Novas e actividades (856)

logoSondoCaminhoParticipa no sorteo de 6 entradas para o festival "O Son do Camiño 2018" que terá lugar no Monte do Gozo, Santiago de Compostela, os días 28, 29 e 30 de xuño.

Podes participar enviando xa este formulario e ata as 9:00 h do día 26 de abril de 2018.

O sorteo terá lugar o venres, 27 de abril de 2018, as 12:00 h.

Máis información sobre o festival: http://www.osondocamino.es

GAÑADORES:

Elena Tapias Gomez
Sofía Fontenla Cortés
Angeles Fernández Liste
Olaia Castro piñeiro
Teresa Ventín Picallo
Carlos Fernández Gómez

SUPLENTES:

David Garcia Prieto
Alba Mourelos Pernas
Zaira López Castro

Os gañadores poñerse en contacto na dirección de correo carne.xove@xunta.gal para enviarlles as entradas.

O Plan Estatal 2018-2021 estrutúrase nos seguintes programas:

1. Programa de  subsidiación de préstamos convidos.
2. Programa de axuda ao aluguer de vivenda.
3. Programa de axuda ás persoas en situación de desafiuzamento ou lanzamento da súa vivenda habitual.
4. Programa de fomento do parque de vivenda en aluguer.
5. Programa de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas.
6. Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.
7. Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural.
8. Programa de axuda aos mozos/as.
9. Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade.

Programa de axuda á mocidade

Este programa regula dúas opcións de axudas para os mozos:
1. Axuda para o aluguer de vivenda habitual e permanente.
2. Axuda para a adquisición de vivenda habitual e permanente localizada nun municipio de pequeno tamaño.

Requisitos:
a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda.
b) Ter menos de trinta e cinco anos no momento de solicitar a axuda.
c) Que a vivenda arrendada ou a arrendar, constitúa ou vaia a constituír a residencia habitual e permanente do arrendatario.
d) Que as persoas que teñan o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de arrendamento, teñan, en conxunto, uns ingresos iguais ou inferiores a tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples ( IPREM).
Devandito limiar será de catro veces o  IPREM se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou de persoas con discapacidade e de 5 veces o  IPREM cando se trate de familias numerosas de categoría especial ou de persoas con discapacidade.
e) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento o sexa por unha renda igual ou inferior a 600 euros mensuais.
f) Que a vivenda esté nun municipio de pequeno tamaño cunha poboación residente inferior aos 5.000 habitantes.

A contía da axuda ao aluguer será de ata o 50 % da renda mensual que deba satisfacer o beneficiario polo aluguer da súa vivenda habitual e permanente para os primeiros 600 euros.
A contía da axuda á adquisición de vivenda será de ata 10.800 euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de adquisición da vivenda.

A axuda ao aluguer concederase aos beneficiarios polo prazo de tres anos.

O prazo para solicitar as axudas abrirase coa convocatoria que fagan as Comunidades Autónomas.

Máis información no BOE do 10 de marzo de 2018

No DOG do 6 de marzo de 2018 publícanse as subvencións concedidas no programa Iniciativa Xove nas provincias da Coruña e Lugo

Iniciativa Xove en Lugo

Iniciativa Xove na Coruña

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha o proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).

No medio rural tamén se erixen hoxe novas oportunidades e recursos susceptibles de seren valorizados, tanto para a creación de novas empresas coma para empregos que aporten valor engadido ás xa existentes. Para isto, é preciso por a disposición da xente moza mecanismos que lles axuden a descubrir estas oportunidades, impulsando os seus proxectos de inserción sociolaboral e converter deste xeito á xuventude no maior activo para o desenvolvemento local.
 
