A Fundacion Amigos de Galicia busca voluntarios na provincia de Ourense para axudar coa recollida e clasificacion de tapóns (entre outras actividades), para a actual campaña de recollida de tapóns para axudar a financiar as terapias dun neno ourensán con paralisis cerebral.
A fundacion ten a súa base en Vilagarcia pero conta con oficina no barrio do Couto en Ourense, Avda. Portugal 59. Teléfono de contacto 988 546 068.
https://www.fundacionamigosdegalicia.org/campañas/tapóns/
A Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade concede os Premios Estatais ao Voluntariado Social 2017
Modalidade individual:
Premio Estatal: Dona María Gutiérrez-Cortines de Curral.
Mención honorífica: Don Ander López de Abechuco Martínez de Rituerto.
Modalidade colectiva:
Premio estatal: Cooperación Internacional ONG.
Mención honorífica: Programa de voluntariado da Unión Democrática de Pensionistas (UDP).
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia pon en marcha o certame Música Xove Emerxente, cos obxectivos de ofrecer aos novos grupos musicais galegos ferramentas de participación en accións que faciliten a promoción da súa creatividade, de establecer un espazo de encontro, coñecemento, información e formación e, sobre todo, de relacións.
Trátase dun espazo aberto cara a creatividade e talento dos mozos e mozas, así como a creación de oportunidades mediante o intercambio e posta en común de ideas.
PARTICIPANTES
Poderán participar todos os grupos musicais compostos por mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia.
Nos grupos musicais haberá, polo menos, dous membros menores de 30 anos.
Os músicos non poderán aparecer en máis dun grupo dos que participen no certame.
CONDICIÓNS XERAIS
Os grupos que desexen participar deberán rexistrarse e inscribirse na páxina web www.musicaxoveemerxente.gal
As condicións de inscrición serán as seguintes:
- Pequeno dossier do grupo en PDF no que se incluirán os contactos de todos os membros do grupo, (teléfonos e direccións de correo electrónico correctamente identificados cos seus nomes e tamén as súas datas de nacemento).
- Plano de escenario en PDF (e a poder ser, especificacións técnicas e listaxe de canles).
- 3 imaxes actuais do grupo (fotos, logo..).
- 2 ligazóns de vídeos dalgunha das súas actuacións ou videoclips.
- Entre 2 e 4 temas en formato MP3 gravados polas formacións inscritas (Indicando o título de cada canción e o nome do grupo).
- Ligazóns con calquera dirección URL que achegue máis información do grupo (web, facebook, bandcamp, twitter, instagram etc.).
INSCRICIÓNS
Cada grupo deberá inscribirse no apartado da provincia que lle corresponda, segundo se indica na páxina web.
A inscrición será na web destinada ao certame www.musicaxoveemerxente.gal Cada grupo deberá rexistrarse e subir a información solicitada.
O prazo de inscrición abrirase entre o 1 e o 27 de novembro de 2017.
DESENVOLVEMENTO
Haberá un período para as inscricións e outro período para as votacións, que dará como resultado un grupo gañador por cada provincia.
Cada grupo inscrito poderá efectuar a súa votación co seu nome de usuario e contrasinal, que consistirá en darlle o seu voto a 4 grupos que previamente se inscribiron nas 4 provincias galegas (só se poderá dar un voto por provincia, incluíndo a súa, non se poderá votar cada grupo a si mesmo).
O prazo de votacións abrirase o 4 de decembro e estará aberto ata o día 17 de decembro.
O resultado final, sumando os votos obtidos, será o que determine cales foron os grupos vencedores por cada provincia.
Cada grupo resultante gañador na súa provincia elixirá 2 formacións doutras distintas provincias á súa, para levar a cabo un CONCERTO co seu grupo e as 2 formacións elixidas, que non terán porque ser as gañadoras das súas provincias xa que se poderán elixir a estes 2 grupos baseándose nos gustos persoais ou afinidade de estilos musicais (co único requisito de que estean inscritos no certame).
