Novas e actividades (1302)

salaexposicionsacorua1O Concello da Coruña estrea unha sala de exposicións para mozos e mozas creadores de entre 15 e 35 anos, vinculados á cidade de Coruña, é dicir, que nacesen, residan, traballen ou estuden nela. Os menores de idade deberán estar representados polo seu pai/nai/titor legal.
Tamén vai dirixida a:
Os colectivos de artistas, polo menos o 75% da persoas que integren o dito colectivo deberán cumprir os requisitos.
Centros educativos que impartan estudos regrados oficiais vinculados coa creación artística.
Entidades sen ánimo de lucro, que queiran promover unha exposición vinculada coa creación ou cultura xuvenil.
As obras expostas pertencerán, en sentido amplo, ás incluídas no campo das artes visuais (debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, perfomance, pintura, videoarte, etc), sempre que se poidan axustar ao espazo expositivo e o seu equipamento.

A sala está dotada de iluminación, sistemas de suxeición e soportes adecuados para a exposición de artes plásticas e/ou arte multimedia, e conta con acceso a Internet a través de rede Wifi.

Condicións de uso:
A cesión do espazo expositivo será totalmente gratuíta. O período de cesión máxima da Sala será de 20 días hábiles.

Máis información:
Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Rio Monelos 1
15006 A Coruña
cmix@coruna.es
www.coruna.es/nex
Teléfono 981 184 294

correpondentes_CangasArtigo publicado no Faro de Vigo do 13 de decembro de 2014 sobre o alumnado que participa no programa Correspondentes Xuvenís 3.0.
Son 15 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos coordinados dende a Casa da Xuventude do Concello de Cangas.

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2014/12/13/quince-estudiantes-secundaria-difundiran/1149364.html

correspondentes_Saturnino_MontojoCorrespondentes Xuvenís 3.0 en Ferrolterra: no Diario de Ferrol do 14 de xaneiro publícase un artigo sobre os Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo e o IES Mugardos. Nos dous casos, os equipos participantes, que contan co apoio de docentes, convértense en auténticas “antenas informativas” das novidades que vai xerando a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

“Trátase de concienciar aos rapaces de que o mundo se abre máis alá do instituto, de achegarlles aquela información que ás veces doutro xeito non lles chegaría”, apunta Carme Fernández, coordinadora do Equipo de Normalización da lingua galega do IES Saturnino Montojo.

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/correspondentes-3-0-alumnos-transmisores-da-informacion-xuvenil/20150113214730112289.html

xuventude_prometeO xoves, día 15 de aneiro, ábrese o prazo de inscrición no novo programa Xuventude Promete.

Con Xuventude Promete, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha un proceso que promove e estimula o emprendemento e o autoemprego nos mozos e mozas de 14 a 18 anos mediante un programa de estadías emprendedoras (living lab), de tres días de duración,  nos meses de febreiro e marzo, no que os/as rapaces atopan vías de creación, validación e perfeccionamento creando un espazo cristalizador de vocacións.

A inscrición realizarase en liña, desde esta páxina web, a partir do xoves, 15 de xaneiro.

Máis información

alumnos-aulaNo BOE do 3 de xaneiro de 2015 publícase o Currículo básico do bloque de materias troncais e de materias específicas da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato, así como dos Elementos transversais:

Elementos transversais:

1. A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

2. Os currículos buscarán o desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero ou contra persoas con minusvalidez e os valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social.
A aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, o respecto aos home e mulleres por igual, ás persoas con minusvalidez e o rexeitamento á violencia terrorista, a pluralidade, o respecto ao Estado de dereito, o respecto e consideración ás vítimas do terrorismo e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.
A programación docente debe comprender en todo caso a prevención da violencia de xénero, da violencia contra as persoas con minusvalidez, da violencia terrorista e de calquera forma de violencia, racismo ou xenofobia, incluído o estudo do Holocausto xudeu como feito histórico.
Evitaranse os comportamentos e contidos sexistas e estereotipos que supoñan discriminación.
Incorporaranse elementos curriculares relacionados co desenvolvemento sostible e o medio, os riscos de explotación e abuso sexual, o abuso e maltrato ás persoas con minusvalidez, as situacións de risco derivadas da inadecuada utilización das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, así como a protección ante emerxencias e catástrofes.

3. Os currículos buscarán o desenvolvemento e afianzamento do espírito emprendedor, á adquisición de competencias para a creación e desenvolvemento dos diversos modelos de empresas e ao fomento da igualdade de oportunidades e do respecto ao emprendedor e ao empresario, así como á ética empresarial. As Administracións educativas fomentarán as medidas para que o alumnado participe en actividades que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.

4. A actividade física e a dieta equilibrada deben formar parte do comportamento xuvenil. Para estes efectos, promoverase a práctica diaria de deporte e exercicio físico por parte dos alumnos e alumnas durante a xornada escolar.

5. No ámbito da educación e a seguridade vial, promoveranse accións para a mellora da convivencia e a prevención dos accidentes de tráfico, co fin de que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes como usuario das vías, en calidade de peón, viaxeiro e condutor de bicicletas ou vehículos a motor, respecte as normas e sinais, e favorézase a convivencia, a tolerancia, a prudencia, o autocontrol, o diálogo e a empatía con actuacións axeitadas tendentes a evitar os accidentes de tráfico e as súas secuelas.

Contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliables:
http://www.boe.es/boe/dias/2015/01/03/pdfs/BOE-A-2015-37.pdf

bolsasPodes consultar na nosa web, bolsas que se convocan ao longo de ano, clasificadas por entidades convocantes ou por materias:

 

Bolsas por materias

Bolsas por entidades convocantes