Obxectivos. Os obxectivos específicos do proxecto son:
1. Axudar aos mozos/as a coñecer e valorizar máis e mellor o territorio rural e descubrir as oportunidades que este lles ofrece no eido profesional e social.
2. Impulsar a aprendizaxe pola práctica, aplicando a metodoloxía da alternancia e a colaboración co tecido empresarial.
3. Prestar apoio e seguimento individualizado e/ou grupal aos proxectos de emprego/ empresa ou de carácter social xerados, garantindo a súa consolidación no territorio.
4. Fomentar a introdución da innovación no marco dos itinerarios de inserción sociolaboral, baseada fundamentalmente na aplicación das TIC na xestión empresarial, comercial e social.
5. Promover a autonomía e o empoderamento da xuventude no rural, como actores sociais dos seus territorios para favorecer a súa promoción persoal e social, así coma a súa incorporación a redes de partenariado no territorio.

Destinatarios/as: mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos  en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.
Número de prazas: 60.
Duración: de marzo a outubro de 2018.
Prazo de inscrición: do 26 de febreiro ao 12 de marzo de 2018.

Inscricións: mediante o envío do formulario electrónico que figura ao final desta convocatoria.

Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, con indicación do día e lugar de inicio da fase de formación.

Se no prazo dos cinco días seguintes á finalización do prazo de inscrición, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, se entende que non obtiveron praza.

Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, con indicación do día e lugar de inicio da fase de formación.

Se no prazo dos cinco días seguintes á finalización do prazo de inscrición, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, se entende que non obtiveron praza.

Actividades:

1. Safari de emprego no territorios.
Duración: 3 meses (abril-xuño 2018). 12 sesións.
Sesións de 1 día a semana (3/4 h), onde se analizarán casos prácticos de éxito,  traballarase iniciativas emprendedoras, participarán  emprendedores presentando as súas experiencias, profesionais dos sectores de interese, realizaranse visitas técnicas a empresas de referencia.

Esta actividade constará de 2 partes :
Sesións teóricas de traballo co grupo nos centros de impartición da actividade: Espazos Xove de Curtis e Carballo, podendo adaptarse segundo a procedencia dos participantes
Sesións prácticas grupais e individuais : saídas ao territorio, visitas, dinámicas grupais.
Fases do Safari:    
1. Exploración (8 sesións):  sesións de traballo en grupo, para elaborar un guión/base de traballo analizando as potencialidades, recursos e necesidades do territorio.  Nesta fase, os participantes, acompañados polos técnicos responsables, definirán as rutas a explorar e analizarán os sectores máis proclives a crear emprego na zona de incidencia.
2. Descubrimento (4 sesións): sesións de traballo de campo, guiadas polo persoal técnico,  para realizar as accións / tarefas de exploración das rutas definidas na fase anterior:
- Entrevistas a profesionais, emprendedores, axentes do territorio.
- Investigación de mercado, análise dos recursos da contorna.
- Exploración do sector de interese para cada participante (situación actual, empresas existentes, necesidades, ...)

2. Formación para a inserción – grupo
Duración: 2 meses (maio-xuño 2018) – adaptada ás necesidades dos participantes (ata un máximo de 24 sesións).
Trátase de formación básica adaptada ás necesidades do grupo, en eidos nos que se amosen certas necesidades, como poden ser a comunicación, innovación, TIC, normativa, etc,  que son hoxe fundamentais para a  inserción laboral.
Poderá estar organizada en sesións máis continuas, dúas ou tres veces por semana,  para favorecer a adquisición de coñecementos polos participantes (farase en función da demanda ata un máximo de 24 sesións).  
As sesións, impartidas por profesionais/docentes expertos, basearanse na metodoloxía do “learning by doing”, aprendizaxe pola práctica, nas cales, os participantes poderán participar activamente no desenvolvemento das mesmas ( supostos prácticos, dinámicas,..).
Inclúe:
- Formación básica sobre a xestión da actividade comercial e empresarial.
- Formación específica, á demanda dos participantes: loxística, comunicación, xestión empresarial,  busca activa de emprego...

