Novas e actividades (1289)

COMPOSICIÓN DO XURADO DO CONCURSO DE DESEÑO DO CARTEL PARA A CAMPAÑA LIBRE 2014


Presidenta:
Yolanda Otero Balsa (Subdirectora Xeral de Promoción de Actividades da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado)

Vogais:
- Carmen Pereiras Pérez
- Ana Martínez González
- Mª. Asunción García Cao
- Mª. Jesús López Cernadas
- Pilar Tamerón Montesinos
- José Manuel Ramberde Sexto
- Santiago Aparicio Fernández
- Caridad Rodríguez Pazo
Secretaria:
Ángela Fernández Rey


GAÑADOR DO CONCURSO DE DESEÑO DO CARTEL DA CAMPAÑA LIBRE 2014

- Rafael Rumbo Viera, co lema/pseudónimo: COCHECHUFE

logoXUVENTUDENo DOG do 28 de maio de 2014 publícase o Regulamento do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia.

O Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia terá os seguintes fins:

a) Representar a xuventude galega a través da súa condición de membro de pleno dereito no Comité Galego de Políticas de Xuventude.
b) Emitir os informes que afecten a xuventude e lle sexan solicitados polo Comité Galego de Políticas de Xuventude ou polo órgano de dirección competente en materia de xuventude.
c) Emitir informe sobre o impacto na xuventude dos proxectos de disposicións normativas promovidas pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que afecten a mocidade.
d) Analizar, con carácter permanente, a situación da xuventude en Galicia, facilitando así a toma de decisións, e especialmente as problemáticas que incidan maiormente na xuventude galega, a través do Observatorio Galego da Xuventude.
e) Elevar anualmente ao Parlamento unha memoria en que se reflicta a situación da xuventude como grupo social e, ao tempo, propoñer as medidas legais que xulgue necesarias.
f) Contribuír á institucionalización do movemento asociativo xuvenil de Galicia, consolidando, por un lado, o xa existente e, por outro, promovendo a creación de asociacións xuvenís de distinta natureza.
g) Garantir a participación activa e dinámica da xuventude en todas as ordes da vida social, educativa, laboral, política, económica, deportiva, de lecer, de tempo libre e cultural de Galicia.
h) Representar a xuventude de Galicia no Consello da Xuventude de España, así como noutros organismos de ámbito estatal, europeo e internacional dos que poida ser membro, participando así na articulación das políticas de xuventude nos distintos niveis.
i) Establecer relacións de cooperación e colaboración con outros consellos da xuventude do Estado.
j) Elevar propostas de acción á consellería competente en materia de xuventude.
k) Defender os intereses da xuventude presentando ante os organismos públicos e privados correspondentes as medidas tendentes a facer efectivos os intereses que corresponden á xuventude.


Texto completo do Regulamento do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia.

1323477764_isic_logo

A compañía de transporte por estrada ALSA e ISIC España asinaron un acordo de colaboración que ten como obxectivo a oferta exclusiva no uso de transportes  do Grupo ALSA a todas aquelas persoas titulares das tarxetas  ISIC, ITIC e IYTIC. Dende o día 26 de maio comezou a funcionar esta oferta que ten as seguintes vantaxes:

        - 15% de desconto no transporte de Servicio Nacional

        - 12% de desconto no transporte de Servizo Internacional.

Este acordo terá un alcance de preto de 5.000.000 de usuarios/as no que se inclúen todos os países onde ISIC ten presenza, e que a día de hoxe están vinculados a 45.000 descontos a nivel mundial.

Todas as ofertas e descontos ISIC están dispoñibles nas seguintes ligazóns: www.isic.es e www.isic.org (web da ISIC a nivel mundial).

portada_maio2014O boletín interactivo da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, Xuventude.Novas, ofrece na súa edición de maio unha proposta de viaxe a Nicaragua. Trátase dun destino atractivo e relativamente asequible, válido tanto para quen busquen apracibles praias caribeñas como a costa pacífica para practicar o surf, sen esquecer roteiros polo interior do país para coñecer os cafetais ou para descubrir os seus volcáns e lagos de auga doce.

Ademais desta suxerencia turística, Xuventude.Novas inclúe neste número dúas entrevistas. Unha, co grupo ferrolán Natural Green, que fai música reggae e está a punto de publicar o seu primeiro traballo discográfico, un EP. A súa voz, Ricardo Mouriño, explica por que optaron por este estilo, axúdanos a desterrar estereotipos sobre esta música e analiza a súa evolución. A outra entrevista ten como protagonista a Verónica Reboredo, a fotógrafa gañadora do certame Xuventude Crea 2013, da dirección xeral de Xuventude. Reboredo dá conta de como planifica os seus traballos e indica que a proliferación ou ‘democratización’ da tecnoloxía fotográfica non ten por que ser algo negativo que banalice esta arte.

Polo demais, o boletín deste mes recolle unha reportaxe sobre a Iniciativa Xove ‘Entre fíos, o tempo da mocidade’, impulsada polo grupo informal Dedal Xoven XXI. Este proxecto facilitoulles aos participantes recursos para iniciarse e avanzar na súa afección polo sector da moda, cunha perspectiva emprendedora e en contacto co mundo empresarial.

Do mesmo xeito, Xuventude.Novas difunde as novas axudas para que os menores de trinta anos en situación de desemprego se convertan en autónomos. A convocatoria, que forma parte do Plan de Emprego Xuvenil, contempla que a subvención chegue ata os 12.600 euros. Ademais de cotas á Seguridade Social, cobre investimentos e tamén redución de xuros financeiros.  

Un recordatorio das prazas aínda dispoñibles nos campos de traballo para este verán e a habitual axenda de concertos e actuacións musicais para as vindeiras semanas completa esta edición de Xuventude.Novas.

Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.

Xuventude.Novas en pdf

logo_REAJA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado vai desenvolver un encontro informativo aberto a todos os albergues xuvenís existentes en Galicia, coa finalidade de dar a coñecer os beneficios derivados de pertencer á REAJ (Rede Española de Albergues Xuvenís).

Neste Encontro vaise contar coa presenza do director xeral de Xuventude e Voluntariado e de D. Sergio Montoya (xerente da REAJ), que fará entrega nese mesmo día ao Albergue Xuvenil das Corcerizas (Vilar de Barrio) do premio Fondo de Sustentabilidade que outorga Hostelling International, grazas ao seu proxecto de soberanía enerxética.

Data: 29 de maio de 2014

Lugar: Sede da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, sito na Avenida da Habana, 79.

Programa:

  • 12:45 h. Apertura do encontro a cargo de Ovidio Rodeiro Tato, director xeral de Xuventude e Voluntariado
  • 13:00 h.- Intervirá Sergio Montoya, xerente da REAJ, que explicará:
    • Que é a Reaj?
    • Para que sirve?. Beneficios derivados de pertencer á REAJ
      • O carné de alberguista
      • Programas da REAJ: MOVIC II.Intercambios xuvenís nos albergues, Unesco-Reaj, concursos
      • Difusión e promoción
      • Nova web e perfís sociais
    • Hostelling Internacional, os beneficios de pertencer a unha rede mundial.
      • HI 360º. Novo motor de reservas
      • Programa de grupos, Big Blog Exchange, Fondo de sostenibilidade
  • 14:15 h.- Turno de debate e preguntas.

Calquera albergue interesado en asistir (forme parte ou non da Rede de Albergues Xuvenís de Galicia e da REAJ) deberá inscribirse enchendo o seguinte formulario. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 26 de maio inclusive.