Novas e actividades (1303)

Correspondentes_IES_Francisco_AguiarJulia, Mar, Penélope e Eva son as Correspondentes Xuvenís no IES Francisco Aguiar de Betanzos. Encárganse de difundir a información xuvenil entres os seus compañeiros e compañeiras a través do taboleiro de anuncios e das redes sociais.
Grazas e parabéns pola súa colaboración.

Correspondentes_IES_Lamas_das_QuendasRecibimos unha fotografía dos e das Correspondentes Xuvenís do IES Lamas das Quendas de Chantada.
Gracias e parabéns pola labor desenvolvida ao longo do curso!!!

A Universidade de Santiago de Compostela presentou unha oferta institucional de prazas para contratar persoal en formación de apoio á xestión e promoción de I+D en distintos ámbitos no marco do “Programa para la promoción de empleo juvenil e implantación de la Garantía Juvenil en I+D+i” convocado pola Secretaria de Estado de Investigación,

O programa de Emprego xuvenil ten por obxecto a contratación e formación de persoal técnico ou de Xestión de I+D, por un período de dous anos, que cumpra os seguintes requisitos:
Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións, segundo o posto financiado:
Titulacións universitarias: licenciado, enxeñeiro, Arquitecto, Graduado, Diplomado, Enxeñeiro técnico ou Arquitecto Técnico.
Titulacións no marco da formación profesional do sistema: Técnico ou Técnico Superior
Estar inscrito no ficheiro do sistema nacional de Garantía Xuvenil.


En consecuencia, e a partires das prazas que finalmente lle sexan concedidas, a USC poderá promover despois do verán a contratación de titulados universitarios ou técnicos superiores enmarcados en cinco liñas de actuación cos seguintes perfís:

Liña de Actuación Dinamizando a transferencia de resultados de I+D+i:
2 titulados universitarios en Economía ou Administración e Dirección de Empresas para analizar o potencial de mercado, propoñer o desenvolvemento de negocio e calcular necesidades financeiras de cara á comercialización de resultados de investigación
1 titulado universitario en Humanidades ou CC. Sociais ou Xurídicas para analizar dende o punto de vista científico-técnico os resultados de investigación xerados na USC, avaliando o seu grao de innovación, grao de desenvolvemento, aplicacións potenciais e outros aspectos técnicos.
1 titulado universitario en Ciencias Agrarias, Forestais, Alimentarias ou do Territorio para analizar dende o punto de vista científico-técnico os resultados de investigación xerados na USC, avaliando o seu grao de innovación, grao de desenvolvemento, aplicacións potenciais e outros aspectos técnicos.
Titulado Superior en Formación Profesional en Administración e Finanzas para dar soporte manexando ferramentas específicas de xestión documental e bases de datos para facilitar a tarefa de inventariar resultados, xestionar expedientes e realizar trámites administrativos asociados ao proceso de transferencia de coñecemento.

Liña de Actuación Formando aos promotores de I+D+i de 2020:
1 titulado universitario no ámbito das Ciencias da Saúde para realizar funcións de promotor de I+D orientado a ciencias da saúde (Campus Vida).
1 titulado universitario no ámbito das Ciencias Experimentais ou do Mar para realizar funcións de promotor de I+D orientado á xestión e conservación dos recursos acuáticos (Campus do Mar).
1 titulado universitario no ámbito de Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Agrarias, Forestais, Alimentarias ou do Territorio para realizar funcións de promotor de I+D orientado á bioeconomía (Campus Terra).
1 titulado universitario no ámbito de Humanidades, Ciencias Sociais ou Xurídicas para realizar funcións de promotor de I+D orientado a sociedades inclusivas – xestión do patrimonio cultural (Campus da Cidadanía)
1 titulado universitario con perfil xurídico-financeiro orientado á especialización na xestión xurídico-legal, económica e financeira das actividades de I+D+i.

Liña de Actuación Universidade: Comunicando a I+D+i:
4 titulados universitarios en Comunicación, Xornalismo, Enxeñaría Informática ou afíns, para realizar funcións de difusión e comunicación das actividades e resultados de I+D+i (divulgación e comunicación científica; xestión e administración de redes sociais; desenvolvemento de contidos...).

Liña de Actuación Modelos preclínicos innovadores do Centro de Investigación en Biomedicina Experimental da USC (CEBEGA):
5 titulados universitarios que completarán a súa formación para realizar tarefas no desenvolvemento de modelos preclínicos innovadores para a avaliación biolóxica de distintas terapias en patoloxía humana.

Liña de Actuación “Química Ambiental Mariña”:
1 Técnico Superior en Formación Profesional en Química Ambiental.

