Novas e actividades (1289)

Camiseta_XuventudeSegues as publicacións da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado nas redes sociais? Coñeces as súas actividades? Canto sabes sobre os recursos para a mocidade que ten á túa disposición?

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pon en marcha un concurso nas súas redes sociais que se desenvolverá dende o 1 e o 30 de setembro de 2014 para os efectos de agasallar aos seus seguidores.

PROCEDEMENTO DO CONCURSO

Metodoloxía.- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado durante o mes de setembro publicará, de xeito aleatorio nas redes sociais Facebook e Twitter, 1 ou 2 preguntas relacionadas coa súa actividade.

As preguntas serán formuladas e publicadas a calquera hora do día comprendida entre as 09:00 e as 20:00 horas de luns a venres entre o 1 e o 30 de setembro.

O primeiro usuario ou usuaria que responda correctamente e que comparta a nosa publicación de xeito público en Facebook (para que non só os seus contactos, senón calquera usuario da rede poda velo), ou a retuitee no caso de Twitter, será o gañador dunha camiseta da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Para a obtención do agasallo obrigatoriamente deberán darse as dúas condicións: resposta correcta e que a publicación sexa compartida de xeito público.

Este concurso prevé a entrega dun único premio por persoa.

Procedemento de entrega da camiseta.- Tras comprobar que a resposta é axeitada, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado porase en contacto co gañador a través dunha mensaxe privada pola rede social na que se formulou a pregunta, solicitando os datos necesarios para facerlle chegar o agasallo.

No caso de que o gañador ou gañadora non facilite estes datos ou sexan incompletos, perderá o seu dereito ao agasallo. Estes datos en ningún caso serán publicados.

Se o primeiro/a premiado perde o seu dereito ao agasallo, ou renuncia, procederase a adxudicar o premio ao seguinte usuario/a que respondera correctamente.

TEMAS

A temática das preguntas será variada, podendo abranguer calquera das actividades, programas e iniciativas realizadas dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, recollidas nos portais www.xuventude.xunta.es / www.xuventude.net , www.voluntariadogalego.org, e nos perfís nas redes sociais Facebook (https://www.facebook.com/xuventude.net) e Twitter (@xuventude).

PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais facilitados polos/as participantes nesta actividade serán susceptibles de tratamento estritamente confidencial, con finalidades técnicas, nun ficheiro no que o seu responsable será a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, autorizando a todos e cada un dos participantes para facer uso dos seus datos persoais para o fin correspondente.

Os/as participantes poderán acceder a este ficheiro en calquera momento e exercer os seus dereitos de modificación, rectificación e/ou cancelación dos mesmos, coa simple comunicación por escrito á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

empleo-jovenesO Ministerio de Emprego convoca subvencións para a execución dun programa específico, de ámbito estatal, coa finalidade de mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional de mozos menores de 30 anos, con especial atención aos que se achan en situación de desemprego e aos de baixa cualificación, mediante proxectos formativos que inclúan accións de formación profesional para o emprego dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade e para o acceso a estes, accións formativas con compromiso de contratación e accións formativas vinculadas con competencias en tecnoloxías da información e a comunicación e idiomas.
Serán subvencionables:
a) Accións formativas que inclúan compromisos de contratación e respondan ás necesidades de cualificación e/ou aos requirimentos específicos de emprego dos mozos desempregados.
b) Accións formativas, de modalidade presencial, vinculadas a un ou varios certificados de profesionalidade, coa acreditación correspondente para os que superen o proceso formativo e competencias clave.
c) Accións formativas dirixidas á adquisición de competencias en linguas estranxeiras e competencias en tecnoloxías da información e a comunicación.

A entidade beneficiaria deberá facilitar a realización do módulo de formación práctica a aqueles participantes que no momento da impartición da formación completen a totalidade dos módulos dun certificado de profesionalidade e non estean exentos da realización do módulo de formación práctica, sempre que o devandito módulo estea incluído no proxecto formativo.

Destinatarios:
Mozos menores de 30 anos, con especial atención aos de baixa cualificación e aos que se achan en situación de desemprego, que desexen mellorar as súas competencias profesionais para aumentar as súas posibilidades de inserción ou permanencia no mercado de traballo.
Para os proxectos cuxos destinatarios sexan mozos beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, os participantes deberán estar inscritos no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, sen que se requira a súa inscrición como demandante de emprego.

