O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinado a todos os centros educativos públicos e privados de ensino non universitario de Galicia, así como aqueles de fóra de Galicia nos que se imparten materias en Lingua Galega, que puideron participar con curtametraxes en lingua galega de ata 20 minutos de duración.
E os premiados son...
Categoría A. Infantil e primaria
Primeiro premio: Tempos modernos, do CPR Galén (Lugo)
Segundo premio: Dona Landra no río revolto, do CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu, Pontevedra)
Terceiro premio: O meu barquiño, do CEIP Plurrilingüe Otero Novas (Cortegada, Ourense)
Premio Blanco Amor ao mellor guión: 10 euros, do CEIP O Couto (Ourense)
Mención especial: CAD A Pobra (A Piobra do Caramiñal, A Coruña).
Categoría B. Outros niveis de ensino non universitario
Primeiro premio: Sálvora, do IES A Cachada (Boiro, A Coruña)
Segundo premio: As derradeiras, IES Praia de Barraña (Boiro, A Coruña)
Terceiro premio: Fronteiras, do IES Taboada Chivite (Verín, Ourense)
Premio Blanco Amor ao mellor guión: Serendipia, do IES de Meaño (Meaño, Pontevedra)
Comeza unha nova iniciativa de LIBERA, A Semana VIVA.
Do 25 ao 29 de outubro é a semana de coñecer, de saber, de mostrar, de mostrarse, de esculcar, de investigar; en definitiva, de estar VIVOS! Como o planeta que queremos e polo que desde LIBERA están a traballar.
Por unha terra VIVA!
E para estar vivos é necesario saber, aprender, investigar, sobre todos os problemas que nos afectan para poñerlles solución. Entre todos eses problemas, LIBERA pon o foco na #basuraleza, unha catástrofe ambiental que require dos maiores expertos e expertas no tema para atallala. E por iso LIBERA tráevolos para que vos conten de primeira man como afecta a basuraleza ás contornas, a fauna, a flora... en definitiva aos seres vivos dunha terra viva.
Luns, 25 outubro (10:00 h)
Cales son os resultados de análises de contaminación dos nosos espazos naturais?
Con María Dulsat (CSIC)
Martes, 26 outubro (10:00 h)
Que tipo de residuos atopámonos segundo o espazo natural analizado? App e-Litter
Con María Cabrera (Paisaxe Limpa) e Beatriz López (Vertidos Cero)
Mércores, 27 outubro (10:00 h)
Contaminación física Falemos de microplásticos en ríos!
Con David León (Home e Territorio)
Xoves, 28 outubro (10:00 h)
Pode a basuraleza afectar os pingüíns? Impactos físicos e contaminantes químicos en fauna
Con Andrés Barbosa (CSIC-SEO)
https://proyectolibera.org/semana-viva/
Impactados pola covid-19 é a reportaxe de alumnnado do IES Rosalía de Castro de Santiago, gañadora do concurso Xornalismo na Escola de Prensa-Escuela, organizado pola Voz de Galicia.
Alumnado:
Iria Vilar Regos, Daniela Veiga Pato, Pedro Rey Blanco, Roi García CondeBerta Maside López, Lara Méndez García, Lucía Gil Batalla e Nicolás Rivadulla Losada.
Profesorado:
Profesores de 1.º de ESO C: Alberto Sacido, Laura Pérez Codesido, Rocío Figueroa Guisande, Lourdes Costa Ferrer e Johanna Otero García.
Un dos artigos máis votados foi "Cazando colillas y limpiando Ourense: 15 años de la ley antitabaco" do Colexio Divina Pastora Franciscanas (Ourense)
Alumnado:
Antía García Cerdeira, Gabriel Gallego Salgado, Hugo Fernánez Mazaira e Mario González Salpurido
Profesor:
Gonzalo Sánchez Busons (2º ESO)
"Cazando colillas y limpiando Ourense: 15 años de la ley antitabaco"
Xa podes consultar o Boletín Eurodesk do mes de outubro.
En 2020 durante a presidencia alemá conxunta da Unión Europea e o Consello de Europa, ao redor de 1.000 participantes reuníronse en liña para participar na 3ª Convención Europea de Traballadores no ámbito de Mocidade, por mor da cal se desenvolveu a Axenda Europea para o traballo con mozos e mozas e o que se coñece como o proceso de Bonn para implementala a nivel nacional, rexional e local.
As deliberacións dos participantes na Convención recóllense nunha Declaración final, que busca motivar e guiar sobre o traballo con mozos, así como fortalecer o compromiso político, a todos os niveis, para o mantemento, desenvolvemento e innovación no ámbito da mocidade en toda Europa.
