Novas e actividades (874)

A Dirección Xeral de Mobilidade amplía o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova, para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos de idade, incluídos.

Á xente nova aplicaráselle unha tarifa de 0 € nas viaxes metropolitanas interurbanas realizadas dentro do ámbito do Plan de transporte metropolitano de Galicia, cun número máximo de 60 viaxes mensuais por persoa usuaria.

Que é?
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas.

Quen a pode utilizar?
Mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Cando cumpras 19 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.

Como conseguila?
1. Solicita cita nesta páxina:http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
2. Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.
3. Unha vez alí, só necesitan o teu DNI. A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.
4. A túa tarxeta xa está lista. Podes levala contigo e empezar a viaxar.

Máis información en http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e e no correo electrónico: tmg@xunta.gal

O IES de Barro realizou unha suxestiva curta que pretende visibilizar as condutas machistas e micromachistas normalizadas, para detectalas e erradicalas, conscientes de que todos e todas somos responsables de denuncialas.

acamada

VIDEO A CAMADA

Hai 30 anos o Certame de Mocidade Investigadora naceu co propósito de espertar a vocación investigadora dos mozos e mozas, enfrontándolles a un triplo reto: explorar a súa contorna en busca de novos enigmas, documentarse sobre o tema escollido, e propoñer e demostrar,  empíricamente, unha solución para o seu problema. Un desafío que demandaba curiosidade, imaxinación e traballo en equipo.

O Certame de Mocidade Investigadora tamén se revelou, neste tempo, unha porta privilexiada para o acceso das mozas á ciencia. Aínda que na actualidade só un 30% de mulleres matricúlase en carreiras científicas, e a súa promoción aos postos máis altos da carreira investigadora é case testemuñal, non ocorre así nos primeiros estadios educativos. Desde 2010, as mulleres tomaron a dianteira aos homes no Certame, e en 2017, un 54% dos relatorios foron presentadas por mozas investigadoras.

Actas do 30º Certame de Novos Investigadores:  http://www.injuve.es/sites/default/files/2018/48/publicaciones/actas30_jovenes_investigadores.pdf

 

O alumnado do IES de Curtis participou o venres 23 de novembro no encontro sectorial de “IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO ESCOLAR E LABORAL”, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, coa intervención de Paula Fernández Rico do centro Quérote+ , no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP).

No DOG do 21 de novembro de 2018 pubícase a resolución do 4 de outubro de 2018 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e a lista de agarda nas prazas de persoas colaboradoras bolseiras no Centro Residencial Xuvenil LUG, para o curso académico 2018/19.

http://xuventude.xunta.es/albergues-e-residencias

No DOG do 23 de outubro de 2018 publícase a resolución da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as como residentes na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense, para o curso académico 2018/19.

A relación definitiva pode consultarse en http://xuventude.xunta.es/albergues-e-residencias

No DOG do 22 de outubro de 2018 publícase a resolución da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as como residentes na residencia xuvenil Altamar, para o curso académico 2018/19.

A relación definitiva pode consultarse en http://xuventude.xunta.es/albergues-e-residencias

A Xunta de Galicia crea o Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero

Fins
Os fins do Observatorio son a promoción da igualdade real e efectiva das persoas LGTBI e contribución ao coñecemento da realidade da diversidade de orientación sexual e de identidade de xénero co obxecto de identificar as necesidades e barreiras que impiden o pleno desenvolvemento dos seus dereitos e o seu cumprimento. Así mesmo, servirá de foro de diálogo permanente entre a Administración autonómica e o movemento asociativo que teña como obxecto a defensa dos dereitos das persoas LGTBI.

Funcións
Para a consecución dos seus fins, exercerá as seguintes funcións:
a) Analizar os principais problemas para o recoñecemento, restablecemento e garantía dos dereitos das persoas LGBTI.
b) Realizar propostas e recomendacións en materia de normas e políticas públicas para a garantía dos dereitos das persoas LGBTI na Comunidade Autónoma de Galicia e coñecer, con carácter previo, os anteproxectos de lei ou os proxectos de normas regulamentarias de desenvolvemento de normas legais, así como recibir información sobre os plans, os programas e as actuacións, en relación coas materias da súa competencia.
c) Promover a realización de campañas de sensibilización e visibilización sobre a diversidade sexual e identidade de xénero.
d) Manter comunicación permanente coas instancias públicas e privadas pertinentes para a materialización dos dereitos das persoas LGBTI.
e) Propoñer a realización de investigacións e estudos específicos que resulten de interese para o coñecemento da situación das persoas LGTBI na Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Promover a produción de material documental de interese sobre as materias propias das súas funcións.
g) Identificar as iniciativas, experiencias, proxectos piloto, recursos e programas de referencia en materia de dereitos das persoas LGTBI, tanto no ámbito da Comunidade Autónoma, como no do Estado, da Unión Europea e das distintas axencias das Nacións Unidas, facilitando a súa divulgación e promoción.
h) Realizar un seguimento da evolución dos dereitos e da inclusión social das persoas LGTBI.
i) Promover foros de discusión e debate que, nos seus diferentes formatos, permitan o encontro e a reflexión das diferentes entidades e axentes sociais e económicos involucrados na defensa dos dereitos das persoas LGTBI.
j) Emitir cantos informes lle sexan solicitados pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou polas súas entidades instrumentais, sobre as materias da súa competencia.
k) Actuar como órgano de denuncia en materia de discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero.
l) Aprobar, facultativamente, o seu regulamento de funcionamento interno.
m) Presentar propostas que promovan a transversalidade do enfoque dos dereitos das persoas LGTBI na formulación, posta en marcha, seguimento e avaliación das políticas públicas sectoriais.
n) Propoñer e participar na elaboración de criterios, directrices e liñas xerais de actuación, así como propoñer ao Consello da Xunta de Galicia, a través da consellaría competente por razón da materia, a adopción de iniciativas lexislativas ou de actuacións concretas que consideren convenientes nas materias da súa competencia.
ñ) Fomentar calquera outra actuación que se considere necesaria en relación coas anteriores funcións, así como realizar aquelas que lle sexan encomendadas para o mellor cumprimento dos seus fins.


