Novas e actividades (1313)

alumnos-aulaNo DOG do 29 de xullo publicanse os cambios no currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes de Galicia.

Materias que cursarás no primeiro curso da educación secundaria obrigatoria:
a) Dentro do bloque de materias troncais:
1º. Bioloxía e Xeoloxía.
2º. Xeografía e Historia.
3º. Lingua Castelá e Literatura.
4º. Matemáticas.
5º. Primeira Lingua Estranxeira.
b) Dentro do bloque de materias específicas:
1º. Educación Física.
2º. Relixión, ou Valores Éticos, segundo a elección do pai, da nai, do/da titor/a legal ou, de ser o caso, do alumno ou a alumna.
3º. Segunda Lingua Estranxeira.
4º. Educación Plástica, Visual e Audiovisual.
c) Dentro do bloque de materias de libre configuración autonómica:
1º. Lingua Galega e Literatura.
O horario establecido como de libre configuración do centro, en función da oferta formativa establecida polos centros docentes, poderá destinarse a:
a) Afondamento e/ou reforzo dalgunha materia.
b) Materia de libre configuración autonómica.
c) Materia de libre configuración do centro.

Materias que cursarás no terceiro curso da educación secundaria obrigatoria
a) Dentro do bloque de materias troncais:
1º. Bioloxía e Xeoloxía.
2º. Física e Química.
3º. Xeografía e Historia.
4º. Lingua Castelá e Literatura.
5º. Primeira Lingua Estranxeira.
6º. Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, segundo elección do pai, da nai, do/da titor/a legal ou, de ser o caso, do alumno ou da alumna.
b) Dentro do bloque de materias específicas:
1º. Educación Física.
2º. Relixión ou Valores Éticos, segundo elección do pai, da nai, do/da titor/a legal ou, de ser o caso, do alumno ou da alumna.
3º. Música.
4º. Tecnoloxía.
5º. Educación Plástica, Visual e Audiovisual.
6º. Unha materia a elixir entre Segunda Lingua Estranxeira e Cultura Clásica.
c) Dentro do bloque de materias de libre configuración autonómica:
1º. Lingua Galega e Literatura.

Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento
1. Os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento forman parte das medidas extraordinarias de atención á diversidade e teñen por finalidade facilitar que os alumnos e as alumnas, mediante unha metodoloxía específica e unha organización de contidos e materias do currículo diferente á establecida con carácter xeral, alcance as competencias do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria, poidan cursar o cuarto curso pola vía ordinaria e obteñan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
2. Poderá incorporarse aos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento, en terceiro curso de educación secundaria obrigatoria no curso 2015/16, o alumnado que presente dificultades relevantes de aprendizaxe e que se atope nalgunha das seguintes situacións:
a) Ter cursado segundo curso de educación secundaria obrigatoria, ter repetido algunha vez en calquera das etapas e non estar en condicións de ter promoción a terceiro curso de educación secundaria obrigatoria.
b) Con carácter excepcional, para o alumnado que ten cursado terceiro curso de educación secundaria obrigatoria e non está en condicións de ter promoción ao cuarto curso. Neste caso poderán incorporarse a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento para repetir curso.

Materias que cursarás no primeiro curso de bacharelato
a) Catro materias xerais do bloque de materias troncais.
b) Dúas materias de entre as materias troncais de opción.
c) Lingua Galega e Literatura.
d) Educación Física.
e) Un mínimo de dúas e un máximo de tres materias de entre as materias específicas de elección.
O horario establecido como de libre configuración do centro, en función da oferta formativa establecida polos centros docentes, poderá destinarse a:
a) Afondamento e/ou reforzo dalgunha materia.
b) Materia de libre configuración autonómica.
c) Materia de libre configuración do centro.

Máis datos no DOG do 29 de xullo de 2015

2015vermiglio1A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado é socia no proxecto “Ciberbullying let´s talk”, que organiza o Concello de Vermiglio en Trentino (Alto –Adige) en Italia, no marco do programa Erasmus+, un programa que pretende mellorar o nivel de competencias e de capacidades básicas dos mozos e mozas, así como potenciar a dimensión internacional destes a través da participación en proxectos no estranxeiro.

