Novas e actividades (1302)

movic15

A inscrición no programa “Visualizando Iniciativa Xove” continuará aberta ata esgotar as prazas dispoñibles. O programa trata de crear un espazo para a reflexión e a posta en común das experiencias levadas a cabo no ámbito do programa ‘Iniciativa Xove’, que supuxo a aposta por un novo modelo de participación xuvenil, no marco da renovación das políticas de xuventude cara programas que melloren ou faciliten a empregabilidade e o emprendemento a través da educación non formal da mocidade.

O proxecto foi seleccionado pola Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) dentro da convocatoria do programa MOVIC 2015. O programa MOVIC, no que poden participar as distintas comunidades autónomas, ten entre os seus obxectivos os de promocionar os albergues xuvenís e, á súa vez, fomentar a mobilidade xuvenil e os intercambios culturais entre os mozos e mozas a través da aprendizaxe mutua, facilitar a súa inserción mercado laboral, fomentar o espírito emprendedor da xuventude ou concienciar e formar en valores, entre outras.

A iniciativa terá lugar no Albergue ArtSurfCamp de Carballo. Disponse dun total de 30 prazas, que se cubrirán entre participantes no programa que teñan menos de 35 anos. Haberá un máximo de tres persoas por proxecto.

En paralelo ás actividades, gravarase unha reportaxe de docuficción na que se promocionarán as iniciativas dos asistentes, co dobre obxectivo de fomentar e contaxiar o espírito emprendedor nos mozos/as da sociedade e de ser un escaparate dos proxectos realizados conseguindo un efecto multiplicador. O vídeo servirá tamén de demostración das aptitudes dos mozos e mozas participantes poñéndoas en valor para facilitar a súa empregabilidade.

Ademais, tamén haberá unha parte lúdica, na que as persoas participantes terán a opción de iniciarse no surf ou ben coñecer o espazo próximo ao albergue incluído na Rede Natura a través dunha visita guiada.

A participación no programa é totalmente gratuíta.

 

Consulta o programa de actividades

Formulario de inscrición

aquiSi-CarneXove

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, coa colaboración da SD Compostela, invítante a participar no sorteo do Carné Xove desta semana.

Sorteamos 10 lotes de 2 entradas para encontro entre a SD Compostela e o Atlético Astorga, que se celebrará o día 29 de marzo, no Estadio Municipal de San Lázaro.

Podes participar enviando xa o formulario ata as 9.00 h do martes, día 23 de marzo de 2015.

A entradas poderanse retirar nas oficinas da SD Compostela, no estadio de San Lázaro, na semana anterior o encontro, ou nas taquillas do estadio o mesmo día do partido. O gañador deberá presentar o carné xove en vigor.

jovenes-y-genero_83041a50a04bbf462c64818994a8ba80O Centro Reina Sofía sobre adolescencia e xuventude ven de publicar o informe "Jóvenes y género, el estado de la cuestión"

O obxectivo deste monográfico é analizar as actitudes e os comportamentos dos mozos e das mozas, así como diferentes elementos do contexto en que se socializan, dende unha perspectiva de xénero. A partir dunha mirada ampla e comprensiva, trátase de coñecer en que medida existen diferenzas entre rapaces e rapazas en cuestións relacionadas coa saúde, as relacións familiares, a sexualidade, a educación e o acceso ao emprego, o valores, o uso do tempo libre, o uso das TIC ou a violencia de xénero.

O estudo foi elaborado a partir da análise e a comparación de numerosas fontes secundarias, nacionais e europeas, que miden e cuantifican todos eses parámetros aos que nos referimos (demografía, traballo, saúde, vivenda, valores, etc.).

Máis información:
http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/Dossierprensa/Jvenes_y_Gnero-El_estado_de_la_cuestin.pdf

cartel_yuzz_2015O Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE), coa colaboración da Xunta de Galicia e coa participación, neste ano, das Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña, comprometidas co fomento da innovación e o emprendemento, promove novamente en Galicia o Programa YUZZ " Jóvenes con Ideas " para a promoción do talento e o espírito emprendedor, dirixido a mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, que presenten as súas ideas innovadoras ao concurso de acordo co procedemento establecido pola organización.

