Novas e actividades (1289)

ERASMUS_PLUSNo BOE do 3 de outubro de 2104 publícanse as axudas concedidas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no marco do capítulo de Xuventude do Programa «Erasmus+».

Máis información no BOE do 3 de outubro de 2014

portada_okO boletín interactivo da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, Xuventude.Novas, ofrece na súa edición de setembro unha entrevista co grupo de música punk pop Paracetamol, creado por tres amigos co propósito de divertirse. O paso dos mese derivou na publicación dun disco (Enfermedades Comunes), nunha axenda cargada de actuacións e sobre todo en que a diversión chegou tamén a un público cada vez máis numeroso. Na entrevista contan a súa experiencia no eido da música, da que non viven e na que confesan que lles queda bastante que aprender. Precisamente é un dos aspectos que máis os motivan a continuar.

Xuventude.Novas inclúe ademais unha reportaxe con algunhas das aplicacións máis extravagantes disponibles para os chamados teléfonos móbiles intelixentes. Desde averiguar se o melón do súper está maduro ata calcular o día do falecemento do usuario, esta serie de apps ben poderían competir por ver cal é a maior parvada. Pero a miúdo son tamén un negocio porque, aínda sendo de balde para quen as descarga, ás veces funcionan como soporte publicitario.

Con todo, o principal titular da portada deste número dedícase á orde que está preparando a Consellería de Traballo e Benestar para recoñecer e homologar a participación en proxectos de educación non formal. Esta norma, que será pioneira en España, permitirá contar cun certificado oficial co que se acreditarán as competencias e habilidades adquiridas nos currículos. A intención é que eses coñecementos, complementarios aos da educación non regulada e moi valorados na actualidade para o acceso ao mercado laboral, teñan un cauce co que mellorar a empregabilidade xuvenil.  

Outros contidos destacados deste mes son as reportaxes sobre dous proxectos do programa Iniciativa Xove. Un é o impulsado polo grupo Ruela, en Vigo, para levar a escea unha representación teatral con persoas que padecen algún tipo de discapacidade mental. Esta actividade complementouse con sesión de equinoterapia. O fin é acadar a integración social do colectivo, mediante o reforzo da súa autonomía e da súa autoestima. A segunda Iniciativa Xove da que se informe nesta edición é a que acometeu o grupo ‘Flashback’ no municipio coruñés de Lousame. Consistiu nun programa de actividades co que trataron de recuperar tradicións da zona e darlle un novo pulo a todo ese patrimonio inmaterial, implicando a xuventude da zona.

Por outra parte, Xuventude.Novas reserva espazo para outra reportaxe sobre o campo de traballo Dragal, que durante este verán realzou o valor histórico e cultural da zona do Pico Sacro, en Boqueixón (A Coruña). A habitual axenda de concertos e actuacións para as vindeiras semanas en toda Galicia completan esta edición de Xuventude.Novas.

Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.

Xuventude.Novas de setembro de 2014

voluntariado_xuvenilNo DOG do 29 de setembro de 2014 publícanse as subvencións enmarcadas no programa
Servizo de Voluntariado Xuvenil do ano 2014.

DOG do 29 de setembro de 2014

AUSTRALIAEspaña e Australia firmaron un acordo para establecer un Programa de Mobilidade para a mocidadade de ambos os dous países.
A finalidade da viaxe dos participantes no Programa poderá ser turística ou de adquisición dunha experiencia persoal ou profesional.
O Goberno de Australia expedirá anualmente ata 500 visados de entrada múltiple temporais a cidadáns do Reino de España.

Requisitos para a mocidade de España:
Ser cidadán do Reino de España.
Viaxar por motivos turísticos ou de adquisición dunha experiencia persoal ou profesional.
Ter entre 18 e 30 anos de idade.
Non estar acompañado de nenos ao seu cargo.
Estar en posesión dun pasaporte español.
Estar en posesión dun billete de volta, ou dispoñer de fondos abondo para compralo.
Dispoñer de fondos para a súa manutención durante o período proposto de estanza en Australia.
Aboar a taxa de solicitude de visado estipulada.
Dispoñer dun seguro médico que cubra supostos de hospitalización durante toda a súa estanza en Australia.
Cumprir cos requisitos en materia de saúde e antecedentes penais impostos por Australia.
Non ter participado no Programa con anterioridade.
Posuír un nivel de inglés funcional.

Máis información no BOE do 19 de setembro de 2014