O Boletín Eurodesk está editado polo Instituto da Xuventude, e contén información actualizada sobre datas de presentación de solicitudes de programas españois e europeos, novidades e novas nas áreas de educación, formación e xuventude.
No DOG do 3 de xullo de 2013 publícase a lei do Sistema universitario de Galicia:
Título preliminar establece o obxecto da lei e o seu ámbito de aplicación, así como os obxectivos e fins propios do SUG
O título I, «Da ordenación do Sistema universitario de Galicia», define e potencia os principios aos que responden a actividade e a organización universitarias, reflicte as estruturas que poderán integrar as universidades e fixa os criterios para a creación e a implantación de novas titulacións e centros.
O título II, denominado «Da coordinación e da colaboración», establece os mecanismos de fortalecemento destas.
O título III, coa denominación «Da garantía da calidade universitaria», contén a regulación do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
O título IV, baixo a denominación «Dos consellos sociais das universidades públicas», incorpora e revisa contidos da Lei 1/2003, do 9 de maio, incidindo no fundamental papel deste órgano de goberno das universidades.
No título V, «Da comunidade universitaria», establécese e concrétase un amplo catálogo de liberdades, dereitos e deberes do persoal docente e investigador, do persoal de administración e servizos e mais do estudantado.
O título VI, baixo a rúbrica «Da actividade universitaria: a docencia, a investigación e a transferencia de coñecementos», está dedicado á regulación dalgúns aspectos de planificación, fomento e calidade respecto das tres misións que, xunto coa actividade de estudo que as precede e sustenta, constitúen o fundamento da institución universitaria.
O título VII, que, coa denominación «Do financiamento das universidades do Sistema universitario de Galicia», establece un marco sólido para a necesaria planificación económica e financeira das universidades galegas.
Máis información no DOG do 3 de xullo de 2013
O boletín interactivo da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, Xuventude.Novas, inclúe na súa edición deste mes reportaxes sobre a convocatoria do certame Xuventude Crea e sobre o novo programa de traballo e autoemprego xuvenil no rural presentado pola Consellería de Traballo e Benestar ante a Unión Europea. O concurso admite a presentación de obras ata o 30 de xullo e acentúa a súa vocación de inserción laboral coa incorporación de profesionais no xurado. O proxecto presentado ante a UE aspira a formar parte dunha convocatoria comunitaria pioneira.
Este número contén ademais outra reportaxe sobre diversos recursos gratuítos para a aprendizaxe do inglés, sobre todo cursos a través da rede e utilidades que as novas tecnoloxías permiten nos medios de comunicación.
Destaca tamén unha entrevista con Ozo Perozo, responsable do portal petitsodios, dedicado ás webseries feitas en Galicia. Perozo afirma que este tipo de traballos contan cunha factura profesional, a pesar de que o seu desenvolvemento se fundamenta no altruísmo.
Unha reportaxe sobre a Iniciativa Xove ‘Green Tour’, que organizou o grupo informal Ribadumia Xove para poñer en contacto a mocidade da bisbarra co patrimonio natural e histórico da zona, e outra peza sobre o éxito dos músicos galegos nos premios da música independente, completan esta edición de Xuventude.Novas, que tampouco esquece a habitual axenda de concertos musicais para as vindeiras semanas.
Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo en vez de abrilo noutra pestana
O INJUVE acaba de publicar o “Informe de la Juventud en España 2012”. Podes acceder a él a través da páxina:
Si estás buscando onde aloxarte en Galicia durante o próximo curso, aquí podes consultar residencias e aloxamentos para estudantes en Galicia.
Agora Clínica Baviera, por ser titular do Carné Xove da Xunta de Galicia ofréceche un prezo especial na Corrección Visual por Láser, 895 € por ollo!!!
Só ata o 31 de xullo, despídete dos teus lentes ou lentes de contacto en Clínica Baviera. Non o deixes escapar!!!
Consulta no PDF a oferta completa.
Chámanos ou visítanos en:
http://www.clinicabaviera.com/
https://www.facebook.com/CLINICABAVIERA
https://twitter.com/clinicabaviera
Clínica Baviera A Coruña
Praza de Galicia, 2
15004 A Coruña
Tel.: 981 126 643
Clínica Baviera Lugo
Rúa Dinan, 4
27002 Lugo
Tel.: 982 250 020
Clínica Baviera Vigo
Avenida de García Barbón, 28
36201 Vigo
Tel.: 986 4430164
Nesta xornada presentarán os seus proxectos os mozos e as mozas emprendedoras TIC xurdidas ao abeiro deste proxecto. Ademais tamén intervirán Alfonso Pérez Pereira promotor de ESPAFIL e Andrés Mazaira Castro, promotor de Bridge Mediatech, S.L.
Achégase ligazón de acceso ao programa da xornada, para a súa consulta, e na que se poderá facer a inscrición na mesma http://www.nacce.es/
O Programa Erasmus para Mozos Emprendedores é un programa de intercambios transnacionais que ofrece a emprendedores noveis e persoas que desexan crear unha empresa a oportunidade de aprender de empresarios experimentados que dirixen pequenas empresas noutros países da Unión Europea.
Podes consultar as bases do programa, as historias de éxito e testemuños doutros participantes na páxina web: www.erasmus-entrepreneurs.eu