Cada grupo resultante gañador na súa provincia elixirá unha sala de concertos nesta (con licenza para a devandita actividade), coa que a organización acordará unha data para a celebración do CONCERTO coas 3 formacións (deberanse achegar as propostas de 2 salas máis como alternativa, no caso de que non fose viable a primeira opción por cuestións de loxística ou dispoñibilidade).
Como norma, o grupo residente cederá o seu backline para o CONCERTO, independentemente de que calquera outro grupo convidado queira levar algún elemento a maiores do devandito backline, tendo entón que cedelo para o uso das formacións que o necesitasen (os baterías deberán levar o seu propio pedal de bombo, caixa e pratos). No escenario haberá un único backline compartido e haberá un encargado de produción que coordinará o evento. No caso de que se producise algunha dúbida co backline, sería a organización quen decidiría como resolvela.
- As actuacións de cada unha das formacións seleccionadas para os concertos terá unha duración máxima duns 50 minutos aproximadamente e a orde estableceráa o grupo anfitrión de mutuo acordo coa organización.
O acceso a cada concerto será gratuíto.
A organización poñerase en contacto coas 4 formacións gañadoras nas súas provincias para indicarlles como han de facer oficial a elección dos grupos cos que quererán compartir o seu CONCERTO e saber que sala de concertos elixiron para realizar o seu CONCERTO en cada provincia.
A organización solicitará a todos os grupos elixidos para os concertos unha declaración responsable de que teñen repertorio para actuar dun mínimo de 40 minutos e tamén as letras das cancións do repertorio que vaian interpretar.
A organización poñerase en contacto coas diferentes salas elixidas para acordar as datas que mellor se adecúen a todas as partes implicadas.
A organización correrá con todos os gastos de alugueiro das distintas salas.
A organización contratará a cea dos grupos participantes nun lugar próximo á sala.
Os grupos desprazados terán á súa disposición unha noite de hotel na localidade ou o máis preto posible onde se celebre cada CONCERTO ao que estean convidados e para iso, a organización correrá cos gastos derivados da devandita hospedaxe. A organización recomenda non viaxar despois dos concertos.
Todos os integrantes dos grupos participantes na fase de concertos serán dados de alta na seguridade social por parte da organización, sendo este un requisito indispensable.
Se algún dos grupos seleccionados para os concertos tivese entre os seus compoñentes alguén menor de 16 anos, este deberá achegar, no seu momento, unha autorización paterna/materna/titor/a legal.
As datas dos concertos serán confirmadas en función da dispoñibilidade das salas elixidas e dos grupos participantes.
A organización achegará a cada grupo residente 100 carteis de tamaño A3 coa información de cada concerto, para a súa colocación e repartición onde crean oportuno e tamén unha imaxe co deseño do devandito cartel para promover nas redes sociais. A organización gardará 10 carteis para que os grupos convidados poidan ter como recordo.
Toda a información cos grupos seleccionados publicarase o día 22 decembro do 2017 na web www.musicaxoveemerxente.gal e na web www.xuventude.net no apartado de Música Xove Emerxente.
RELACIÓN DE GRUPOS MAIS VOTADOS e grupos que elixen para os seus concertos
PROVINCIA | GRUPO MAIS VOTADO | PUNTOS | GRUPO ELIXIDO 1 | GRUPO ELIXIDO 2 |
Por A Coruña: | NORTONES | 7 puntos | BLUNK(Pontevedra) | MAZE ON(Lugo) |
Por Lugo: | MAZE ON | 12 puntos | BLACK WINGS(Ourense) | REBEL ROOTS(Pontevedra) |
Por Ourense: | SUEÑOS DE ÍTACA | 6 puntos | BLUNK(Pontevedra) | EVERET( A Coruña) |
Por Pontevedra: | BLUNK | 6 puntos | SUEÑOS DE ÍTACA(Ourense) | NORTONES(A Coruña) |
No caso de que se producise un empate, sería a organización quen decidiría como resolvelo.
Calquera dúbida ou consulta poderase realizar a través do correo electrónico copra@mundo-r.com
DISTINCIÓNS/PREMIOS
Os grupos cobrarán, netos de impostos, 300€ (trescentos euros) por cada actuación.
