O Instituto da Mocidade convoca axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea do Programa "Corpo Europeo de Solidariedade" durante o 2023.
As persoas solicitantes deben presentar a súa solicitude electrónica utilizando unicamente os formularios específicos para cada acción e dispoñibles no sitio web da Axencia Nacional Española para a aplicación do Programa Corpo Europeo de Solidariedade:
http://www.cuerpoeuropeodesolidaridad.injuve.es/es/recursos/formularios
Prazo de presentación de solicitudes. Todos os prazos de presentación das solicitudes especificados expiran ás 12.00 h (mediodía), hora de Bruxelas.
- 23 de febreiro de 2023, para proxectos que comecen entre o 1 de xuño e o 31 de decembro do mesmo ano;
- 4 de outubro de 2023, para proxectos que comecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio do ano seguinte.
O obxecto da convocatoria de subvencións no marco do Programa "Corpo Europeo de Solidariedade" é incentivar a participación da mocidade e as organizacións en actividades de solidariedade accesibles e de gran calidade como medio de contribuír a reforzar a cohesión, a solidariedade, a democracia e a cidadanía en Europa, respondendo ao mesmo tempo os desafíos da sociedade e fortalecendo as comunidades, cun empeño especial en promover a inclusión social, principalmente a través do voluntariado.
Poderanse solicitar proxectos nas seguintes accións:
Participación de mozas e mozos en actividades solidarias:
- Proxectos de voluntariado.
- Voluntariado en equipo en ámbitos de alta prioridade.
- Proxectos de solidariedade.
Participación de mozas e mozos en actividades solidarias relacionadas coa axuda humanitaria («Voluntariado no marco do Corpo Voluntario Europeo de Axuda Humanitaria»):
- Proxectos de voluntariado no ámbito da axuda humanitaria.
BOE do 25 de abril de 2023
https://europa.eu/youth/solidarity_es
A Consellería de Educación publica as normas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2023/2024.
Requisitos
- estar en posesión do título de bacharel
- ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos
- ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior
e ademais a superación das correspondentes probas específicas.
As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas
Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 22 de maio de 2023
Datas das probas:
A proba para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 30 de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
As probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática darán comezo o día 3 de xullo na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato para acceder ás ensinanzas artísticas superiores:
A esta proba poderanse presentar as persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou non superasen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e acrediten unha idade igual ou superior aos 18 anos ou que os fagan no ano 2023.
Máis información no DOG do 20 de abril de 2023 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/210/all
A Consellería de Educación publica as normas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.
Requisitos para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio:
a) Dispor do título de graduado en ESO, e superar unha proba específica.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.
A proba substitutiva do requisito de titulación de grao medio poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
- Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
- Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
- Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño.
- Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño.
- Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.
Requisitos para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior:
a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos: Bacharel, Técnico superior, Título universitario, Certificado de ter superadas todas as materias do bacharelato.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharel deberá ter 19 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.
A proba substitutiva do requisito de titulación de grao superior poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
- Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
- Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño.
- Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.
A solicitude de inscrición presentarase na secretaría dalgún dos centros educativos vinculados a cada modalidade deportiva. Na modalidade de fútbol deberá presentarse necesariamente na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica.
O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de ESO e/ou na proba específica de grao medio estará aberto ata o día 28 de xuño de 2023.
O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato estará aberto ata o o día 22 de maio de 2023.
Que deporte podes estudar?: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1550
Máis información no DOG do 20 de abril de 2023 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/212
A Consellería de Educación publica as normas de acceso ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2023/2024.
Requisitos
- estar en posesión do título de bacharel
- ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos
- ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior
e ademais a superación das correspondentes probas específicas.
Acceso directo
Poderá acceder ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.
Prazo: a inscrición realizarse ata o día 22 de maio de 2023.
As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas
Tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Datas das probas:
A proba para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 30 de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
A proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais desenvolverase o día 4 de xullo na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato para acceder ás ensinanzas artísticas superiores:
A esta proba poderanse presentar as persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou non superasen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e acrediten unha idade igual ou superior aos 18 anos ou que os fagan no ano 2023.
Máis información no DOG do 20 de abril de 2022 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/380/all
Ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia: http://gradoconservacionbbcc.es/
A Consellería de Educación publica as normas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música para o curso 2023/24.
Requisitos
- estar en posesión do título de bacharel
- ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos
- ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior
e ademais a superación das correspondentes probas específicas.
As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas. Tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos conservatorios superiores de música de Galicia.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 22 de maio de 2023.
Datas das probas:
A proba para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 30 de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Música darán comezo o día 12 de xuño en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia
Máis información no DOG do 20 de abril de 2023 e en http://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/113/all
A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23.
1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio non poderá exceder os 1.000 €.