3. Formación na empresa – individual:
Sesións de estadías profesionais en empresas do sector de interese de cada participante, fomentando a aprendizaxe pola práctica e o contacto continuo coa realidade empresarial. Poderán participar aqueles mozos/as que a demanden ou precisen.
Poderanse realizar estadías dentro do período de tempo comprendido entre os meses de maio a setembro de 2018.
Duración das estadías:
Mínimo : 60 h de prácticas (2 semanas)
Máximo  240 h de prácticas (6 semanas)
A xornada de prácticas terá unha duración máxima de 7 horas.
Os participantes contarán cun seguro de R.C. e de accidentes.
As estadías de formación nas empresas serán organizadas en función dos criterios establecidos para cada un dos participantes e segundo as necesidades das empresas de cara a posibles contratacións . Para levar a cabo as estadías, asinaranse convenios cas empresas de acollida nos que se reflecta a duración,  as actividades que realizará o mozo/a, os horarios e se establecerá unha persoa responsable da empresa para o seu seguimento e avaliación .

4. Titorización e seguimento individual
Comezarán  a partir do mes de maio de 2018 e desenvolveranse durante toda a execución do proxecto (outubro) , ao longo das diferentes fases terán lugar reunións do equipo técnico con cada participante para o seguimento do seu itinerario de inserción e a  articulación de medidas adaptadas a cada caso.

5. Captura de proxectos
Duración: 1 mes – último mes do proxecto (outubro 2018)
Trátase da  fase de conclusións, os mozos e mozas terán de xeito individual:
Acadada experiencia laboral nos sectores de interese.
Identificados  nichos de emprego no territorio.
Elaborado un plan de mellora da súa empregabilidade.
Definidas  as  oportunidades/proxectos para emprender.
Identificadas  as necesidades de formación que precisen.

Máis información: roteiros.ctb@xunta.gal

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

A maioría do alumnado de 3º ESO A, exerce este curso de “Correspondentes Xuvenís”. Manteñen un blogue para informar a toda acomunidade educativa, pero sobre todo a compañeiros e compañeiras de canto se lles envía dende a OMIX de Lalín e dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado sobre bolsas, programas europeos, concursos...

Asemade, no corredor que vai cara á Cafetería do centro, hai dous taboleiros que tamén informan e que se revisan periodicamente.

O equipo de Correspondentes está formado por Sara, Lois, Pablo, Lucas, David Mario, Andrea, Iria, Lucía, Zerua, Clara, Estefany, Brais, Paula, Lucía, Adriana, Carolina e Ian

http://correspondelaxeiro.blogspot.com.es/

Mathias Lorenzo, Milena, Mateo, Mónica, Paula e María  forman o equipo de Correspondentes Xuvenís do CPI Mosteiro de Meis, coordinados Miguel Daporta, profesor responsable do programa Correspondentes no centro educativo e pola OMIX de Meis.

 

Parabéns polo traballo desenvolvido!!

Dende o IES Isidro Parga Pondal envíannos fotografías do taboleiro que xestionan para difundir información entre os seu compañeiros e compañeiras. Dende o IES Isidro Parga Pondal envíannos fotografías do taboleiro que xestionan para difundir información entre os seu compañeiros e compañeiras. Tamén difunden información a través da páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesisidropargapondal/node/374

O equipo de CorrespondentesCARBALLO. isidropargapondal2 son Diana, Eva, Carmen, David, Isabel, Gabriel Pablo, Nuria, Lorena, Águeda, Ricardo, Matías Gonzalo, Natalia, Fabiola, Erika, Olga, Carlos, Yadira e Nerea.

Parabéns polo traballo desenvolvido!!

O próximo mes de marzo, do 2 ao 4 celébrase a primeira edición de  BioCultura Coruña.
Pódese visitar a Feira cun beneficio do 50% da entrada co Carné Xove da Xunta de Galicia.

En #BioCulturaACoruña participan 200 expositores dedicados aos sectores da alimentación ecolóxica, cosmética eco-natural, moda sustentable, terapias complementarias,  bioconstrucción, economía do ben común e ecoloxía.
Paralelamente á exposición, celébranse máis de 150 actividades abertas a todos os asistentes, entre as que destacan o  showcooking eco-gastronómico, o festival da infancia  Mamaterra, os talleres de cosmética eco-natural de Rede  Ecoestética e de moda sustentable no  showroom de Planeta Moda ou as xornadas para profesionais. Tamén haberá zona de  ecofoodtrucks con escenario de música en directo.

