudas económicas para o transporte, discapacidades, conciliación, familia numerosa, violencia de xénero ou persoas dependentes a cargo.
www.academiacero.es
academiacero@gmail.com
info@academiacero.es
Teléfonos: 619 480 030 e 988 461 237
Aquí tedes o programa dos cursos de verán que realizaranse na Udc nos Campus de Coruña e Ferrol
https://www.udc.es/es/occ/actividades/cursos-de-veran-00001/
Xuño
9, 12 e 13 de xuño - Modelado 3D con Siemens NX. Módulo 1. Obradoiro Nivel Básico.
14, 15 e 16 de xuño - Modelado 3D con Siemens NX. Módulo 2. Obradoiro Nivel Intermedio.
Xullo
3, 4 e 5 de xullo - Boas prácticas para a promoción da formación e autonomía das personas con discapacidade intelectual.
3, 4 e 5 de xullo - Atando redes: Muller, memoria e arquivos na era dixital.
Del 3 ao 7 de xullo -A acción da Unión Europea na transición ecolóxica e dixital dos mares e oceános.
6 e 7 de xullo - IV Curso de Verán sobre tartarugas e mamíferos marinos en Galicia.
Do 10 ao 13 de xulloo - Queres ser un estudante máis eficaz? Xestión do tempo e do estrés na actividade académica.
12 e 13 de xullo - XVI Curso de verán sobre dinamización lingüística, traballando en lingua no ocio.
17, 18 e 19 de xullo - Iniciación ao Modelado BIM de instalacions en edificacións con Revit + CYPE. Módulo 1 - Modelado con Revit Arquitectura.
20, 21 e 24 de xulloo - Iniciación ao Modelado BIM de instalacions en edificación con Revit - CYPE. Módulo 2 - Modelado de Instalacions con CYPE (flujo de trabajo OpenBIM).
Setembro
Do 18 ao 21 de setembro - Competencia fiscal. Desenroloo económico e descentralización: impactos nas economías locais.
Máis Información:
Vicerrectorado de Igualdad, Cultura e Deporte da UDC
A Universidade de Verán da USC achega nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro un amplo catálogo de cursos con variados centros de interese que se desenvolven en Compostela, Lugo,Guitiriz, Lalín, Méis, Vilagarcía, Porto do son,Ribadavia, Seoane do Caurel e Vilanova de Lourenzá
Consulta los cursos neste enlace:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/universidade-veran
Acaba o prazo DE SOLICITUDES, secuencialmente:
O Itinerario de Emprendemento Social Xuvenil é un programa gratuíto dirixido a persoas desempregadas entre 18 e 35 anos que queiran emprender. Este programa que ten como obxectivo acompañar e asesorar o proceso da posta en marcha do seu propio proxecto a persoas que estean a pensar no emprego por conta propia.
O Itinerario de Emprendemento Social Xuvenil desenvólvese 100% en liña. E leva a cabo a través dunha metodoloxía que combina o traballo en equipo e individual, talleres grupais, titorías individualizadas e formación en liña.
Impartiranse varios bloques formativos:
Bloque I. Prototipado para proxectos de emprendemento social.
Bloque II. Deseño de modelos de negocio social e circular. Enfoque de xénero. Fórmulas de economía social.
Bloque III. Liderazgo e toma de decisións para mulleres novas.
Bloque IV. Emprendemento dixital e dixitalización de negocios.
https://www.accioncontraelhambre.org/es/emprendimientojuvenil
O Grupo de Investigación ESCULCA organiza o curso de verán “A formación e o emprego da xuventude nun mundo dixital”, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de xullo de 2023 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa e no Espazo Xove desta mesma localidade.
Como pode observarse no programa, analizaranse cuestións clave sobre o futuro laboral das mozas e mozos, sobre todo no que respecta á importancia das competencias transversais, do autocoñecemento do perfil profesional e das ferramentas que contribúen a mellorar a empregabilidade.
Para iso contarase coa presenza de responsables de empresas de traballo temporal, técnicos de emprego da administración pública, así como outros profesionais vencellados aos servizos de orientación laboral e de emprendemento xuvenil.
No caso de estar interesado/a, debes realizar a túa inscrición a través da seguinte ligazón:
A Escola de Altos Estudios Musicales de Galicia convoca un curso avanzado de especialización orquestral título propio de posgrao da Universidade de Santiago de Compostela.
Ofertase 18 prazas:
Violín 6
Viola 2
Violonchelo 2
Contrabaixo 1
Oboe 1
Frauta 1
Clarinete 1
Fagot 1
Trompa 1
Trompeta 1
Percusión 1
Beneficiarios/as: Instrumentistas das especialidades ofertadas en posesión de titulación superior.
Requisitos:
a) Idade: Poderán inscribirse aqueles candidatos nacidos a partir do 1/10/93
b) Estar en posesión do título de Grao Superior ou certificación de estudos que corresponda e que acredite a finalización dos estudos musicais ou ben que se encontre en trámites de finalización. Neste último caso, o alumno deberá posuír a condición de titulado superior antes do 31 de decembro de 2023.
Todo o alumnado disporá dunha bolsa por unha cantidade de 300 euros ao mes, de outubro do 2023 a xuño de 2024.
O alumnado, como membros de pleno dereito da USC, terán posibilidade de aloxamento na Residencia Universitaria do Burgo das Nacións .
Inscrición: As solicitudes poderán presentarse ata o día 9 de xuño de 2023 a través da páxina web www.eaem.es
Máis información en http://www.consorciodesantiago.org/sites/default/files/bases_caeo_2023_2024_firmadas.pdf
Ecos do Sur organiza dous cursos gratuítos por mensaxe de texto (WhatsApp e Telegram) que che axudarán a protexerte, actuar e defender a outros fronte ao odio, a desinformación e a discriminación.
Están enfocados á mocidade e ás persoas que traballan con colectivos xuvenís.
Curso 1: Actúa fronte ao ciberodio, a desinformación e os rumbos das intelixencias artificiais. Do 5 ao 15 de xuño
Curso 2: Discriminación e delitos de odio: que facer se son vítima ou testemuña? Do 19 ao 27 de xuño.
Con estes cursos gratuítos por mensaxe de texto (WhatsApp e Telegram) recibirás diariamente no teu smartphone claves e recursos que estarán dispoñibles sempre que os necesites.
Como funcionan?
Cada tarde, á mesma hora, recibirás unha mensaxe de texto con explicacións, ligazóns e recursos infográficos, que poderás ler cando ti queiras. Non é necesario que che conectes por videoconferencia. Ao finalizar, poderás solicitar un certificado acreditativo da túa participación.