3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.
4. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.
Requisitos: Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos
A proba estruturarase en dúas partes:
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, e Primeira lingua estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en Lingua galega e literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de tres materias do currículo de cuarto curso:
– Xeografía e historia.
– Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas ou Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas.
– Unha materia para escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e xeoloxía, Economía, Física e química, Latín, Ciencias aplicadas á actividade profesional, Iniciación á actividade emprendedora e empresarial ou Tecnoloxía.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311D
Máis información no DOG do 14 de abril de 2023 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu
A explotación do coltán, un mineral que fai posible a tecnoloxía dos móbiles, ordenadores e consolas está no centro dos conflitos bélicos que producen milleiros de vítimas e refuxiados na República Democrática do Congo. A explotación mineira ilegal utiliza man de obra semiescravizada, destruíndo ademais os hábitats de moitas especies, coma o chimpancé e o gorila, en grave perigo debido á caza furtiva e a deforestación. En España soamente acaba sendo reciclado, e recuperado o coltán, o 5% de terminais móbiles.
MOBILízate é unha campaña para a recuperación e reciclaxe de móbiles coa que se pretende contribuír a reducir a demanda dos seus compoñentes e os problemas ambientais que ocasionan, reutilizar elementos útiles, tratar adecuadamente os materiais tóxicos e recadar fondos para os programas de educación e conservación que o Instituto Jane Goodall ten en marcha no Congo.
Así mesmo MOBILízate é unha iniciativa que trata de difundir e apoiar o Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga, dirixido pola veterinaria galega Rebeca Atencia, no que cada día son coidados e alimentados máis de 140 chimpancés orfos, rescatados da caza furtiva e a deforestación.
O CEIDA está a colaborar co Instituto Jane Goodall no ámbito de Galicia, lanzando esta campaña xunto a concellos, centros educativos, entidades, asociacións ou colectivos que tras sumarse á iniciativa establecen puntos de recollida de móbiles nas súas dependencias ou instalacións e divulgan a campaña entre o seu público ou destinatarios. A participación non conleva ningún custo e o envío dos móbiles é gratuíto.
A participación que se solicita a todas as entidades ou colectivos que desexen adherirse á campaña é a seguinte:
- Divulgar a campaña entre o seu público ou destinatarios principais a través dos medios e recursos propios da entidade ou colectivo (web, redes sociais, listas de distribución…).
- Determinar puntos de recollida instalando unha ou varias furnas ou recipientes para que os interesados/as poidan depositar os móbiles.
- Proceder a enviar os móbiles recollidos á empresa recicladora de xeito periódico.
http://www.ceida.org/gl/mobilizate-pola-selva-campana-de-reciclaxe-de-mobiles
Nos seguintes enlaces podes consultar as últimas bolsas convocadas en Galicia e en España tanto para os teus estudos como para formación práctica.
... e si o que precisas son bolsas para estudar no estranxeiro: https://www.scholarshipportal.com/ ou no portal de Eurodesk https://www.eurodesk.es/
Unha tese evidencia o impacto das redes sociais e da autoestima nos trastornos de conducta alimentaria na adolescencia. Nela afóndase en como o traballo social pode axudar ás persoas e familias afectadas.
Na súa tese de doutoramento, a investigadora e traballadora social Paula Frieiro analizou a influencia das redes sociais e da autoestima sobre os crecentes trastornos da conduta alimentaria (TCA) na adolescencia e a posíbel resposta desde o traballo social a estas enfermidades, que están influenciadas por múltiples factores: biolóxicos, psicolóxicos e socioculturais.
Segundo explica a xa doutora, é “transcendental o estudo da autoestima relacionada cos TCA, por vincularse de maneira central coa construción da propia imaxe corporal e por ser un factor mediador no risco de condutas asociadas aos trastornos da conduta alimentaria”. De igual forma, engade, a crecente socialización a través de redes sociais xera situacións de comparativa social, que “caracterízanse por ser frecuentes na adolescencia, oscilando nesta etapa entre un 6% e un 8%”.
Na tese identificouse que o 90% das persoas ás que se diagnostican TCA son mulleres. Froito da investigación, indica que “conclúese necesario impulsar a prevención relacionada co uso das redes sociais, de forma que se fomenten habilidades como o pensamento crítico sobre a información que se percibe a través destes medios. Os primeiros cursos de Educación Secundaria Obrigatoria son determinantes para a prevención-intervención dos TCA”.
A tese abordou a resposta desde o traballo social a esta problemática, subliñando que a intervención e acompañamento social pode conducir a “unha mellora substancial a nivel individual e familiar dos TCA”. A tese apunta que o traballo social pode mellorar o impacto sobre o proxecto de vida da persoa afectada e mellorar as dinámicas familiares.
https://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/handle/11093/4386