A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon en marcha o programa “Mocidade en acción” para achegar aos mozos e mozas unha oferta de actividades innovadoras, un espazo no que poidan manifestar a súa creatividade.
Obxectivos: Desenvolver actividades baseadas nos intereses xuvenís; ofrecer á xuventude a posibilidade de participar activa e socialmente en diferentes actividades que favorezan o seu desenvolvemento mediante a formación e expresión artística, o ocio activo e a integración social; e o apoio ao asociacionismo xuvenil e o traballo en equipo.
Lugares de realización:
• Espazo Xove de Betanzos
R/ Valdoncel, nº 7. 15.300 Betanzos
• Espazo Xove de Vilalba
R/ Novo Cazon, s/n. 27.800 Vilalba
• Espazo Xove de Pontedeume
R/ Alameda de Raxoi, s/n. 15.600 Pontedeume
Datas de realización: Mércores e xoves dende o 6 de abril ata o 2 de xuño de 2016.
Horarios: de 16:00 a 20:00 horas.
Programa de actividades:
Club: Actividades dunha hora de duración para a organización e posta en marcha de colectivos xuvenís co fin de promover o asociacionismo e valores como a superación persoal e o traballo en equipo, entre outros. Inclúe:
- Organización de eventos
- Deportes electrónicos
- Xogos de interior
Ocio ou oficio: visitas coloquios para a achegamento entre mozos/as e especialistas en determinadas materias co fin de aportar coñecementos e intercambiar experiencias. Inclúe:
- Parkour
- Beatbox
- Videoxogos
- Graffiti
Deseña unha idea: Taller sobre o proceso creativo, dende o nacemento da idea ata como plasmala sobre o papel.
Cociña divertida: Taller prácticos que ten como obxectivo promover a alimentación saudable entre a mocidade ao tempo que aprenden receitas gastronómicas.
Acción social: Xornada para a recuperación dun espazo coa finalidade de desenvolver o sentimento de pertenza a súa comunidade e promover o voluntariado xuvenil.
Exhibición: Xornada organizada polos mozos e mozas que participen no programa e que terá como obxectivo dar a coñecer os seus proxectos e coñecementos adquiridos.
Ágora Xove é un programa da DXXPV orientado á creación de espazos que faciliten a participación dos mozos galegos na vida social, económica e cultural da nosa comunidade autónoma a través da celebración de 10 foros estructurados a través de actividades que valoren e consoliden o protagonismo dos mozos na súa contorna. Os principios rectores do programa Ágora Xove son os seguintes:
OBXETIVOS DO PROGRAMA:
Máis información aquí
No Faro de Vigo do 8 de marzo publicouse un artigo sobre o Programa da Dirección Xeral de Xuventude, Correspondentes Xuvenís 3.0. Nel recóllese a filosofía do programa así como a experiencia de Correspondentes do Concello de Cangas.
Mónica, Sandra, Jose e Adriana están a colaborar durante este curso como Correspondentes Xuvenís no CPI Mosteiro de Meis. Aquí están acompañadas/o por Sandra, a profesora responsable do programa no CPI Mosteiro.
Parabéns polo seu traballo!!!
O programa Expontáneas é unha iniciativa do Concello da Coruña e ten como obxectivo o impulso da creación artística emerxente mediante a realización de proxectos de intervención artística en espazos urbanos da cidade da Coruña, e está dirixido a artistas de entre 18 e 35 anos.
Os proxectos de intervención artística responderán á filosofía integradora e participativa do arte público e buscarán a recuperación do valor do espazo cotián a través do feito artístico.
Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións:
1) Pertencer ao ámbito das artes visuais (escultura, graffiti, instalación, pintura, videoarte, etc.), das artes escénicas (danza, teatro, música, etc.) ou do deseño (arquitectura, paisaxismo e urbanismo). Os proxectos poderán fusionar elementos pertencentes a diferentes disciplinas artísticas.
2) Ter carácter orixinal ou inédito, e non ter sido presentados anteriormente nin expostos ao público.
3) Ter carácter efémero, sen provocar ningún impacto permanente no espazo público.
Caché dos proxectos:
O caché do proxectos será fixado libremente polo artista, cun importe máximo de 1.500 €, impostos incluídos.
Prazos:
O primeiro prazo de presentación de propostas, para os proxectos a desenvolver entre os meses de abril e xuño, será do 2 ao 17 de marzo.
O segundo prazo de presentación de propostas, para os proxectos a desenvolver entre os meses de setembro e decembro, estará aberto entre o 1 e o 31 de maio de 2016.
Toda a información está dispoñible en http://www.expontaneas.gal/
Máis información:
CMIX. Centro Municipal de Información Xuvenil.
R/ Río Monelos 1. Teléfono: 981 184 294
cmix@coruna.es
"Artigo 18. Erradicación de prexuízos nos centros docentes:
1. Non se admitirán, no centro docente, as desigualdades entre alumnos e alumnas sustentadas en crenzas, prexuízos, tradicións ou prácticas consuetudinarias transmisoras, directa ou indirectamente, dunha distribución estereotipada de papeis entre os sexos ou dunha imaxe de dominación dun sexo sobre o outro en calquera ámbito da vida.
2. De forma directa, as docentes e os docentes non permitirán ningunha forma de machismo e de misoxinia que puidese existir no seo da comunidade escolar e, nomeadamente, entre nenos e nenas e adolescentes, aplicarán activamente principios pedagóxicos de respecto á identidade e á imaxe das mulleres".
Este o artigo 18 dun total de 104 artigos co que conta o decreto que recolle as disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.
O texto completo está publicado no DOG do 17 de febreiro de 2016
Segundo datos da Organización Mundial da Saúde máis de 3.000 millóns de persoas, a metade da poboación mundial, están expostas á posibilidade de ser contaxiadas por malaria. As zonas de risco esténdense por 97 países do mundo en catro continentes (África, América do Sur, Asia e Oceanía) e en 2015 diagnosticáronse 214 millóns de casos que, segundo distintas estimacións, acabaron coa vida de case medio millón de persoas
O científico español Miguel Luengo ideou o xogo solidario MalariaSpot.
O mecanismo do xogo é moi sinxelo: baséase na idea de que a análise de sangue por parte de vinte persoas non expertas ten a mesma efectividade que a análise por parte dun experto. Polo tanto, a Miguel Luengo doutor en enxeñaría biomédica, ocorréuselle crear un xogo no cal tes que detectar a presenza do parásito da malaria (un protoctista do xénero Plasmodium transmitido por mosquitos) en mostras reais de sangue dixitalizadas. A aplicación inclúe un tutorial, no que explica como recoñecer ao parásito no sangue e como diferencialo das nosas defensas, os glóbulos brancos.