Novas e actividades (1315)

A confederación de empresarios da Coruña convocaViveiro de Talento 2016.

Viveiro de Talentoé un proxecto formativo de creación de emprego que nace co obxectivo de mellorar a empregabilidade de mozos e mozas sen traballo que estean a iniciar o seu proceso de procura activa de emprego por conta propia ou allea e, por tanto, queiran acceder ao mercado laboral.

Requisitos:
Para poder participar enViveiro de Talento 2016deberás ser menor de 30 anos e non estar a participar no sistema educativo nin de formación, ademais de estar inscrito noSistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Ademais deberás asistir, previa inscrición, ás xornadas de difusión e rexistrarte no xogo onlineSkywards Trialscomo participante. Nestas xornadas previas, os participantes poderán asistir a talleres prácticos sobre emprendemento, entrevistas de traballo, estratexias para a procura activa de emprego na rede, deseño de plans de negocio, estratexias de emprendemento xuvenil...

Así mesmo, para entrar na fase de preselección do proxecto é importante que che rexistres no reto online Skywards Trials, onde participarás xunto con outros xogadores na carreira cara ao mercado laboral, demostrando as túas habilidades para a procura de emprego e para desenvolver e/ou xerar ideas empresariais innovadoras.

Máis información:https://talento.cec.es/ e na Confederación de empresarios da Coruña, teléfono 981 174 141.

A Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade ven de conceder os Premios Estatais ao Voluntariado Social 2016.

Modalidad Individual:
Premio Estatal: Jaime Garralda Barretto.
Mención Honorífica: Araceli Cavero Pérez.

Modalidad Colectiva:
Premio Estatal: Fundación "Soñar Despierto".
Mención Honorífica: Asociación PATIM "Prevención, Asesoramiento, Tratamiento e Investigación en Marginación".

Máis información no BOE do 23 de agosto de 2016

O Instituto da Xuventude, Injuve, concede os Premios Nacionais de Xuventude para o ano 2016.

Premio de 3.000 euros, en cada unha das seguintes categorías:

Iniciativas emprendedoras en materia de emprego, a David Mayoral Vilches.
Voluntariado, a Alejandro Sebastián Servén.
Igualdade, a Ana Fernández Sancho.

Máis información no BOE do 17 de agosto de 2016 e en www.injuve.es

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Modalidades

  1. Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta.
  2. Axudas para programas complementarios a alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

Destinatarios

Alumnos escolarizados en centros educativos españois que acrediten a necesidade específica de recibir apoio educativo e reúnan os requisitos establecidos.

Requisitos

  • Xenerais: acreditar a necesidade específica de apoio educativo, de acordo co requirido nas bases da convocatoria para distintas situacións  e tipos de axudas a conceder.
  • Económicos.

Dotación

A contía para conceder terá distintos compoñentes, en función dos requisitos e circunstancias do solicitante.

Prazo de presentación

Do 08 de agosto ata o 29 de setembro de 2016.

Presentación de solicitudes na SEDE ELECTRÓNICA

Extracto da convocatoria

Convocatoria completa BOE núm. 189, de 6 de agosto de 2016

BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA ESTUDOS POSOBRIGATORIOS

Curso académico 2016-2017

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para estudantes que no curso académico 2016-2017 cursen ensinanzas posobrigatorias con validez en todo o territorio nacional.

 

Ensinanzas comprendidas:

1.- Ensinanzas posobrigatorias e ensinanzas superiores non universitarias:

a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.

b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

c) Ensinanzas artísticas profesionais.

d) Ensinanzas deportivas.

e) Ensinanzas artísticas superiores.

f) Estudos relixiosos superiores.

g) Estudos militares superiores.

h) Estudos de idiomas en Escolas Oficias de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade a distancia.

i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas estas ensinanzas.

j) Formación Profesional básica.

2.- Ensinanzas universitarias:

a) Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.

b) Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.

c) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.

d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.

Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.

 

Presentación de solicitudes:

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática na sede electrónica do Ministerio no enderezo https://sede.educacion.gob.es/

Información para estudos NON UNIVERSITARIOS

Información para estudos UNIVERSITARIOS

 

Prazo de presentación:

  • 3 de outubro para estudos non universitarios
  • 17 de outubro para estudos universitarios 

Acceso á convocatoria no BOE num. 195, de 13 de agosto de 2016.

Cruz Vermella Xuventude, dentro do Programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, organiza por segundo ano consecutivo as xornadas XAC, Xóvenes como axente de cambio, que terán lugar os días 1 e 2 de outubro.

O obxectivo destas xornadas é dotar de ferramentas á xuventude para que poida asumir un papel de liderado ético co fin de inspirar unha transformación positiva das mentalidades, actitudes e comportamentos tanto neles mesmos coma nas súas comunidades.

