Novas e actividades (961)


A Axencia Turismo de Galicia convoca o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores.

O programa Elixe Galicia, contará con catro modalidades de viaxes:

1. Vacacións en zonas costeiras. Prezo a pagar polo usuario/a: 180 €
2. Historia e Cultura. Prezo a pagar polo usuario/a: 129 €
3. Natureza e montaña. Prezo a pagar polo usuario/a: 129 €
4. Estadías en Balnearios. Prezo a pagar polo usuario/a: 222 €

Requisitos das persoas beneficiarias:
a) Estar empadroado/a en algún dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia con unha antigüidade mínima de dos anos anteriores.
b) Solicitar praza para destinos distintos a súa provincia de residencia, salvo que non exista oferta nesa provincia.
c) Poder valerse por si mesmos para realizar as actividades básicas da vida diaria, coa excepción das persoas con discapacidade nas condicións especificadas para cada colectivo.
d) Efectuar o pago do prezo estipulado.

Mozos/as menores de 30 anos:
As solicitudes para este colectivo poderán ser individuais ou colectivas.
Existen prazas reservadas a persoas con discapacidade, con máis do 33 % que poderán ir acompañados/as doutro mozo/a menor de 30 anos.

Prazo de solicitude e reserva de praza:
Solicitude do 1 ao 31 de outubro de 2020
Reserva do 1 ao 15 de febreiro de 2021

Datas: Do 10 de marzo ao 15 de novembro de 2021, con excepción do período comprendido entre o 21 de xuño e o 10 de setembro e en períodos de Semana Santa, pontes e festivos.

Máis información en www.turismo.gal

Aquí podes consultar axudas que se van convocando ao longo do ano tanto para a contratación de mozos e mozas como para autoemprego.

Temén podes consultar que pasos tes que dar para crear unha empresa.

Axudas á contratación

O Consello da Cultura Galega pon en marcha a páxina web do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos.

O arrinque deste novo sitio en liña coincide de xeito significativo coa celebración, o 1 de outubro, dos 89 anos da aprobación do dereito das mulleres ao voto.
En palabras da presidenta do consello, Rosario Álvarez, trátase dun arquivo que, amais de inventariar, documentar, preservar e dispoñer os fondos, quere actuar como incitador á reflexión, divulgador e dinamizador da sociedade galega.

Desde o CDIF buscase iniciar traballos que contribúan á incorporación plena das mulleres na historia, na ciencia, na arte, nos medios de comunicación, nas formas da fala, na Galicia interior e na exterior a través de informes, recursos e materiais que “non asuman representacións tópicas, idealizadas ou ideoloxizadas da muller galega e que reflictan as realidades plurais vividas polas mulleres galegas”.

http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=3192

Seo Birdlife convoca todos os anos prazas de voluntariado nos proxectos que desenvolven.

Interésache?: https://www.seo.org/voluntariado/

 

Agora é o momento.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) concede axudas ás empresas fonográficas para o para o fomento e profesionalización do talento musical, en concreto para o lanzamento de novos/as artistas musicais subvencionando unha primeira produción fonográfica ou para o apoio á consolidación do artista.

A finalidade destas axudas é o impulso aos proxectos de deseño, preprodución, produción, edición e promoción de produtos fonográficos (fonogramas e videoclips) que deba conter maioritariamente obra de artistas galegos ou que estén interpretadas por músicos galegos, realizadas por parte de empresas con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipos de axudas:
- Modalidade A: subvencións para o lanzamento dun artista musical coa edición da súa primeira produción fonográfica.
Estarán dirixidas a aquelas empresas de produción fonográfica que presenten proxectos de artistas que non teñan un primeiro álbum (cun mínimo de 30 minutos publicados) ou dez singles-videosingles.
O importe da subvención non superará os 2.000 euros e será, como máximo, o 65 % do orzamento total do proxecto presentado.

- Modalidade B: subvencións para o apoio á consolidación do artista.
Estarán dirixidas a aquelas empresas de produción fonográfica que presenten proxectos de artistas que xa teñan un primeiro álbum (cun mínimo de 30 minutos publicados) ou dez singles-videosingles publicados e non máis de catro álbums ou corenta singles-videosingles.
O importe da subvención non superará a cantidade de 10.000 euros nin o 65 % do orzamento total do proxecto presentado.

Ás empresas teñen de prazo ata o 2 de novembro de 2020 para solicitar as axudas.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código CT402F
Máis información no DOG do 1 de outubro de 2020 e en http://www.agadic.gal/

No DOG do 1 de outubro de 2020 publícase a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas, as desistencias, das persoas excluídas e a lista de agarda na Residencia Xuvenil Altamar, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, para o curso académico 2020/21

DOG do 1 de outubro de 2020

O Parque Tecnolóxico de Galicia lanza unha plataforma formativa de ciencia e tecnoloxía, en colaboración coa empresa Ceo Aberto, especializada na educación e divulgación científica. Esta plataforma de aprendizaxe online, denominada STEAMbites, vaise desenvolver desde o Parque Tecnolóxico de Galicia para todo o ámbito nacional.

Esta iniciativa vai dirixida a rapaces e rapazas de 8 a 16 anos interesados en afondar nos seus coñecementos no eido da ciencia e a tecnoloxía.