Entidades beneficiarias:
a) As empresas con centros de traballo en máis dunha comunidade autónoma, que acheguen compromisos de contratación.
b) Os grupos de empresas que teñan unha dirección efectiva común ou estean formadas por filiais dunha mesma empresa matriz, con presenza en máis dunha comunidade autónoma ou cidade con Estatuto de Autonomía, que acheguen compromisos de contratación.
c) Os centros ou entidades de formación con implantación en máis dunha comunidade autónoma ou cidade con Estatuto de Autonomía, acreditados no certificado ou certificados de profesionalidade para os que presenten o proxecto formativo.

As solicitudes de subvención tramitaranse de forma electrónica mediante a aplicación informática que estará a disposición das entidades solicitantes na páxina web da Fundación Tripartita para a Formación no Emprego
www.fundaciontripartita.org
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberta ata o 18 de setembro de 2014.
Máis información no BOE do 29 de agosto de 2014.

vistaEmpresaA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, abre o prazo para inscribirse no programa “ A túa primeira experiencia profesional”, un proxecto de educación non formal de aproximación dos mozos e mozas galegos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidades dunha empresa galega de referencia.

De conformidade co artigo 7 da Lei  6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia,  a Xunta de Galicia, de cara a planificación xeral dos programas relacionados coa educación e coa execución de políticas transversais de educación a favor da mocidade, coordinará accións e medidas de apoio, dirixidas á educación formal como á non formal. E constitúe un obxectivo prioritario, entre outros, desta planificación o apoio da educación non formal da xuventude como complemento da educación regrada, co obxecto de contribuír á aprendizaxe permanente.

Obxectivos:

  • Aproximación dos/as mozos/as ás distintas tipoloxías de postos de traballo existentes no mercado laboral.
  • Axudar aos mozos/as  na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para os efectos de que coñezan “ a realidade da empresa” previamente a  decidir a súa traxectoria formativa profesional.
  • Que os/as mozos/as tomen contacto co eido local e se aproximen aos hábitos de traballo en distintos  sectores laborais
  • Apoiar aos mozos e mozas participantes en actividades de formación para adquirir coñecementos e habilidades que axuden a complementar o seu desenvolvemento persoal e futura formación profesional.
  • Ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal para o desenvolvemento de coñecementos, aptitudes e competencias.

Destinatarios: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 15 e 18 anos no momento de presentar a solicitude

Prazas: 30

Seccións: calidade e laboratorio, medio ambiente, produción, recursos humanos, reparación e mantemento, flota de barcos, procesos industriais, finanzas e contabilidade, comercial, control, enerxía, veterinaria, marketing, administración, eido local, aduanas, administración comercial, tradución, loxística.

Metodoloxía: visitas titorizadas a empresas por área de actividade elixida e ao longo de toda a súa trazabilidade por orientación/curiosidade dos/as participantes e sesións orientativas xerais (orientación e coaching grupal).

Ámbito xeográfico onde radican os centros de traballo para a realización das estancias-visitas: comarca do Barbanza.

Datas:

  • Selección dos/as participantes: do 1 ao 5 de setembro de 2014
  • Realización das visitas: do 8 ao 12 de setembro de 2014

Duración das estancias-visitas: 5 días hábiles cunha duración de 5 horas diarias (do 8 ao 12 de setembro).

Cobertura:

  • Centro de traballo para a realización da estancia-visita
  • Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
  • Titor durante a realización da estancia-visita

Os mozos e mozas que realicen estas estancias-vistas non quedarán vinculados á Consellería de Traballo e Benestar nin á empresa onde realicen a visita baixo ningún tipo de relación laboral ou contractual.

O centro de traballo no que o/a mozo/a realice a estancia-visita non poderá cubrir, nin sequera con carácter interino, ningún posto de traballo do cadro de persoal co participante que realice as actividades formativas non laborais na empresa.

O/a participantes non percibirá do centro de traballo ningunha cantidade pola realización das actividades formativas.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, cada participante e o centro de traballo asinarán o Anexo que recolle un compromiso de colaboración para a estancia formativa de estancias-visitas formativas non laborais no marco do proxecto “A túa primeira experiencia profesional”

Solicitudes.- As solicitudes deben presentarse a través do formulario electrónico dispoñible ao final desta convocatoria.