OUTROS
Todas as formacións participantes deberán seguir en todo momento as instrucións da organización para o bo desenvolvemento dos concertos, respectando os tempos de que dispoñerá cada grupo para a súas probas de son e a súa actuación, a risco de ser penalizados no caso de non respectar as indicacións do representante da organización.
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca o itinerario formativo FORMATour que ten como obxectivo a formación en seis habilidades transversais que potencien o emprego e fortalezan o emprendemento dos mozos e mozas. A iniciativa combina actividades formativas presenciais en grupo, actividades formativas personalizadas e sesións de coaching.
Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.
O proxecta Lidera cunha vixencia de catro anos conta cun orzamento de 1.428.692, 93 €
Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.
OBXECTIVOS E META
A meta é mellorar as oportunidades de emprego e emprendemento de todas e cada unha das persoas participantes. Para iso, atenderemos aos seguintes obxectivos intermedios:
- Formar en habilidades transversais.
- Dotar aos mozos/as de ferramentas sinxelas que lles permitan mellorar.
- Propiciar o liderado da xente moza.
- Proactivar cara á formación activa.
DESTINATARIOS/AS: Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
LUGAR DE REALIZACIÓN: Esta actividade desenvolverase nos 12 Espazos Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
PRAZAS POR ESPAZO XOVE: Un mínimo de 6 e un máximo de 12 persoas.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 25 de outubro ás 12:00 horas do día anterior a realización da xornada presencial.
INSCRICIÓN: Mediante o envío de formulario electrónico
ADMISIÓN
Será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas en cada Espazo Xove. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación no día anterior á xornada, entenderase que non obtivo praza.
METODOLOXÍA
1. Sesións presenciais.
En cada localidade realizarase unha sesión inicial (AulaTour) de 3 horas de duración na que, a razón de 30 minutos por habilidade, se decalogarán as 6 habilidades que integran o contido do programa.
Pasados un mínimo de 21 días desde a realización desa primeira sesión, haberá unha segunda sesión presencial na que se desenvolverá, por orde alfabética, unha sesión de coaching individualizado de 15 minutos con cada persoa participante, buscando perfilar como espremer as súas habilidades persoais.
2. Plataforma de formación persoal a distancia.
Entre unha e outra sesión e durante 21 días, habilitaremos unha ferramenta web (CODEX) que, mediante vídeo píldoras, exercicios, exemplos, infografías e exercicios de autoavaliación estenderá 30 minutos de contido para o traballo diario que buscarán mellorar o desenvolvemento persoal e as habilidades expostas.
RESULTADOS
Cada asistente recibirá un diploma acreditativo de cumprir con este itinerario formativo. Ademais, escollerase a unha persoa por localidade para participar nunha aceleradora de desenvolvemento persoal a realizar durante o primeiro trimestre de 2018.
DATAS
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca seis xornadas visitas de formación en empresas de distintas zonas da xeografía galega e unha estancia visita de formación de catro días de duración en Portugal no marco do proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), cun orzamento aprobado de 1.428.692, 93 € e unha vixencia de catro anos.
Así mesmo, coincidindo coas xornadas e estancia visita de formación, terán lugar 7 encontros sectoriais a pequena escala onde os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.
Estas iniciativas impulsan a relación e integración da xuventude na realidade económica do territorio, reforzando o coñecemento do marco local de vida dos mozos e mozas; reforzan o achegamento da mocidade á realidade do tecido empresarial galego e portugués; promoven o coñecemento e valorización dos recursos e potencialidades que ofrece o territorio; e ofrecen unha ferramenta para que os mozos e mozas adquiran coñecementos que axuden ao seu desenvolvemento persoal e profesional.
Estas iniciativas formativas forman parte da actividade “Crece” que ten como obxectivo provocar un coñecemento, proceso e contexto de traballo en rede, no que se involucren os distintos actores e reactivos do territorio a través da xeración de espazos de desenvolvemento local no ámbito de influencia do proxecto.