Esta proposta, que xorde como unha alternativa á formación tradicional, emprega un modelo educativo no que se traballa por proxectos, con materias que comparten coñecementos. De aí nace o concepto STEAM, acrónimo en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas. Así, STEAMbites parte dunha metodoloxía “learn by doing” (“aprender facendo”), baseada na experiencia práctica para adentrarse en contidos STEAM.

Os alumnos recibirán nas súas casas un kit con materiais científicos

Os alumnos terán á súa disposición un kit con materiais específicos para que eles mesmos poidan experimentar, manipular e realizar nas súas casas as diferentes propostas e retos didácticos que os mestres lles irán propoñendo. O kit permite garantir unha formación totalmente activa, xa que, durante a transmisión online, os participantes poderán realizar as experiencias amosadas de xeito simultáneo co seu profesor. Este kit inclúe un microordenador con diversos complementos, paper crafts para a creación de proxectos de ciencia e materiais de laboratorio para o desenvolvemento de proxectos científicos.

O lanzamento desta plataforma arranca con dous cursos, que comezan o 2 de outubro e rematan o 17 de decembro.

Para mozos de 12 a 16 anos
Os participantes no curso STEAM 101 adentraranse, entre outras materias, en ciberseguridade e hacking ético, programación de microordenadores ou deseño 3D. Aprenderán, ademais, a crear as súas propias aplicacións para móbil de xeito rápido e sinxelo, ao tempo que descubrirán o mundo da realidade aumentada e virtual, e mesmo se achegarán á cociña molecular.

Para nenos de 8 a 12 anos
Os participantes no curso STEAM KIDS iniciaranse, partindo do entretemento, na programación a través de Microbit e nos coñecementos matemáticos e científicos de Minecraft. Convertiranse tamén en construtores dos seus propios prototipos mediante ferramentas 3D e introduciranse no mundo maker a partir de circuítos con plastilina, postais luminosas, stop motion e hologramas.

O equipo de profesores está integrado por científicos, expertos en comunicación e programadores

A matrícula nestes cursos está aberta na páxina web www.steambit.es

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de doce Espazos Xove distribuidos nas catro provincias:  Ourense, Betanzos, Carballo, Curtis, Pondedeume, Noia, Lalín, Tui, Vilagarcia, Chantada, Vilalba e Viveiro.

Nestes Espazos ademáis de informar a mocidade dos programas, actividades e servizos que dispón a Xunta de Galicia, realiza actividades propias e cede instalacións a asociacións xuvenís e entidades xuvenís para a realización de actividades puntuais, preferentemente destinadas a mozos/as de entre 14 a 30 anos.

Como consecuencia da situación de crise sanitaria motivada pola Covid-19 elaboráronse os seguintes documentos de interese tanto para as asociacións e entidades xuvenís en xeral, como para a mocidade en particular, e que se poden ver aquí:

- Protocolo para os Espazos Xove. DESCARGAR AQUÍ

- Declaración responsable para entidades con sala cedida no Espazo Xove. Aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado para realizar a actividade. DESCARGAR AQUÍ

- Declaración responsable para participantes en actividades organizadas polo Espazo Xove. Aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado, para participar na actividade. DESCARGAR AQUÍ

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEG) pon a disposición de estudantes e mestres unha web desde a que poden descargar unidades didácticas e participar en xogos para familiarizarse co uso e cos servizos do número 112.

Preténdese “aumentar as capacidades dos cativos e das familias para saber reaccionar ante unha situación de verdadeira urxencia e adoptar as medidas de protección pertinentes”.

A web vén acompañada dos integrantes da familia galega máis popular do ámbito audiovisual e da banda deseñada: Os Bolechas.

https://osbolechas.gal/112/

Equipo Europa

Set 18, 2020

Equipo Europa xurdiu a partir da Campaña #EstaVezVoto, impulsada polo Parlamento Europeo, co obxectivo de promover a participación electoral nas Eleccións europeas.

Ao comezo da campaña, eran só sete mozos madrileños, mais, en pouco tempo, multiplicáronse os seguidores en redes sociais e moitos mozos apuntáronse a ser Informadores Europeos en toda España. Déronse conta, daquela, de que debían continuar.

Deste xeito, un grupo de voluntarios da campaña, impulsados polo seu interese na UE, decidiron constituírse formalmente como equipo para promover non só as Eleccións Europeas do 2019, senón tamén a UE en sí mesma.

Equipo Europa conta con 12 delegacións rexionais, 600 socios dentro e fóra de España e 2800 seguidores en redes sociais.

A súa misión como asociación pasa por achegar a UE á xuventude e promover a participación política da mocidade.

Así, baixo o marco de valores como o europeísmo, o apartidismo e a participación, promove eventos, campañas e programas, que perseguen activamente a inclusión de todos/as socios/as que queiran manterse activos.

Dende cursos de verán ata iniciativas para concienciar sobre o medio ambiente, pasando por eurodebates e almorzos con todo tipo de relatores/as.


Se tes entre 14 e 30 anos, e queres descubrir cómo a túa voz conta en Europa, preme nos enlace para descubrir cómo formar parte desta asociación:

https://equipoeuropa.org/

https://equipoeuropa.org/unete/

As inscricións a novos socios/as estarán abertas ata o día 30 de setembro. Bule!!