Poderán solicitar a designación como entidades con representación no Observatorio a través das vogalías:

a) Aquelas asociacións, fundacións, organizacións e colectivos LGTBI legalmente constituídos que teñan entre os seus fins estatutarios a defensa e promoción da igualdade de trato e non discriminación por razón de orientación sexual e/ou identidade de xénero e que desenvolvan a súa actividade en todo ou parte do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Aquelas asociacións, fundacións, organizacións e colectivos legalmente constituídos que, aínda non tendo entre os seus fins estatutarios a defensa e promoción da igualdade de trato e non discriminación por razón de orientación sexual e/ou identidade de xénero, presenten unha memoria de actividades en que se reflicta de xeito inequívoco a realización de accións neste ámbito, co obxecto de garantir que entre os seus obxectivos está a defensa dos dereitos das persoas LGTBI, e que desenvolvan a súa actividade en todo ou en parte no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

A solicitude farase a través de https://sede.xunta.gal co procedemnto SI900A

Máis información no DOG do 22 de outubro de 2018

#AmorNOesControl

Out 15, 2018

As fundacións ONCE, Legálitas e "Deporte Joven" presentaron a campaña #AmorNOesControl, que pretende identificar diferentes condutas delituosas, relacionadas coa ciberviolencia de xénero entre adolescentes, co obxectivo de que eles mesmos as recoñezans, non as permitan e as denuncien.

Unha gran maioría de mozas entende só como violencia de xénero as condutas de violencia física. Con todo, é importante saber que non é necesario que se produza unha agresión física para que exista un delito englobado na conduta de violencia de xénero. Esa situación de desigualdade, dominación e control pode producirse no mundo  online e chegar a ser delito por si mesma, sendo ademais en ocasións a antesala de algo máis grave.

A campaña identifica con exemplos reais algúns delitos que se tramitan nos xulgados de violencia sobre a muller, por exemplo:

- O delito de descubrimento e revelación de segredos que se dá co acceso ao WhatsApp ou calquera outra rede social ou chat da parella ou ex parella, por ter hackeado o contrasinal ou simplemente por espiala.

- O ‘stalking’ ou espreita relaciónase cunha persecución intrusiva a unha persoa coa que se pode establecer o contacto persoal en contra da súa vontade ou para que outros contacten con ela en contra da súa vontade, servíndose das novas tecnoloxías. Exemplo de ‘stalking’ no contexto da violencia de xénero pode ser suplantar a personalidade da parella ou  expareja para apuntala a unha páxina de contactos, ou que o propio agresor a chame ou envíe mensaxes de forma continua ou a horas intempestivas. Esta conduta xera inseguridade na vítima e pódelle levar a facer cambios nas súas rutinas para evitalo, como cambiar o número de móbil ou borrar os seus perfís nas redes.

- O ‘sexting’ consiste na difusión de imaxes ou vídeos que afectan á intimidade ou a honra da vítima, neste caso parella ou  exparella. O que se sanciona é a difusión dese contido, polo que o delito cométese, aínda que o contido se obtivera con consentimento da vítima, se se difunde contra a súa vontade. Tamén pode cometer delito quen recibe este contido e o reenvía á súa vez. ‘Sextorsión’ é o paso que pode seguir ao ‘sexting’. Prodúcese cando o agresor ameaza e chantaxea á vítima, parella ou ex parella, co envío dese contido se non accede ás súas peticións.

Todas estas condutas poden ser delito e están recollidas nunha serie de vídeos cos que a campaña #AmorNOesControl quere contribuír a sensibilizar aos máis novos. Ademais de nas redes, na web da campaña atoparás información.

http://www.amornoescontrol.com/

O Instituto da Mocidade, Injuve, publica as normas que regularán a xestión das accións descentralizadas do Programa europeo «Corpo Europeo de Solidariedade»

O Programa perseguirá os seus obxectivos a través dos seguintes tipos de accións:

a) Proxectos de voluntariado.
b) Períodos de prácticas e empregos.
c) Proxectos solidarios

Corpo europeo de seguridade: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/15058-corpo-europeo-de-solidariedade


Máis información no BOE do 10 de outubro de 2018