Instruccións para o desconto on line:

http://www.biocultura.org/entradas-anticipadas

Hai que clicar sobre

Escribir CARNEXOVEBIOCULTURA e aplicar código
Só queda comprar a entrada con descuento.
 

http://www.biocultura.org/acoruna/informacion

Dar cada día un paso máis cara á igualdade real entre mulleres e homes. Con este obxectivo, publícase o calendario “365 Días pola igualdade”, unha iniciativa do Instituto da Muller coa que se busca facer partícipe a toda a cidadanía da necesidade de seguir traballando pola eliminación de prexuízos e barreiras.

O calendario “365 Días pola igualdade” atópase dispoñible na web do Instituto da Muller, desde a que se poderá descargar de forma totalmente gratuíta. A través de cada mes do ano este calendario dá a coñecer un tema central en torno ao cal virarán todas as actividades e actuacións que o Instituto da Muller desenvolve.

Deste xeito, xaneiro estará dedicado á igualdade dentro da empresa, febreiro falará da relación da muller coa ciencia e a tecnoloxía, e marzo resaltará o Día Internacional da Muller e o seu papel no século  XXI. Con motivo do 30 aniversario da incorporación da muller ás Forzas Armadas, abril foi o mes elixido para dar visibilidade ás mulleres dentro dos corpos de seguridade. O mes de maio centrarase na relación da muller coa educación e os medios de comunicación, xuño resaltará a diversidade, coa celebración do Día internacional do Orgullo  LGTBI, e xullo concienciará sobre a presenza das mulleres nos órganos políticos. Agosto falará das mulleres dentro do deporte, setembro da muller na cultura e outubro da súa relación co mundo rural. O ano acabará coa loita pola erradicación da violencia exercida sobre as mulleres, que quedará destacada no mes de novembro, e a reclamación da importancia do asociacionismo feminino, no mes de decembro.

http://www.inmujer.gob.es/actualidad/ultimoEvento/docs/CalendarioIMIO2018.pdf

 

DOA Saúde Mental presentou un proxecto de atención temperá en psicose aos premios "Mocidade e Psicoses".   
 
O programa deseñouse para a súa aplicación nun contexto individual, aínda que se complementarán con intervencións  grupales. O tratamento terá unha duración aproximada dun ano, variando en función das circunstancias de cada usuario.

Parte dunha consulta inicial da persoa e a súa familia cun psiquiatra do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que iniciará a derivación e será o seu psiquiatra de referencia. Para a derivación será necesario informe médico (psiquiátrico) e informe social.

1º FASE DE ACOLLIDA
Tanto no domicilio da persoa, como no centro educativo de referencia (en caso de estar escolarizado) e nas instalacións de  DOA. Revisión de informes médicos e probas.

2º FASE DE AVALIACIÓN das dificultades relacionadas coa saúde mental.
A avaliación permite detectar alteracións e aquelas capacidades que se manteñen preservadas para o seu emprego na fase de tratamento. Elaborarase o Proxecto Individualizado de Atención Precoz (PIAP) acordado co paciente.

3º FASE INTERVENCIÓN TERAPÉUTICA
Desde as perspectivas psiquiátricas, neuropsicolóxica, cognitivo- conductual e educativa.

4º FASE DE SEGUIMENTO
Sesións individuais puntuais para reforzar logros naqueles casos nos que se considere oportuno. En caso de ser necesario, realizarase unha derivación a outros recursos. O tratamento é de carácter  holístico e multidisciplinar e inclúe:
Rehabilitación desde a Neuropsicolóxica Clínica: atención, funcións executivas, aprendizaxe e memoria, linguaxe, cognición social,  psicoeducación, conciencia de déficit. E desde a  Neuropsicología Educativa: formación en  metacognición, estratexias de aprendizaxe, creatividade, intelixencias múltiples, adaptacións curriculares e psicomotricidade.
Adestramento en habilidades sociais.
Manexo  conductual (fomento de condutas positivas).
Técnicas cognitivo- conductuales (pensamento planificado).
Intervencións domiciliarias.
Coordinación centros educativos

Para votar: http://jovenesypsicosis.es/proyectos/doa-saude-mental/