Novas e actividades (1289)

O proxecto socio-educativo “Ao Son da Nosa Música”, realizou un traballo de investigación nos meses de outubro e novembro en 20 centros educativos galegos das catro provincias. Contou coa participación de alumnado desde 5º de primaria ata 2º de Bacharelato e foron pesquisados os seus hábitos musicais tanto dentro como fóra do centro escolar. A enquisa puxo especial fincapé na presenza da lingua galega na música que escoitan

Máis do 50% nunca asistiu a un concerto de música en lingua galega na súa vida e un 40% do alumnado enquisado non coñece ningún artista ou grupo que cante en galego.

En relación aos hábitos de consumo de música, un 62% nunca mercou música. Entre o 38% que si o fixo un 45% investiu en música en castelán, un 35% música en inglés e tan só un 17% asegura que mercou música en galego. En canto aos medios dixitais que se empregan para escoitar música YouTube destácase como o máis empregado cun 86%, seguido por Spotify cun 74%, TikTok cun 52% e a radio cun 35%. Así mesmo, revélase que as redes sociais, a partir dos 13 anos, son a maior influencia na formación do gusto musical, seguida de preto do grupo de amizades.

Guadi Galego, SÉS, Tanxugueiras ou a Banda da Loba son as artistas máis coñecidas pola rapazada. En canto aos estilos: o Pop, o Reggaetón e o Rap son os xéneros preferidos adolescente cun 64%, 53% e 44% respectivamente.

Este proxecto lévase adiante por Manuel Maseda Deán e Martiño Ramos Soto.

https://sites.google.com/view/aosdnm/enquisas 

A Comisión Europea publicou o seu último informe sobre a mocidade, que ofrece unha visión xeral da situación dos mozos e mozas europeos en termos de educación, formación, aprendizaxe, emprego e participación cívica e política.

Informe sobre a mocidade europea

A Comisión Europea publica a Guía de Erasmus+ para 2022.

As novidades máis importantes introducidas son as seguintes:

- Proxectos con visión de futuro: diversos proxectos novos a gran escala impulsarán a educación inclusiva e de gran calidade, así como a adaptación dos sistemas de educación e formación á transición ecolóxica.

- Intercambios con terceiros países: grazas aos fondos procedentes de instrumentos exteriores da UE, os terceiros países terán a oportunidade de participar en proxectos e intercambios específicos, especialmente nos ámbitos da educación e a formación profesionais e do deporte.

- DiscoverEU máis inclusiva: DiscoverEU ofrece aos mozos e mozas de 18 anos a oportunidade de viaxar por Europa. Cada ano organízanse dúas roldas de solicitudes para repartir bonos de viaxe gratuítos. A partir de 2022, convocaranse roldas concretas para que as organizacións axuden a aínda máis persoas novas con menos oportunidades a participar en DiscoverEU.

- Un achegamento da UE aos centros escolares: aprender cales son os obxectivos e o funcionamento da Unión Europea é unha parte importante do fomento da cidadanía activa e os valores comúns de liberdade, tolerancia e non discriminación. As accións Jean Monnet, que promoven o ensino sobre a UE, levarán a cabo para os centros escolares e para os alumnos de todas as idades, tanto na educación xeral como na profesional, mediante diversas actividades, por exemplo, visitas de estudos.

- Un financiamento máis simplificado dos proxectos de cooperación: Erasmus+ ofrece a posibilidade de que os beneficiarios dos proxectos que formen parte de asociacións de cooperación soliciten un importe a tanto alzado para levar a cabo os seus proxectos. Isto reduce considerablemente a carga administrativa relativa á solicitude, a xestión do proxecto e a presentación de informes.

Calquera organismo público ou privado activo nos ámbitos da educación, a formación, a mocidade e o deporte pode solicitar financiamento coa axuda das axencias nacionais de Erasmus+

Guía Erasmus+https://erasmus-plus.ec.europa.eu/es/node/2699 

Eurodesk é unha fonte de información europea para as persoas mozas sobre voluntariado, formación, estudos e oportunidades laborais no estranxeiro e está a organizar unha enquisa sobre a información á mocidade europea.

