Novas e actividades (856)

A Consellería do Mar convoca exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Patrón/patroa para navegación básica.
– Patrón/patroa de embarcacións de lecer.
– Patrón/patroa de iate.
– Capitán/capitá de iate.

Idade mínima:
O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas

Prazos:
Convocatoria de abril de 2019: do 20 de febreiro ao 6 de marzo de 2019, ambos inclusive.
Convocatoria de xullo de 2019: do 27 de maio ao 10 de xuño de 2019, ambos inclusive.
Convocatoria de decembro de 2019: do 28 de outubro ao 11 de novembro de 2019, ambos inclusive.

Solicitudes: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE616D
Máis información no DOG do 18 de febreiro de 2019

Pois busca ideas na Axenda Cultural de Galicia...

AXENDA CULTURAL

 

anverso_carn_xove

Dende hoxe pasa a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove, un novo establecemento:
 
  • LAFEMME Centros de Estética, S.C.,  C/ República de El Salvador, 23 - 1ºA-B, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña

Os descontos que aplicacrán son: 20% de desconto en todos os tratamentos estéticos

Así, pois, mozos e mozas xa podedes disfrutar nestes establecementos  das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!

 

 

 

A publicación na internet non consentida de imaxes íntimas coa única finalidade de facer dano supón unha forma de violencia machista exercida por homes contra as súas parellas ou exparellas.

Trátase dunha práctica moi estendida que afecta tamén a mulleres adolescentes e a mozas de cada vez menor idade. As vítimas deste delito sofren unha violación de dereitos tan vulnerables como a imaxe e a intimidade.

Por iso, con motivo da celebración do Día Europeo da Protección de Datos e a Privacidade, o Concello de Las Palmas de Gran Canaria,  Injuve, Twitter e Pantallas Amigas uniron forzas para deseñar unha campaña que se presenta como berro de repulsa contra a violencia de xénero na contorna dixital. A campaña componse dun vídeo de sensibilización animado de seis minutos de duración que se acompaña de dúas imaxes que sintetizan dúas claras mensaxes:
- “Que consentise que vos gravedes, non che dá dereito a compartir nunca esas imaxes, aínda que ti tamén as protagonices”.
- “Difundir imaxes íntimas da túa noiva ou ex sen o seu consentimento é unha forma de violencia de xénero e un delito moi grave”.

O material exposto para este proxecto realizouse tanto en castelán como en inglés para chegar ao maior público posible. Ademais, existe unha versión reducida do capítulo animado que permite a súa mellor adecuación ás diversas plataformas de difusión na internet.

A campaña pódese visitar nesta ligazón: www.respetoimagenesintimas.com

Artigo publicado no suplemento YES da Voz de Galicia do 2 de febreiro de 2019, nel Noa Tilve, psicóloga e coordinadora dos centros Quérote+ fala das charlas impartidas en centros educativos a adolescentes e das dúbidas e inquietudes expostas polos mozos e mozas que acuden a estas charlas.

Podes contactar cos centros Quérote+ a través de WhatsApp no 647 018 752

Máis información: http://xuventude.xunta.es/querote-mais

 

Artigo da Voz de Galicia

CIMO pon en marcha un novo proxecto de emprendemento no ámbito social, que se desenvolve na provincia de Ourense, e que está organizado por REDE ARAÑA entidade polo emprego, e CEPES (Confederación Empresarial Española da Economía Social) a nivel nacional, e financiado con fondos europeos polo FSE (Fondo Social Europeo).


Proxecto Yoemprendo
Obxectivo: conseguir a creación de novas entidades de Economía Social: cooperativas, sociedades laborais e asociacións con actividade económica).
Destinatarios: Persoas traballadoras ou que se atopen en situación de desemprego (acreditado mediante vida laboral, contrato ou tarxeta de demandante de emprego). Polo que o proxecto está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en emprender neste ámbito.

Accións e servizos ofertados:
Asesoramento personalizado, Mentoring
Asesoramento grupal sobre emprendimineto e economía social
Información sobre axudas á financiamento

Prazo de inscrición: Ata o 30 de marzo de 2019

PREZO: Gratuíto

Infórmación no teléfono 988 39 15 15 ou na web www.yoemprendoeneconomiasocial.com

Folleto informativo

 

anverso_carn_xove

Dende hoxe pasan a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove, 2 novos establecementos:
 
  • MARCAJE Y GRABADO C.B.,  R/ CRUZ ROJA, 6, 36002 PONTEVEDRA, PONTEVEDRA
  • CARLÍN PAPELERÍAS S.L., R/ A PEREGRINA, 42, 36001 PONTEVEDRA, PONTEVEDRA

Os descontos que aplicacrán son: 10% en traballos de copistería

Así, pois, mozos e mozas xa podedes disfrutar nestes establecementos  das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!

 

 

 

Mathex

Xan 30, 2019

Un equipo de docentes do Departamento de Matemáticas da USC, coa colaboración de profesorado de educación secundaria, acaba de pór en rede a versión de proba, en castelán, do xogo gratuíto MatHex (https://mathex.games), que ten como obxectivo achegar a ciencia a todo tipo de público, combinando estratexia e coñecementos.

A base do videoxogo é un taboleiro formado por hexágonos inspirado no clásico xogo de mesa HEX creado polos matemáticos John  Nash e  Piet  Hein, que se presenta combinado con preguntas relacionadas con esa disciplina dende moitas ópticas, que pasan pola resolución de problemas ata preguntas sobre historia, cunha parte moi destacada dedicada ás mulleres matemáticas.

O obxectivo do xogo é completar un camiño de baldosas que conecten co lado oposto do taboleiro. Para ‘conquistar’ cada baldosa haberá que responder correctamente a pregunta no tempo permitido; en caso contrario non se avanzará. Gañará quen consiga que o seu avatar sexa o primeiro en completar o camiño entre os dous lados.

https://mathex.games/

A Xunta de Galicia pon a túa disposición o apoio integral necesario para que a túa idea empresarial poida ser levada a cabo, facendo que as iniciativas viables sexan posibles:

   Como conseguir financiamento
   Asesoramento para a creación de empresas
   Tramitación para a creación de empresas
   Como xestionar o teu negocio
   Entidades de formación no ámbito da seguridade industrial
   Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (Eccom)

http://ceei.xunta.gal/obxetivo/c/Crear-unha-empresa