Declaración final da 3ª Convención Europea de Traballadores no ámbito de Mocidade
Igualdade da Xunta de Galicia desenvolve nas redes sociais unha campaña de concienciación contra a violencia de xénero. Co título Haters da Violencia de Xénero quérese brindar mensaxes de rexeitamento ante calquera comportamento ou conduta baixo a que subxacen situacións de violencia de xénero.
A iniciativa, enmarcada no conxunto de actuacións desenvolvidas en Galicia no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, ten por obxectivo conseguir que a sociedade en xeral e a mocidade en particular, rexeiten a violencia de xénero e aprendan a identificar as condutas e accións, especialmente as que se sitúan no plano psicolóxico, as máis difíciles de detectar, xa que, en ocasións, acéptanse e mesmo descúlpanse.
O Consello da Cultura Galega presentou un especial podcast que achega a tradución que fixo a poeta galega Xela Arias dos Contos ao teléfono de Gianni Rodari.
Son doce contos do libro Contos ao teléfono que o contable Bianchi de Varese inventaba cada noite para contarlle por teléfono á súa filla cando estaba fóra da casa por traballo. Historias curtas que foron traducidas por Xela Arias e o seu pai, Valentín Arias, a finais dos oitenta e que agora o CCG adaptou, a través da voz de Charo Pita, para formato sonoro.
O especial web conta cunha ilustración realizada por Bea Gregores (Vigo, 1995)
No DOG do 8 de outubro recollense as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que modifican ordes anteriores.
3.26. Actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil e albergues e campamentos xuvenís.
1. Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil sempre que se limite o número de participantes ao noventa por cento da capacidade máxima.
2. As actividades que se realicen por grupo deberán traballar procurando limitar o contacto entre eles. Cada grupo terá asignado, cando menos, un monitor, que se relacionará sempre co seu mesmo grupo. Así mesmo, primaranse as actividades que non requiran contacto físico e non se poderán realizar actividades que impliquen contacto físico constante entre participantes.
3. Os albergues e campamentos xuvenís poderán manter unha ocupación de ata o setenta e cinco por cento da súa capacidade máxima.
Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións de acordo co establecido no punto 1.3*
No caso dos campamentos, a ocupación nas tendas de campaña será do 75 % da súa capacidade máxima habitual, garantindo sempre a distancia interpersoal.
* 1.3. Distancia de seguridade interpersoal.
Na organización das distintas actividades deberán adoptarse as medidas necesarias para garantir a distancia interpersoal mínima de 1,5 metros, establecida pola Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, entre grupos de persoas non conviventes.
Cando, polas condicións de desenvolvemento da actividade e capacidade máxima autorizadas en cada caso de acordo coas medidas de prevención previstas neste anexo, non sexa posible manter a dita distancia de seguridade, non se permitirá o consumo de alimentos e bebidas, deberá usarse máscara en todo momento, garantir unha adecuada ventilación e o cumprimento das medidas de prevención e hixiene aplicables, de acordo co establecido neste anexo, sen prexuízo de que se deba procurar manter a máxima separación posible entre os diferentes grupos de persoas non conviventes, así como o debido control para evitar as aglomeracións.
Dende a Federación Autismo Galicia, presentan un novo video dentro do Proxecto CoidamosTEA, nesta ocasión sobre a Alimentación na persoa con TEA
Outros videos da serie dispoñible na súa canle de youtube:
- Sono e a hixiene do descanso.
- Apoio condutual positivo
- O desenvolvemento afectivo-sexual na adolescencia.
- Habilidades sociais
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, achegouse hoxe ao proxecto Conecta Galicia 2021, que leva a cabo a Asociación de Estudantes de Intercambio de Santiago de Compostela (ESN Santiago) a través do programa Iniciativa Xove. Esta proposta ten como obxectivo crear unha conexión cos estudantes locais galegos e os internacionais a través dunha programación de actividades de formación e concienciación medioambiental, de patrimonio cultural, de igualdade de xénero, de inclusión social ou de respecto á diversidade.
Cristina Pichel puxo en valor a realización destas actividades, xa que, ademais, de permitir compartir diferentes culturas e aprender delas, traballan na integración dos universitarios estranxeiros que durante o curso 2021-2022 acompañarán aos estudantes locais nas cidades de Lugo e Santiago.
O proxecto Conecta Galicia 2021 tamén fomenta o Camiño de Santiago e as tradicións da nosa comunidade autónoma a través do baile, a música, a gastronomía, os xogos tradicionais, a aprendizaxe da nosa lingua ou a transmisión oral de lendas populares.
A Administración autonómica financia a través de Iniciativa Xove 85 proxectos liderados pola xuventude, nos que a mocidade é a protagonista, a través da planificación e realización das actividades. O Goberno galego achega preto de 400.000 euros a este programa, ao que xa leva destinado 6 millóns de euros para financiar unhas 1.500 ideas desde que se puxo en marcha hai 11 anos.