O proxecto terá lugar en Trentino – Alto Adige (Italia), no que participarán mozos e mozas de once asociacións de sete países europeos e países veciños. Un total de 35 mozos e mozas de 7 países da Unión Europea terán a oportunidade de participar activamente nun intercambio xuvenil, no que se levarán a cabo diferentes actividades como: debates, xogos de rol, obradoiros e diferentes visitas educativas e culturais na comarca.

“Ciberbullying let´s talk” nace da necesidade de análise do uso das novas tecnoloxías e fundamentalmente do seu uso. Entre os seus obxectivos destacan, entre outros:  promover a utilización das novas tecnoloxías de forma segura e promover o debate sobre a identidade virtual e sobre a publicación de imaxes ou datos de carácter persoal en internet.
Países participantes: Bulgaria, Armenia, Turquía, Hungría, Xeorxia, Italia e España.
Datas de realización do intercambio: do 29 de agosto ao 4 de setembro de 2015.
Destinatarios: mozos e mozas residentes en Galicia entre 18 e 22 anos.

Prazas: 4 prazas
Prazo de inscrición: do 22 ao 26 de xullo de 2015.
Os participantes comprarán os billetes de traslado (ida e volta) desde o seu domicilio ata o lugar de aloxamento do intercambio en Vermiglio-Val di Sole pola súa propia conta, e seralles devolto o custo ata un máximo de 170 euros, coa presentación da factura a nome do participante e boarding pass (tarxetas de embarque) ou outros xustificantes de viaxe.
Aos efectos de facilitar o traslado de ida e volta dende o aeroporto de Bolonia (Italia) ata a localidade do aloxamento, a entidade italiana organizadora do intercambio porá a disposición dos participantes que así o soliciten un servizo de trasporte dende o referido aeroporto o día de inicio do intercambio (29 de agosto) e o día de finalización do mesmo (4 de setembro) no horario que se determine en función dos horarios de chegada e saída dos/as participantes.
Reiteramos que este servizo de transporte o ofrecerá a organización italiana dende o aeroporto de Bolonia,  cun custo de 70 euros que correrá a cargo do/a participante. No caso de que o/a participante non desexe utilizar este servizo, deberá chegar ao lugar de aloxamento pola súa conta.
Inscrición: Realizarase mediante o envío do formulario electrónico dispoñible nesta páxina web dentro do prazo establecido. Soamente se admitirá una solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión de algún deles, poderá ocasionar a desestimación da solicitude.
Admisión: Será por rigorosa orde de inscrición sempre ata cubrir a totalidade das prazas convocadas para o intercambio.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir confirmación desta o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para participar no intercambio.
Confirmada a praza nos 3 días seguintes  laborables, os/as seleccionados/as deberán remitir  a galeuropa@xunta.es a seguinte documentación:
- Factura e billetes de transporte ata o aeroporto italiano.
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria Europea ou póliza de seguro de viaxe, de accidente e  de enfermidade.
Recibidas correctamente as copias dos documentos solicitados, aos/ás seleccionados/as facilitáraselles posteriormente os datos de contacto do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro na cidade de realización do intercambio.
Se houbera algunha baixa despois da adxudicación das prazas, ofertarase aos seguintes na lista de espera, tendo que presentar estes a documentación precisa nun prazo de 3 días laborais trala comunicación.
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
- Trasporte local no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.

Máis información:
galeuropa@xunta.es
981 544 645 e 981 544 869

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

robotNo DOG do 21 de xullo de 2015 publícase a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, así como o seu currículo e a súa oferta:

Educación Financeira
Investigación e Tratamento da Información
Oratoria
Paisaxe e Sustentabilidade
Programación
Promoción de Estilos de Vida Saudables
Xadrez
Antropoloxía
Ética e Filosofía do Dereito
Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía
Literatura Galega do Século XX e da Actualidade
Literaturas Hispánicas
Métodos Estatísticos e Numéricos
Patrimonio Artístico e Cultural de Galicia
Robótica
Xeografía e Historia de Galicia


DOG do 21 de xullo de 2015

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia organiza dentro do marco da Eurocidade Chaves-Verín  unhas xornadas sobre o programa europeo Eramus+, financiados polo proxecto EUROCIDADE II  aprobado ao abeiro do Programa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), na que son socios  a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves.