O proxecto LIDERA ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.
DESTINATARIOS/AS: Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
PRAZAS: 50 por xornada de formación
PRAZOS DE INSCRICIÓN
- Visita á zona da Ribeira Sacra: do 25 de outubro ás 10:00 horas do 30 de outubro de 2017.
- Visita zona Lalín: do 25 ao 30 de outubro de 2017.
- Visita zona Vilalba: do 25 de outubro ao 6 de novembro de 2017.
- Visita zona Ourense: do 25 de outubro ao 23 de novembro de 2017.
- Visita zona Betanzos: do 25 de outubro ao 17 de novembro de 2017.
- Visita zona Negreira: do 25 de outubro ao 4 de decembro de 2017
- Estancia visita en Portugal: do 25 de outubro ao 20 de novembro de 2017.
INSCRICIÓN: Mediante envío de formulario electrónico.
No caso das xornadas visitas en Galicia, o mozo e moza poderá solicitar a participación en varias xornadas, tendo prioridade de participación na primeira xornada solicitada que se realice e pasando á lista de agarda nas restantes xornadas solicitadas.
A participación en xornadas visitas en Galicia non exclúe a participación na estancia visita en Portugal.
ADMISIÓN: Será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación no día seguinte á finalización do prazo de inscrición, entenderase que non obtivo praza; exceptúase a visita á zona da Ribeira Sacra: de non recibir comunicación no mesmo día de finalización do prazo de inscrición entenderase que non obtivo praza.
COBERTURA: Manutención e transporte segundo o especificado no apartado seguinte.
DATAS VISITAS DE FORMACIÓN EN GALICIA
ESTANCIAS VISITAS EN PORTUGAL
COBERTURA:
Aloxamento en cuarto de uso múltiple
Manutención
Transporte: dende Santiago con paradas en itinerario de destino.
RECOMENDACIÓNS
- Tarxeta Sanitaria Europea ou seguro de viaxe, accidentes e de enfermidade
- Útiles de aseo
ENCONTROS SECTORIAIS
Nas mesmas datas das xornadas visitas terán lugar 7 encontros sectoriais a pequena escala onde os distintos actores do territorio poidan establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.
O Concello de Santiago convoca un procedemento para a selección das persoas participantes no Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego.
Trátase dun programa que se vai desenvolver no período 2017-2020, e que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade da mocidade de Santiago, a través da creación de itinerarios formativos profesionais. Desenvolverá 19 itinerarios de formación, encadrados en oito sectores estratéxicos: industria 4.0, enerxías renovables, hostalaría e turismo, atención socio-sanitaria, medio ambiente, agricultura ecolóxica, comercio electrónico e a loxística.
O programa ofertará 323 prazas, das que 227 serán para mulleres. Ademais, resérvanse 96 prazas para participantes con discapacidade, migrantes, de orixe estranxeira ou poboación xitana.
Os participantes deberán ter máis de 16 anos e menos de 30 e estar desempregados. Terán prioridade os mozos e mozas empadroados en Santiago.
As esixencias de estudos mínimos, segundo itinerarios, é a seguinte: 2 itinerarios do nivel 1, para mozos e mozas que non teñen a ESO; 7 itinerarios do nivel 2, para mozos e mozas coa ESO ou equivalente; e 10 itinerarios do nivel 3, para mozos e mozas co Bacharelato ou equivalente.
A inscrición no programa pódese facer a través da súa web, www.ponteenmarcha.gal onde se cubrirá un rexistro que recollerá tamén a experiencia laboral. Posteriormente farase unha entrevista persoal de orientación. O prazo de inscrición rematará cando todas as prazas estean cubertas.