Unha vez resolta a convocatoria do Programa polo MINECO a USC disporá dun mes para contratar aos candidatos elixidos. Considerando o curto espazo de tempo, os estudantes/titulados que teñan interese en participar nesta posible contratación deberán remitir datos á dirección cittinfo@usc.es o prazo para remitir a dita ficha estará aberto dende o próximo 1 de xuño ata as 14 horas do día no que se publique por parte do ministerio a resolución de concesión.
O Criterio de selección será a nota media do expediente académico.

Para poder ser contratado a través destas axudas É OBRIGATORIO ESTAR INSCRITO NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL (SNGX). A información relativa a este rexistro, aos requisitos e aos trámites a realizar para inscribirse pódense atopar no seguinte link:
http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsealta.html

NoNEETs_cartelO proxecto NoNeets é un proxecto que involucra a seis países europeos (Bélxica, España, Francia, Italia, República Checa e Romanía) ao abeiro do Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP) e financiado pola Comisión Europea.
As finalidade do proxecto é identificar as características, as necesidades e intereses da poboación nini, analizar o fenómeno nini, deseñar e poñer en marcha un programa común baseado na demanda dos/as benficiarios/as finais, involucrar á xuventude adulta en diferentes actividades que permitan a súa motivación e incrementar na poboación en xeral a importancia do proceso da aprendizaxe continuo.
Este programa vai principalmente dirixido a mozos e mozas de entre 15 e 29 anos desempregados, non asistentes a cursos de formación, que non traballan, na procura de educación e formación ou oportunidades laborais.
O obxectivo do proxecto é coñecer as súas necesidades e intereses, así como xerar un punto de partida para ofrecerlle á xuventude as ferramentas eficientes e con éxito que fortalezan as habilidades motivacionais, as actitudes sociais, os coñecementos e competencias apoiando a súa inserción profesional e social.

A acción formativa deste proxecto será desenvolvida no mes de xuño nas comarcas de Sarria e Verín.

Tras dun proceso de selección dos/as candidatos/as, 12 persoas, en cada unha das sés,  poderán optar a esta formación e apoio a través dun curso onde se lles aportarán ferramentas para conquerir o seu traballo así como ferramentas para o emprendemento.
Dentro da acción formativa tamén terán posibilidade de participar en eventos locais relacionados coa súa zona a través de entrevistas de traballo, visitas a empresas, coñecemento de boas prácticas, contacto cos axentes sociais,…
O proxecto ofrece ante todo unha oportunidade de formarse, de ter encontros con mozos e mozas cunha misión de mudar o seu futuro, e moitas ferramentas para conquerilo.
Se queres participar no programa envía os teus datos a: noneets.galicia@gmail.com
www.noneets.eu

FOLLETO INFORMATIVO

Correspondentes_Colexio_ClunnyAlba, Juan, Diego e Alba, alumnado de 2º da ESO, son Correspondentes Xuvenís no Colexio San José de Cluny en Santiago de Compostela. Encarganse de difundir información entre os seus compañeiros a través do taboleiro de anuncios.

Parabéns polo seu labor!!!

Correspondentes_do_IES_Parga_Pondal_1Correspondentes Xuvenís do IES Isidro Parga Pondal de Carballo.

Como o curso escolar esta a punto de rematar, o profesorado responsable de Correspondentes Xuvenís no IES Isidro Parga Pondal de Carballo pedironlle aos alumnos de 3º ESO que participan no proxecto, que plasmaran as súas impresións sobre o mesmo.

Estas son as transcricións de dous dos documentos, opinan tamén sobre outros dos proxectos nos que estaban involucrados.


Documento 1
"Nós, os alumnos do I.E.S. Isidro Parga Pondal, consideramos que a experiencia de participar no proxecto xuventude nos enriqueceu didáctica e lúdicamente, xa que a información que hai na páxina énos de axuda para a petición de bolsas estranxeiras e a posibilidade de acceder a outro tipo de información tamén interesante.
Foi unha grande oportunidade participar neste proxecto e contribuír ao desenvolvemento da páxina web.
No caso de Quérote+ as actividades foron medianamente útiles e un pouco repetitivas, pero fíxose todo o posible por espremelos coñecementos do instrutor."


Documento 2
"Os alumnos de 3º ESO do Isidro Parga Pondal de Carballo opinamos que moita da información é innecesaria porque á xuventude de hoxe en día necesita actividades máis dinámicas. Unha das actividades realizadas en clase foi Querote+ unha das mellores actividades. Aínda así opinamos que foi moi repetitivo e non trataron temas novos e importantes, para o noso gusto terían que tocar o tema do sexo e non tanto a repetición da tecnoloxía e o do alcohol. O da tecnoloxía xa o deu a policía e o do alcohol unha asociación chamada Vieiro, é dicir nada innovador. Pero a pesar diso gústonos máis que facer Consumopolis."

Gracias polas opinións e parabéns a todas e todos os Correspondentes!!

Tamén elaboraron un folleto informativo sobre o carné xove e sobre programas de Xuventude.

Folleto elaborado polos/as Correpondentes