Novas e actividades (1315)

LOGO RIXA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas ás entidades locais de Galicia, para apromoción da información xuvenil e para a realización de actividades dirixidas á xuventude, no ámbito da educación non formal e da participación para o ano 2016.

Entidades locais beneficiarias:
1. Poderán solicitar estas axudas os concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades de Galicia.
2. Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade para estes efectos e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación.
3. Ningún concello ou entidade local dos sinalados nos puntos anteriores poderá:
a) Presentar a solicitude de subvención se o fixo unha entidade local na cal estean integrados ou da cal dependan.
b) Figurar en máis dunha solicitude colectiva.
c) Figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual.

Finalidade da subvención:
1. Potenciar a información xuvenil a través dos servizos municipais de información xuvenil integrados na Rede galega de información xuvenil.
2. Fomentar as actividades de educación non formal dirixidas á mocidade e a participación xuvenil no ámbito local.

Período subvencionable e contía das axudas:
O período subvencionable abranguerá desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2016.
A contía máxima que se concederá será de 3.000 €, que poderá chegar ata 8.000 € para o suposto de agrupación de 2 entidades locais e de 15.000 €, se son 3 ou máis as entidades locais agrupadas.

Serán obxecto de axuda:
a) Os custos derivados do funcionamento normal dun servizo de información xuvenil, así como as actividades de dinamización da información que se leven a cabo desde este.
b) As actividades formativas e educativas, as relacionadas co espírito creativo e emprendedor da mocidade, os programas de información e asesoramento e, en xeral, os que faciliten a participación xuvenil en actividades de educación non formal e os relacionados co asociacionismo e liderado xuvenil, todos eles destinados á mocidade de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de xuño de 2016.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/co procedementoTR305E
Máis información no DOG do 3 de maio de 2016.

aula naturalezaO Ministerio de Educación convoca 400 axudas para parrticipar no programa "Aulas da Natureza" durante 2016.

Beneficiarios.
Alumnado que non presente necesidades educativas especiais: Estar a cursar 5º ou 6º curso de Educación Primaria ou 1º de Educación Secundaria Obrigatoria e ter unha idade comprendida entre os 11 e 13 anos a data 31 de decembro de 2016.
Alumnado que presente necesidades educativas especiais: ter unha idade comprendida entre os 11 e 16 anos a data 31 de decembro de 2016.
(Previamente, os alumnos achegarían aos seus centros educativos a documentación necesaria antes do día 10 de maio).

Oprazode presentación de solicitudes estará aberto ata o 17 de maio de 2016.

Máis información no BOE do 30 de abril de 2016 e en http://www.educacion.es/

carneisiccPrezos dos carnés dispoñibles para a mocidade:

Carné Xove:6 €
Carné alberguista xove:6 €
Carné alberguista adulto/a:13 €
Carné alberguista grupo:16 €
Carné alberguista familiar:21 €

Estos carnés serán gratuitos no seguintes casos:

Persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %
Mulleres vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos e fillas e as persoas que estean baixo a tutela e garda ou custodia destas mulleres.

Os prezos están publicados noDOG do 8 de abril de 2016

Euroscola2016 tarta30cumpleConclúe o concurso Euroscola 2016, dedicado aos  30 anos de España na UE (1986-2016)

10 equipos, formados por 10 alumnos/as e un/ha profesor/a, xunto con outros compañeiros do seu centro escolar aos que poderán invitar, participarán no programa Euroscola do Parlamento Europeo en Estrasburgo.
Este ano, o Parlamento Europeo concede ademais outros 5 premios para os mellores equipos na versión en inglés do concurso.

Quince equipos españois foron os gañadores da vixésima segunda edición do concurso Euroscola, que este ano desenvolveuse baixo o lema “Los 30 años de España en la UE”. Os mozos e mozas gañadores viaxarán a Estrasburgo para coñecer a Sede do Parlamento Europeo e para participar, o próximo curso escolar, con mocidade de todos os países da Unión Europea, nunha xornada de simulación do Parlamento Europeo para a xuventude. Para isto, recibirán unha axuda de viaxe concedida polo Parlamento Europeo.
Os equipos e centros escolares gañadores, seleccionados polo xurado que se reuniu en Madrid o día 27 de abril de 2016 e composto por un representante da oficina do Parlamento Europeo en España, un representante da representación en España da Comisión Europea e un representante da Secretaría de Estado para a UE (Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación); son os seguintes:

IES Alto Almanzora de Almanzora (Almería), equipo "Almanzora con Europa"
Colegio San José de Estepona (Málaga), equipo "Euroscola Colegio San José Estepona"
IES Martínez Vargas de Barbastro (Huesca), equipo "IES Martínez Vargas"
IES Pando de Oviedo, equipo "Europando"
IES Comendador Juan de Tavora de Puertollano (Cidade Real), equipo ”Tavorines”
Colegio Corazón de María de Zamora, equipo "Euro-Cora"
IES Virgen del Espino de Soria, equipos "EUnited Team" e "Soria Says Europe Team" (comparten premio Euroscola)
Colegio Sagrada Familia de Badaxoz, equipo "30 años.... España Ayer y Hoy"
IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, equipo "Eurorosalía"
IES Madina Mayurga de Palma de Mallorca, equipo "Euromadina"
IES Ciudad de Haro de Haro, equipo "Eurovino"
IES La Estrella de Madrid, equipo "Euroestrella"
IES Leopoldo Queipo de Melilla, equipo "Queipo"
IES Vicente Medina de Archena (Murcia), equipo "ArchenaRuns ToEU"
CE PRE.U. Mas Camarena de Valencia, equipo "Let's Próodos Together"

Miles de mozos e mozas españois participaron, entre o 28 de outubro de 2015 e o 6 de abril de 2016, na XXII edición do concurso Euroscola.
Outros premios:
A representación en España da Comisión Europea, a Secretaría de Estado para a UE (Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación), o INJUVE, a Plataforma do Voluntariado de España e algunhas comunidades autónomas -organismos de Xuventude e de Educación-, entregarán premios aos equipos mellor clasificados.
Todos os premios poden consultarse na página web http://www.euro-scola.com/
Este ano participaron un total de 397 equipos, dos cales 119 completaron e enviaron os blogs exixidos. Cada equipo está composto por 10 alumnos/as e un/ha profesor/a responsable deste.

Toda a información sobre este concurso está dispoñible na páxina http://www.euro-scola.com/

Music1A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17.
Requisitos:
Estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia ata o día 6 de xuño.
As probas específicas de acceso comezarán o día 20 de xuño.
Unha vez concluída a proba específica, os tribunais publicarán a listaxe de persoas que superaron a proba e as non admitidas.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 15 de xullo.

Máis información no DOG do 28 de abril de 2016 e enhttp://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/113/all

deseoooEducación convoca a proba de acceso, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e fagan dezaoito anos no ano 2016, ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Deseño, e de Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o curso escolar 2016/17, así como para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e fagan dezaseis anos no ano 2016

Inscrición nas probas:
A inscrición realizarse na secretaría dos seguintes centros educativos ata o día 30 de maio:

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 3 de xuño no taboleiro de anuncios de cada centro, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitariahttp://www.edu.xunta.es/

A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.
Unha vez concluída a proba, o tribunal publicará a listaxe provisional de persoas que superaron e non superaron a proba, o día 8 de xuño.

Máis información no DOG do 28 de abril de 2016
Escolas de Arte e Superiores de Deseño:http://www.edu.xunta.es/web/node/1604
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia:http://www.esadgalicia.com
Ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia:http://gradoconservacionbbcc.es/

residenciaflorentinoA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís. Como é habitual as ditas instalacións póñense a disposición dos mozos/as estudantes, reservando un 9% das prazas para a mocidade traballadora e  resérvase tamén un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.
As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos.

Convocatoria para o curso académico 2016/17:220 prazas.

2016residenciasxuventude 

Prazo de presentación de solicitudes:
Estará aberto dende o 28 de abril ata o 27 de maio de 2016.
As solicitudes descárganse ou realízanse telematicamente dende a sede electrónica da xuntahttps://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.

Requisitos xerais:
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
- Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.
-Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2016.
A mocidade estudante, ademais:
- Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato,  estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
- Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.
A mocidade traballadora tamén deberán cumprir os seguintes:
- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prezo:
a) Habitación dobre: 324 € por residente e mes.
b) Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.

Período de estadía:
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de xullo de 2017. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no que estiveran matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e en todo caso concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.
En calquera caso as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.

Máis información noDOG do 27 de abril de 2016

Ourense: Residencia Florentino Cuevillas

Lugo: Residencia LUG I

Vigo: Residencia Altamar