A enquisa diríxese aos mozos de entre 13 e 35 anos, tanto se viviron ou non unha experiencia de mobilidade. Esta enquisa adoita empregar termos como 'experiencia de mobilidade', ou 'vivir no estranxeiro', ou 'irse ao estranxeiro'. Todos estes termos describen calquera estudo, aprendizaxe non formal, aprendizaxe informal, cursos de formación, seminarios, intercambios xuvenís, prácticas, voluntariado ou experiencia laboral nun país estranxeiro. As túas respostas permitirán que Eurodesk, así como outras institucións europeas e nacionais, melloren os seus servizos.

Só tardarás 10 minutos en facer a enquisa e poderás participar no sorteo dun premio fantástico!

https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/EDsurvey2021 

O 22 de novembro foi o día internacional da Música...  podes alongar a celebración escoitando aos gañadores e gañadoras da modalidade de música de Xuventude Crea 2020.

amorodo1

 

 

 Amorodo. "Estilo Amorodo"

 

battosai1

 

 

Battosai. "Cuánto tiempo"

 

mundonuno

 

 

Mundo Prestigio. “Mundo nuno”

 

burgasvandal2

 

 

Burgas Vandal. "Inimigo"

  

sistole2

 

 

Sara Sístole. "Deberíamos matarnos"

 

panic2

 

Panic Light. "Burn it higher"

UNICEF España presenta un informa realizado Antonio Rial, profesor de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e Fernando Suárez, presidente do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática

É unha investigación realizada sobre o impacto da tecnoloxía na nenez e a adolescencia.

O estudo recolle as opinións de máis de 50.000 estudantes da ESO, dos que o 90,8% conéctase a Internet todos ou case todos os días. Aínda que recoñecen que a Rede lles pode facer sentir alegría (96,9%), relaxación (81,6%) ou diversión (78,9%), do informe tamén se desprenden datos preocupantes, o 42% dos enquisados asegura recibir algunha vez mensaxes de contido erótico/sexual e un de cada dez recibiu, a través de redes, chats, Internet ou videoxogos, unha proposición sexual por parte dun adulto. Amais, un de cada cinco podería estar a sufrir ciberacoso.

Tamén preocupan o xogo e as apostas online, xa que se estima que 70.000 estudantes de ESO fixérono algunha vez na súa vida; o 44,3% deles di que a súa motivación foi gañar diñeiro. E, aínda que un 25% dos enquisados asegura ter discusións cos seus pais, nais ou coidadores pola tecnoloxía polo menos unha vez á semana, o informe constata que “só ao 29,1% os seus pais póñenlles límite ou normas sobre o uso de Internet e/ou as pantallas”.

Con motivo do lanzamento deste informe, UNICEF España puxo en marcha unha campaña de sensibilización dirixida a pais e nais de nenos que acaban de entrar en Internet ou que están a piques de facelo, co obxectivo de “propor ás familias que acompañen ás súas fillas e fillos nesa vida dixital que agora comezan”. Baixo o cancelo #SuMayorInfluencer, a campaña, desenvolvida pola axencia Chocolate, quere “derrubar medos e inspirar cambios a través da idea de que, do mesmo xeito que noutros ámbitos, na contorna dixital os pais e nais son a maior influencia para os seus fillos: tamén aquí poden ser os seus maiores influencers”.

A campaña conta con recursos para as familias, ás que convida a compartir as súas experiencias educando na era dixital, xerando unha comunidade receptiva, disposta a dar o paso para ser un exemplo no uso saudábel, construtivo e equilibrado da tecnoloxía.

https://www.unicef.es/publicacion/impacto-de-la-tecnologia-en-la-adolescencia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (USC, UDC e UVigo), organizan a Olimpíada Informática Galega 2022 (OIG 2022) que se celebrará o vindeiro 4 de febreiro.

A OIG 2022 desenvolverase de xeito presencial, sempre que a situación sanitaria o permita, e de maneira simultánea en tres sedes: A Coruña, Santiago e Ourense (Facultade de Informática da UDC, Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC e Escola Superior de Enxeñaría Informática da UVigo).

As persoas participantes deberán resolver unha serie de problemas mediante unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Na OIG permítese o uso de C++, Python ou Java. Os problemas da olimpíada soen centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos.

