Novas e actividades (961)

No DOG do 14 de marzo publicanse as subvencións que concedeu a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil.
Programa:  Servizo de Voluntariado Xuvenil para a incorporación de persoas mozas galegas nas actividades dos proxectos de voluntariado das entidades de acción voluntaria e das entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

DOG do 14 de marzo

No DOG do 11 de marzo de 2019 publícanse as subvencións concedidadas a través do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

DOG do 11 de marzo de 2019

No DOG do 6 de marzo de 2019 publícanse as subvencións que concedeu a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado no ano 2018

DOG do 6 de marzo de 2019

O Hospital Psiquiátrico de Conxo de Santiago de Compostela precisa persoas voluntarias para levar a cabo o seu programa de voluntariado que ten por beneficiarios ás persoas ingresadas con algunha doenza psiquiátrica, cos obxectivos principais de mellorar a súa estadía no hospital e a súa calidade de vida en xeral.

Se estás interesado en colaborar como voluntario/a tan so tes que encher este formulario e en breve poñeranse en contacto contigo:  formulario

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca a primeira edición do programa Parlamento Xove, categoría universitaria.

Obxectivo: fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias.

Destinatarios: mozos e mozas estudantes de grao dos sete campus universitarios das tres universidades galegas matriculados no curso académico 2018/2019.

Prazas: poderán participar un máximo de 8 equipos. Cada equipo estará composto entre dous (2) e catro (4) mozos/as.

Inscrición: os equipos interesados en participar deberán enviar telematicamente o formulario de preinscrición dispoñible na páxina web oficial da competición do 11 ao 15 de marzo de 2019.

Unha vez adxudicadas as prazas, os equipos seleccionados deberán enviar por correo o formulario de inscrición (inclúe a composición do equipo) entre o 18 de marzo e o 22 de abril de 2019 á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Fases da competición: a competición terá dúas fases unha primeira fase clasificatoria e unha fase final de eliminatoria directa. Tendo en conta que por primeira vez se abre este programa á categoría universitaria, as dúas fases terán lugar na mesma fin de semana (venres en horario de tarde e sábado en horario de mañá).

Consulta as bases e o regulamento nos seguintes enlaces:

BASES

REGULAMENTO

Máis información:

981 545822
parlamentoxove.xuventude@xunta.gal

www.parlamentoxove.com

No DOG do 27 de febreiro de 2019 publicanse as subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial en virtude da Orde do 30 de abril de 2018 dentro do programa Iniciativa Xove nas provincias da Coruña e Ourense.

Provincia da Coruña

Provincia de Ourense

No DOG do 25 de febreiro de 2019 publícase unha modificación dos prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

O prezos están publicados no DOG do 8 de abril de 2016

Modificacións:

Campamentos:
Actividades náuticas. Por día 17,25 €
Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas. Por día 14,67 €
Actividades turístico-deportivas. Por día 17,25 €

Albergues:
Actividades náuticas. Por día 19,33 €
Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas. Por día 18,5 €
Actividades turístico-deportivas. Por día 18,5 €

No DOG do 21 de febreiro publícanse as instrucción da ABAU

A proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) estruturarase en dúas partes denominadas: parte obrigatoria e parte voluntaria.

A parte obrigatoria da proba versará sobre as materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura, todas elas correspondentes ao segundo curso de bacharelato:

abauobrigatoria


O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse de forma voluntaria dun máximo de catro materias, que elixirá entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués) da Segunda Lingua Estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais.

abauvoluntaria

As probas correspondentes a estas materias teñen carácter voluntario e teñen por obxecto a avaliación dos coñecementos e a capacidade de razoamento nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretenden cursar e permiten mellorar a nota de admisión.


As probas:

- O alumnado realizará os exercicios da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade nos lugares que determine a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG).
- Farase unha proba por cada unha das materias obxecto de avaliación. Cada proba constará dun mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas.
- Os exercicios adecuaranse ao currículo do bacharelato, e versarán sobre as materias do segundo curso.
- Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes, entre as cales os e as estudantes deberán elixir unha.
- Para a realización dos exercicios, o alumnado poderá empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os exercicios correspondentes a Lingua Castelá e Literatura II, Lingua Galega e Literatura II e Primeira e Segunda Lingua Estranxeira II deberán realizarse nos seus respectivos idiomas.
- Cada unha das probas da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade terá unha duración de 90 minutos. Establecerase un descanso entre probas consecutivas de, como mínimo, 30 minutos.
- A avaliación de bacharelato para o acceso á universidade terá unha duración de tres días.
- Preferentemente, as probas contextualizaranse en contornos próximos á vida do alumnado: situacións persoais, familiares, escolares e sociais, ademais de contornos científicos e humanísticos.
- Cada unha das probas conterá preguntas abertas e semiabertas que requirirán do alumnado capacidade de pensamento crítico, reflexión e madurez. Ademais destes tipos de preguntas, poderanse utilizar tamén preguntas de opción múltiple, sempre que en cada unha das probas a puntuación asignada ao total de preguntas abertas e semiabertas alcance, como mínimo, o 50 %:

1. De opción múltiple: preguntas cunha soa resposta correcta inequívoca e que non exixen construción por parte do alumno ou da alumna, xa que este/a se limitará a elixir unha de entre as opcións propostas.
2. Semiabertas: preguntas con resposta correcta inequívoca e que exixen construción por parte do alumno ou da alumna. Esta construción será breve, por exemplo un número que dea resposta a un problema matemático, ou unha palabra que complete unha frase ou dea resposta a unha cuestión sempre que non se facilite unha lista de posibles respostas.
3. Abertas: preguntas que exixen construción por parte do alumno ou da alumna e que non teñen unha soa resposta correcta inequívoca. Englóbanse neste tipo as producións escritas e as composicións plásticas.

Datas:
No curso 2018/2019 realizaranse dúas convocatorias da proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU):
- Xuño: mércores 12, xoves 13 e venres 14
- Xullo: mércores 10, xoves 11 e venres 12

Ponderación de materias: http://ciug.gal/PDF/pond19.pdf

Exames (cursos pasados): http://ciug.gal/exames.php

Máis información:  http://ciug.gal/index.html