No marco das Xornadas, Cruz Vermella Xuventude quere  ofrecer a oportunidade a calquera moza ou mozo a formar parte do equipo docente. E así nace o concurso docentes “Cal é a túa proposta para o XAC2”? no afán de búsqueda constante de calidade nas formacións da xornada, e tamén, como unha aposta por apoiar á  xuventude.

Poderán participar neste concurso persoas residentes en Galicia entre 16 a 35 anos, que poderán presentar proposta para un o varios obradoiros.

Podedes consultar as Bases da convocatoria

DepoEmprende

Ago 11, 2016

A Deputación de Pontevedra desenvolverá o programa de Fomento do Emprendemento Xuvenil da provincia de Pontevedra depoEMPRENDE durante o último cuatrimestre deste ano 2016.  Está destinado a 120 mozos e mozas da provincia de Pontevedra menores de 30 anos, coas  seguintes características:

O programa levarase a cabo nos espazos dos viveiros da rede de Incyde en Barro-Meis, Lalín, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía e Tui.

Inscricións:

Máis información na web http://www.depo.es/depoemprende

Segues as publicacións da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado nas redes sociais? Coñeces o Día Mundial da Xuventude? Canto sabes sobre os recursos para a mocidade que ten á túa disposición?

A Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, volve a poñer en marcha un concurso nas súas redes sociais que se desenvolverá dende o 8 e 12 de agosto de 2016 para os efectos de agasallar aos seus seguidores.

PROCEDEMENTO DO CONCURSO

Metodoloxía.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado durante os días 8 a 12 de agosto de 2016 publicará, de xeito aleatorio nas redes sociais Facebook e Twitter, 4 imaxes representativas dos programas e actividades da Dirección Xeral de Participación e Voluntariado, con frases informativas e frases célebres sobre a mocidade, para dar a coñecer o Día Mundial da Xuventude.

As imaxes serán publicadas a calquera hora do día comprendida entre as 09:00 e as 20:00 horas de luns a venres entre 8 e 12 de agosto.

O usuario ou usuaria que comente a imaxe coa frase máis motivadora relacionada coa información que contén, e que comparta cos seus contactos dita publicación cos hashtag #Xuventude12A e #youthDay, será o gañador dunha camiseta da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Para a obtención do agasallo obrigatoriamente deberán darse as dúas condicións: comentario con frase motivadora sobre xuventude e que a publicación fose compartida cos 2 hashtag antes mencionados.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, resérvase o dereito de elexir a frase máís motivadora, que ten que ser orixinal e positiva, e en ningún caso debe conter elementos negativos ou que podan dañar a imaxe da Campaña (insultos ou palabras malsoantes).

Un único premio por persoa. Este concurso prevé a entrega dun único premio por persoa. A camiseta pode ser de cor roxo, azul ou negro. A cor da camiseta estará en función da
dispoñibilidade de tallas solicitadas polos/as mozos/as gañadores/as.

Procedemento de entrega da camiseta.- Tras comprobar que a frase motivadora é a máis orixinal e axeitada, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado porase en contacto co/a gañador/a a través dunha mensaxe privada pola rede social na que se publicou a imaxe, solicitando os seus datos persoais para facerlle chegar o agasallo: nome, apelidos, talla de camiseta e enderezo postal de envío da camiseta. No caso de que o/a gañador/a ou gañadora non facilite estes datos ou sexan incompletos, perderá o seu dereito ao agasallo. Estes datos persoais en ningún caso serán publicados. Se o primeiro/a premiado perde o seu dereito ao agasallo, ou renuncia, procederase a adxudicar o premio ao seguinte usuario/a coa frase máis motivadora.

TEMAS

A temática das imaxes será variada, podendo abranguer calquera das actividades, programas e iniciativas realizadas dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, recollidas nos portais http://.xuventude. xunta.es , www.voluntariadogalego.org, e nos perfís nas redes sociais

Facebook (https://www.facebook.com/xuventude.net) e Twitter (@xuventude).

PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais facilitados polos/as participantes nesta actividade serán susceptibles de tratamento estritamente confidencial, con finalidades técnicas, nun ficheiro no que o seu responsable será a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, autorizando a todos e cada un dos participantes para facer uso dos seus datos persoais para o fin correspondente. Os/as participantes poderán acceder a este ficheiro en calquera momento e exercer os seus dereitos de modificación, rectificación e/ou cancelación dos mesmos, coa simple comunicación por escrito á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Están publicados, na sección de Residencias, as listaxes definitivas de admitidos nas residencias da Dirección xeral de Xuventude en Lugo e Vigo