Este concurso de programación está orientado a estudantes de ensinanza secundaria, bacharelato e grao medio que non teñan máis de 20 anos o 1 de xullo de 2022.
Permitirá seleccionar a dous representantes galegos para que participen na Olimpíada Informática Española, que se celebrará en abril de 2022. De aí, os gañadores poderán acceder á Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará en agosto de 2022 en Indonesia. A inscrición a cada unha das sedes aínda non está aberta, pero si está aberta unha pre-inscrición que dará preferencia para a elección de sede na inscrición final.

O vindeiro venres 26 de novembro dará comezo un curso de preparación para os participantes da OIG 2022, formación organizada pola academia Leagues of Code. O curso, de balde grazas a un acordo establecido coa Olimpíada Informática Española (OIE), “permitirá aos inscritos nesta proba galega adestrarse para o campionato durante varias semanas”, explica o CPEIG, lembrando que a actividade formativa é apta para todos os niveis, mesmo para os participantes que xamais se tiveran iniciado en programación.

O curso contará cunha proba de nivel, e en función do seu resultado o alumno será asignado a un grupo adaptado aos seus coñecementos previos.
A formación comporase de clases e exercicios semanais. As clases serán a través de Zoom durante as fines de semana. Trataranse os algoritmos e estruturas de datos e usarase o C++ como linguaxe de programación. “Os exercicios semanais serán través da plataforma Codeforces para aprender a escribir un código propio e resolver problemas interesantes”, engadiu o colexio

https://oig.gal/ 

aroO Consello da Cultura Galega e o Observatorio do Patrimonio Lúdico poñen en marcha un páxina web de xogos populares galegos e unha aplicación móbil dispoñíbel para Android e Apple.

Tanto unha ferramenta coma outra conteñen información de medio centenar de xogos que se poñen a disposición da cidadanía, entre os que se atopan, entre outros moitos, a pita cega o puño puñete, a petanca, a chave ou a cadeira de raíña. Tamén hai propostas para empregar con diversos trebellos, como a mítica billarda, de cuxos procedementos se nos informa polo miúdo.

O proxecto foi concibido para que os xogos poidan ser recuperados e usados, achegando un apoio para nais, pais e docentes que queren incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para que poidan consultala con facilidade en interior e en exterior, no rural e no urbano.

http://xogostradicionais.consellodacultura.gal/ 

O Concello de Ames regula o Consello sectorial de nenos e nenas de 6 a 12 anos.

O Concello de Ames "considera necesario a constitución de iniciativas de participación infantil que permitan unha visibilización da infancia e os seus dereitos, crendo firmemente nas potencialidades de nenos e nenas, compartindo os seus espazos, realidades e necesidades, adecuando os recursos, instrumentos, criterios, obxectivos e plans de traballo ás inmensas potencialidades do devandito colectivo.
O Consello Sectorial dos Nenos e Nenas do Concello de Ames é o marco idóneo de participación social que este colectivo merece e necesita, fomentándose desta forma unha relación máis positiva coa comunidade e o mundo adulto, adoptando un papel comprometido en todos os ámbitos nos que se desenvolve a súa vida."

Regulamento do Consello Sectorial dos Nenos e Nenas en Ames

 

Nesta edición do concurso O Ollo de Vidro, organizado pola EOI de Vigo, o IES Castelao, IES Pino Manso do Porriño e que conta coa colaboración de Política lingüítica, participaron máis de 30 proxectos audiovisuais, desde escolares a profesionais, con distintos formatos: booktrailers, booktoubers e recomendacións lectoras. Os 10 finalistas foron proxectados no Festival de Cans.

Premio do xurado: A metamorfose, de Kafka. Audiovisual de Belén Ocampo Falconi

Premio do público: A odisea de Ollie, de Joice. Un booktrailer de Daniela Pérez López

Premio Festival de Cans: Árbores no deserto de Rosalía Fernández Rial. Vídeo realizado por Antía Ameixeiras e a autora do libro

Mención Especial polo seu labor de promoción da lectura de xeito ameno e divertido: 3500 vidas para vivir. Un booktrailer de Lúa Soto