Os mozos seleccionados para participar no Programa YUZZ disporán de apoio, formación e asesoramento orientados a facilitar o desenvolvemento dun proxecto de negocio baseado nas ideas propostas e poderán optar aos premios previstos nesta Convocatoria.

YUZZ pon a disposición dos participantes nos seus tres centros de Galicia, nas cidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, calquera dos seus centros, un espazo de traballo localizado en instalacións cedidas por entidades colaboradoras coa infraestrutura e o equipamento necesario para o desenvolvemento de actividades de formación e de asesoramento.

Os tres mellores proxectos a nivel do estado recibirán como premio unha dotación económica para o desenvolvemento dos seus proxectos de empresa, de acordo coa seguinte distribución:

  • 30.000 euros para o primeiro posto.
  • 20.000 euros para o segundo posto.
  • 10.000 euros para o terceiro posto.

Os premios locais ofrecerán aos mozos a oportunidade de viaxar a Silicon Valley para coñecer de primeira man o principal referente internacional en innovación. Durante unha semana os gañadores visitarán empresas tecnolóxicas emblemáticas, interactuarán con diferentes axentes do ámbito académico e empresarial e realizarán actividades de networking.

INSCRICIÓN NO PROGRAMA YUZZ

Os/as mozos/as interesados/as en participar no Programa YUZZ " Jóvenes con Ideas " deberán presentar unha única candidatura que poderá conter a descrición dunha ou máis ideas innovadoras. Aceptaranse candidaturas integradas por máis dun promotor.


Os/as candidatos/as deberán cumprimentar o formulario de inscrición dispoñible na web do Programa YUZZ: www.yuzz.org. O formulario está orientado a facilitar a presentación dos candidatos e das súas ideas e a solicitar os datos de contacto necesarios para o desenvolvemento do proceso de selección. Con carácter opcional, os candidatos poden achegar un vídeo de presentación de non máis de tres minutos de duración.

O Centro Internacional Santander Emprendimiento, CISE, comprométese a manter a máis absoluta confidencialidade sobre as ideas propostas polos/as candidatos/as e sobre os/as propios/as candidatos/as, con independencia de que estes poidan ser ou non finalmente seleccionados/As. Unha vez finalizado o proceso de selección, todos os contidos asociados ás candidaturas non seleccionadas, incluíndo materiais en vídeo, serán retirados da web e destruído.

A data de recepción de candidaturas finaliza o 19 de febreiro de 2015 ás 14.00 horas.

TRÍPTICO

CARTEL

A Xunta de Galicia está a elaborar unha nova lei de transparencia e bo goberno. Interésanos a súa opinión ao obxecto de acadar una lei o máis consensuada posible tendo en conta as súas 
achegas.

É por iso que poñemos á súa disposición este espazo para que, ata o vindeiro 4 de marzo, formule as propostas e suxestións a incluír na futura lei de transparencia.

Unha vez que ese texto sexa elaborado, será sometido novamente á súa participación. No seguinte enlace podes acceder ao formulario de participación:

http://cpapx.xunta.es/formulario-de-participacion-cidada

aquiSi-CarneXove

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, coa colaboración da SD Compostela, invítante a participar no sorteo do Carné Xove desta semana.

Sorteamos 10 lotes de 2 entradas para encontro entre a SD Compostela e o Club Marino de Luanco, que se celebrará o día 1 de marzo ás 17 horas, no Estadio Municipal de San Lázaro.

Podes participar enviando xa o formulario ata as 9.00 h do martes, día 23 de febreiro de 2015.

A entradas poderanse retirar nas oficinas da SD Compostela, no estadio de San Lázaro, na semana anterior o encontro, ou nas taquillas do estadio o mesmo día do partido. O gañador deberá presentar o carné xove en vigor.


GAÑADORES

  1. Ana de Paz
  2. Alberto Fernández Boo
  3. María Lara González Fernández
  4. Antía Martínez Abal
  5. Beatriz Oves Suarez
  6. Alejandro Pereira Mella
  7. Pilar Lago Martínez
  8. Luis Velasco Martínez
  9. Francisco Fraga Calvo
  10. Alaba Carril Gato