Obxectivos.-  Dar a coñecer as posibilidades do programa europeo de mobilidade Erasmus+, un programa que pretende mellorar o nivel de competencias e de capacidades básicas dos mozos e mozas, así como potenciar a dimensión internacional destes a través da participación en proxectos. Mediante a colaboración e participación nun obxectivo común axudará a que moitos mozos e mozas se sintan máis capacitados para tomar decisións, para interactuar e para mirar e crear  oportunidades de traballos.
O programa europeo Erasmus+, o novo programa da Unión Europea para a educación, a formación, a mocidade e o deporte, con vixencia  2014 – 2020 ten entre os seus  obxectivos específicos: mellorar o nivel de aptitudes e competencias dos mozos e mozas; promover a participación na vida democrática en Europa e no mercado de traballo; a cidadanía activa; o diálogo intercultural; a inclusión social e a solidariedade; posibilitar ás persoas que traballan no ámbito da xuventude e aos mozos e mozas maiores oportunidades de mobilidade por motivos de aprendizaxe; potenciar a dimensión internacional das actividades xuvenís e o papel dos traballadores e organizacións no eido da xuventude como estruturas de apoio aos mozos e mozas. O programa fomenta a mobilidade dentro e fora dos límites da Unión Europea, a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural e tamén apoia a empregabilidade e a inclusión de todos os mozos e mozas independentemente do contexto social, educativo ou cultural ao que pertenzan
Lugar de impartición.- Oficina da Eurocidade Chaves-Verín, antigo Posto Fronteirizo sito en Feces de Abaixo.
Habilitación dun correo electrónico para atendemento diario das dúbidas dos participantes.


Indice de contidos

24 de xullo, aula 1(teórica):
9:30-12:00/12:30-15:00- Introdución ao programa Erasmus+
1-Antecedente e evolución dos programas xuvenís.
2-Destinatarios e requisitos. Filosofía do Programa.
3-Accións do Programa nas áreas de Educación e Deporte.
4- Organismos de información, asesoramento e tramitación.
12:00-12:30- Café con… Manuel Araújo, técnico da OMIX de Ribadavia.

31 de xullo, aula 2 (teórico-práctica)
9:30-12:00/12:30-15:00- Erasmus+ Xuventude
5-Accións xuvenís: K1, K2 e K3. Que son, para que son, en que consisten.
6-Crear un proxecto:
-Saber que queremos e saber que podemos.
-Como viabilizar un proxecto.
-Oportunidades que ofrece o Programa e adecuación aos nosos intereses.
12:00-12:30- Café con… integrante do CDR O Viso (Sarreaus). Entidade  participando actualmente en proxectos de Erasmus+.

7 de agosto, aula 3 (práctica)
9:30-12:00/12:30-15:00- Como participar.
7-Do papel á acción e volta ao papel:
-Explicar as nosas ideas coa axuda dun formulario.
-Materializar o noso proxecto: previr a loxística.
-Compartir os nosos logros: divulgación e xustificación.
12:00-12:30- Café con… técnico do IPJ (a confirmar).

Buzón telemático de dúbidas:
Dispoñible do 24 de xullo a 31 de agosto de 2015.

Total: 20 horas (16h 30’ presenciais, 3h 30’ non presenciais)
Destinatarios/as: mozos e mozas con idades comprendidas entre 18 e 35 anos residentes na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, con preferencia os residentes na Eurocidade.
Selección: por orde de inscrición
Número de prazas: 25, grupo mínimo para realizar o curso 8  persoas
Prazo de inscrición.-  Ata o mércores 22 de xullo
Os seleccionados comunicáraselle a súa admisión por correo electrónico.

Máis informacióngaleuropa@xunta.es

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Galeuropa2015No DOG do 1 de xullo publicouse unha correción de erros do Programa Galeuropa, pola que se elimina a puntuación mínima esixida para optar as axudas a proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro e entidades locais (apartado 4. Criterios de valoración das bases 2ª e 3ª do Anexo-A)

Orde do 4 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2015

DOG núm.122  do mércores  1 de xullo de 2015