Novas e actividades (1106)

O pianista galego Abe Rábade, unha das grandes figuras do jazz estatal e internacional, protagoniza unha das máis singulares actividades adheridas ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, impulsado pola Secretaría de Política Lingüística. pianosoloplay

Esta actividade é un concerto, Piano solo entre árbores, que pode verse dende xa no Portal da Lingua Galega.

Abe Rábade interpreta no audiovisual un repertorio seleccionado e traballado durante o confinamento, que inclúe as seguintes pezas: Liberación, Desexo, Ham-Dam. Improvisation e Freixo.

O concerto foi gravado ao aire libre, nun espazo arborado da parroquia rianxeira de Asados, o 4 de novembro de 2020.

A interpretación das catro composicións sinaladas vai precedida dunha presentación a cargo do músico.

O autor
O pianista e compositor Abe Rábade (Santiago de Compostela, 1977) licenciouse cum laude en 1999 en Jazz Composition e Piano Performance polo Berklee College of Music de Boston (EEUU) e actualmente é profesor de dous conservatorios de música superiores de Galicia e de Portugal, ademais de ofrecer clases maxistrais en distintos centros da Península Ibérica.
Publicou 14 discos como líder, tres composicións para grandes formatos e outras tres poético-musicais. Recibiu unha decena de premios e actúa habitualmente con figuras de recoñecido prestixio internacional en múltiples concertos e festivais de todo o mundo.

O audiovisual Abe Rábade. Piano solo entre árbores forma parte dos recursos dixitais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, un repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega creado pola Xunta no marco do Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos derivados da COVID-19.

Piano solo entre árbores

Xa podes ver algunhas das series candidatas ao premio de mellor webserie do ano da edición XIX dos Premios Mestre Mateo ao noso audiovisual.

As candidaturas finalistas daranse a coñecer o 1 de febreiro e o 27 está previsto que se celebre a gala na que se proclamarán as gañadoras e gañadores. O evento terá lugar no Teatro Colón da Coruña e será conducido por Tito Asorey e Lucía Veiga, contando con guión de Manolo Cortés.

Aquí podes ver algunhas das series candidatas:

Mataría Microserie (creada por Javi Seoane e Pedro Brandariz, con dirección e montaxe de Javi Seoane)

Xan (Lucía Estévez e Miguel Canalejo)

Amnesia 3.0 (Carballo Interplay e Produtora Absurda)

Cativos na cociña (Alberta Álvarez Portela, Siradella Films)

Doc Way: Camiño Portugués (Que+Ver).

Aquí podes consultar as novidades nas axudas que se van convocando ao longo do ano tanto para a contratación de mozos e mozas como para autoemprego. ASESORAMENTO

Tamén podes consultar que pasos tes que dar para crear unha empresa ou buscar orientación laboral.

Axudas á contratación

Coñecendo as nosas deportistas é un proxecto da Secretaría Xeral da Igualdade, que pretende achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.

Este proxecto ten como finalidade difundir e visibilizar o papel que as deportistas galegas están a facer para avanzar na igualdade entre mulleres e homes en todos os eidos, de cara á eliminación dos estereotipos e as discriminacións que aínda persisten na sociedade.

É un proxecto dirixido a toda a sociedade e moi especialmente ás mozas e aos mozos de Galicia para promover a igualdade entre mulleres e homes.

Podes ver as entrevistas na canle de youtube de Igualdade: https://www.youtube.com/playlist?list=PLT-maIFdEQd9HcMiCIEeN5moc0GeVZITw

http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/conecendo-nosas-deportistas

The conversation

Xan 07, 2021

A Universidade de Santiago adheriuse á plataforma The Conversation, plataforma de divulgación do coñecemento, que conta na súa base de datos con 113.900 autores procedentes de 3.713 universidades e centros de investigación internacionais.

En virtude desta adhesión, o persoal docente e investigador e o alumnado de doutoramento da USC poderán escribir na vertente española da plataforma divulgativa (The Conversation España, TCES) sobre asuntos relacionados co seu campo de especialización.

Nada en Australia, The Conversation conta con edicións en Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Francia, Indonesia e África, ademais da edición en español, que se lanzou no verán de 2018 e en só dous anos publicou máis de 3.300 artigos e logrou máis de 95 millóns de lecturas, sumando a audiencia da súa web e a republicación dos artigos nuns 200 medios de comunicación españois e latinoamericanos.

Constituída como asociación sen ánimo de lucro con vocación de servizo público, sen publicidade comercial, e de acceso libre e gratuíto, The Conversation España conta xa co apoio de 53 institucións académicas e científicas e fundacións.

https://theconversation.com/es

O rural de todas

Xan 05, 2021

O proxecto audiovisual "O rural de todas" está promovido pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e ten como obxectivo contribuír a unha maior visibilidade do traballo das ORURALEDETODAS2 mulleres do rural. A través do documental relátanse historias e experiencias diversas que axuden a unha maior sensibilización sobre a importancia dos traballos que as mulleres desenvolven na sociedade.

 

https://www.youtube.com/watch?v=lFAoBsdxL6Q

 

Zafirada é o 1° Premio da modalidade de Videocreación de Xuventude Crea 2020zafirada3

 

Poesía galega contemporánea convertida en linguaxe universal no formato de videopoema. Velaquí un exercicio de creación artística multidisciplinario que quere conectar a tradición líricaaraña3 secular galega co universo das tecnoloxías audiovisuais e o patrimonio natural galego.

 

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

 

https://www.youtube.com/watch?v=RE4ehFcpLOQ&feature=emb_logo

O Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Xuventude publica "De puertas adentro y de pantallas afuera. Jóvenes en confinamiento"

Este barómetro ten como obxectivo principal analizar as transformacións que a crise do coronavirus e o período de confinamento produciron nas actitudes e formas de vida da xente nova, poñendo especial énfase nas cuestións que teñen que ver a convivencia no fogar, a actividade laboral e educativa e as prácticas de lecer.

En concreto, analizaronse aspectos relacionados con:
- Convivencia no fogar
- Relaciones persoais e usos das TIC
- Situación económica, estudos e actividade laboral
- Competencias e fendas dixitais
- Actividades de lecer durante o confinamento
- Exposición na internet, uso da internet e redes sociais
- Valor da información
- Sensacións sobre o futuro

https://www.adolescenciayjuventud.org/publicacion/de-puertas-adentro-y-de-pantallas-afuera-jovenes-en-confinamiento/