Relación de proxectos e concellos galegos adxudicatarios das axudas para a realización de programas/proxectos de actuación que inclúan actividades que fomenten as oportunidades de emprego, autoemprego e iniciativas empresariais para os mozos/as do Injuve e FEMP
CONCELLO | PROGRAMA APROBADO | IMPORTE |
Concello de Parada do Sil (OURENSE) | SERVIZO XUVENIL DE ASESORAMENTO E FORMACIÓN PARA O EMPREGO XUVENIL | 2.500 € |
Concello de Baños de Molgas (OURENSE) | PROXECTO INTEGRADO DE EMPREGO XUVENIL | 4.500 € |
Concello de Soutomaior (PONTEVEDRA) | MOCIDADE EN MARCHA | 8.000 € |
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convídavos a colaborar na campaña #SMXenteDeseXable para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental (10 de outubro). Buscamos que o maior número de persoas, concellos e entidades de Galicia perciban o seu apoio á realidade de que as persoas con problemas de saúde mental son persoas que desexan e que son desexables.
O obxectivo desta campaña é facer visible o apoio social para rachar cos estereotipos e o estigma social que rodea á sexualidade da mocidade cun problema de saúde mental e seguir ofertando accións formativas tanto a mozas e a mozos, a familias como a profesionais, para favorecer o desenvolvemento da súa sexualidade e a súa afectividade de xeito satisfactorio.
Expoñemos as accións previstas nesta campaña:
Do 9 ao 13 de outubro: sacar unha foto co hashtag da campaña #SMXenteDeseXable (como se mostra na imaxe que se acompaña). A idea é que o maior número de persoas saquen a foto co compromiso de apoiar a campaña e mobilizar as redes sociais con mensaxes construtivas a nivel social. A imaxe poderá publicarse na propia rede social da persoa, concello e/ou entidade e remitila a Quérote+ para xuntala á documentación da campaña.
Posteriormente, desde o servizo Quérote+, farase unha recompilación de imaxes e elaborase un cartel co lema. O cartel será publicado nas redes sociais e será remitido en formato dixital á persoa, concello e/ou entidade remitente.
No caso de ter interese en participar e desexar ter máis información, pode contactar a través do correo electrónico querotemais@xunta.gal ou por teléfono no 981 223 913.
Sabías que o teu corpo tarda entre 24 e 48 horas en regular a túa tensión arterial ata valores normais despois dun cigarro? Ou que o tabaco cambia o sabor á comida? En seis semanas deixarás de asfixiarte cando corres e en seis meses, dependendo do que fumes, poderías chegar a aforrar ata 600 euros. Xa tes para unhas vacacións! Estes son algúns dos beneficios de pasar dos malos fumes e deixar o tabaco. Estes e moitos outros os podes atopar na web da nova campaña do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, chamada #NonSmokingChallenge.
O obxectivo desta nova campaña é promover actitudes de vida saudable entre a mocidade, proporcionando ferramentas para previr o inicio do consumo de tabaco e para favorecer o abandono. Ademais encerra obxectivos específicos, como o fomentar unha imaxe positiva do rexeitamento ao tabaco e dos produtos relacionados e eliminar falsos mitos ou crenzas asociadas ao seu consumo.
Esta nova iniciativa xorde nun contexto no que o tabaquismo constitúe o principal problema de saúde pública prevenible nos países desenvolvidos, sendo a primeira causa de mortalidade e morbilidad evitables no noso país e o resto de países da nosa contorna. E é a mocidade a que ten nas súas mans acabar co tabaquismo, como subliña a campaña.
Segundo os últimos datos oficiais, o 31,4% dos estudantes de 14-18 anos fumou tabaco nos 12 meses anteriores e a idade media de inicio é 13,9 anos. Aínda que tradicionalmente o consumo era maior nos homes, as diferenzas están a acurtarse polo cambio de patrón, de forma que entre os estudantes de 14-18 anos xa destaca o maior consumo en mozas que en mozos (33,2% das mozas e o 29,6% dos mozos fumaran nos 12 meses anteriores).
Sumate ao #NonSmokingChallenge. Acepta o reto!
A campaña expón o acabar co tabaco como un reto para seguir, equiparándoo a outros retos virais como o #MannequinChallenge ou o #IceBucketChallenge, de gran popularidade nas redes sociais, polo que a campaña aparecerá especialmente nestas, co obxectivo de chegar á mocidade.
http://nonsmokingchallenge.com/