O prazo de inscrición: do 1 ao 27 de agosto de 2014

Selección.- Todas as persoas solicitantes serán convocadas por correo electrónico indicando día, hora e lugar, a participar nun proceso selectivo consistente na realización dunha entrevista persoal.

Para participar no proceso selectivo e posteriormente na realización das estancias –visitas deberán aportar o correspondente permiso paterno/materno ou titor legal. A non presentación do referido permiso será causa da perda da praza.

Para máis información: no correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

PERMISO PATERNO/MATERNO OU TITOR LEGAL

mozidade1A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Fundación Paideia, convoca o programa “Deseñando o teu futuro”, un proxecto de educación non formal de estancias- visitas en centros de traballo destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 15 e 18 anos.

De conformidade co artigo 7 da Lei  6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia,  a Xunta de Galicia, de cara a planificación xeral dos programas relacionados coa educación e coa execución de políticas transversais de educación a favor da mocidade, coordinará accións e medidas de apoio, dirixidas á educación formal como á non formal. E constitúe un obxectivo prioritario, entre outros, desta planificación o apoio da educación non formal da xuventude como complemento da educación regrada, co obxecto de contribuír á aprendizaxe permanente.

Obxectivos:

  • Aproximación dos/as mozos/as ás distintas tipoloxías de postos de traballo existentes no mercado laboral.
  • Axudar aos mozos/as  na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para os efectos de que coñezan “ a realidade da empresa” previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional.
  • Achegar aos mozos e mozas  ao mundo sociolaboral.
  • Apoiar aos mozos e mozas participantes en actividades de formación para adquirir coñecementos e habilidades que axuden a complementar o seu desenvolvemento persoal e futura formación profesional.
  • Ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal para o desenvolvemento de coñecementos, aptitudes e competencias.

Destinatarios: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 15 e 18 anos no momento de presentar a solicitude.

Prazas: 15 participantes.

Sectores: xardinería e viveirismo, mecánica, deseño gráfico, mantemento e limpeza, restauración e turismo, servizos sociais.

Ámbito xeográfico onde radican os centros de traballo para a realización das estancias -visitas: A Coruña, Oleiros, Padrón, Rianxo, Noia, Boiro, Lousame, Ribeira, Brión.   Dependerá do sector elixido.

Datas de realización das estancias-visitas: entre o 22 de setembro e 22 de novembro de 2014.

Duración das estancias-visitas: entre 10 e 13 días hábiles. De luns a xoves, cunha duración mínima de 20 horas semanais e máxima de 32 horas semanais.   Os venres serán dedicados á realización de actividades culturais – deportivas, sesións formativas sobre aspectos sociolaborais e avaliación e seguimento da experiencia.

Cobertura:

  • Centro de traballo para a realización da estancia-visita.
  • Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima.
  • Titor durante a realización da estancia-visita.
  • Preparación: formación de competencias sociolaboráis (presentación na empresa,  traballo en equipo, comunicación, seguridade nas tarefas, etc). Trámites administrativos.

A realización destas estancias-visitas por parte dos mozos e mozas non implicarán en ningún caso relación laboral ou contractual coa Consellería de Traballo e Benestar nin coa Fundación Paideia.

O empresa na que o/a mozo/a realice a estancia-visita non poderá cubrir, nin sequera con carácter interino, ningún posto de traballo do cadro de persoal co participante que realice as actividades formativas non laborais.

Pola realización das actividades formativas o/a participantes non percibirán ningunha cantidade.

Cada participante asinará coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a Fundación Paideia, e a empresa o Anexo que recolle un compromiso de colaboración para a estancia formativa de estancias-visitas formativas non laborais no marco do proxecto “Deseñando o teu futuro”.

Solicitudes.- As solicitudes deben presentarse a través do formulario electrónico dispoñible ao final desta convocatoria.

O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de setembro de 2014 ás 23:59 horas.

Selección.- Todas as persoas solicitantes serán convocadas a participar no proceso selectivo mediante un correo electrónico indicando día, hora e lugar.

Para participar no proceso selectivo e posteriormente na realización das estancias –visitas deberán aportar o correspondente permiso paterno/materno ou titor legal. A non presentación do referido permiso será causa da perda da praza.

Para máis información: no correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

PERMISO PATERNO/MANTERO OU TITOR LEGAL