Novas e actividades (1315)

portadaoutubro2015Xuventude.Novas, a revista interactiva da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ofrece na súa nova edición unha entrevista con Ledicia Costas. A escritora viguesa acaba de recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por ‘Escarlatina. A cociñeira defunta’, unha obra na que destaca o uso do humor macabro para desmitificar a morte entre os máis novos. Costas defende a boa saúde da literatura xuvenil galega e destaca a constante irrupción de novos talentos neste eido.

Este número dedica tamén un espazo relevante a dous novos proxectos apoiados polo programa Iniciativa Xove. Un é o que desenvolveu na Coruña o Colectivo Xerión, un grupo de estudantes da escola Pablo Picasso. Consistiu nunha exposición de escultura que complementaron cunha serie de actividades abertas á participación do público para reivindicar o valor das esculturas como pezas únicas, fronte á uniformidade e a falta de personalidade das producións industriais. O outro proxecto é o impulsado por Down Galicia, baixo o nome de ‘O meu mundo en fotos’. Os integrantes e beneficiarios desta entidade recibiron clases de iniciación á fotografía e tiraron imaxes da súa contorna. A partir delas, prepararon unha selección e elaboraron un álbum colectivo, que tamén tivo forma de exposición.

Con vistas ás vindeiras semanas, Xuventude.Novas reserva unha páxina para ofrecer unha guía básica para preparar un magosto. Son consellos elementais, pero que nunca está de máis esquecer nos labores de organización das festas máis tradicionais do mes de novembro. Nesta liña, dá indicacións dos factores que hai que ter en conta á hora de facer acopio de castañas, os coidados e precaucións para preparar o lume, as opcións loxísticas para asar as castañas, e que outros alimentos non deben faltar na celebración.

Esta edición complétase cunha reportaxe sobre a capacidade do proxecto europeo ‘Emprende’ para impulsar proxectos empresariais de xente nova de Galicia e do norte de Portugal, e outra con exemplos do programa ‘Deseñando o teu futuro’, que lle serve ao alumnado de 14 a 18 anos para tomar contacto con centros de traballo e ter así novos criterios para orientar a súa formación e o seu futuro profesional.

XUVENTUDE.NOVAS

Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.

2015casrtelfinalistasfotografiaO día 10 de novembro de 2015 ás 12 da mañá, inaugurase a exposición das obras finalistas das especialidades de Artes plásticas e Fotografía, na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela. A exposición permanecerá aberta ao público do 10 ao 28 de novembro de 2015, de luns a sábado en horario de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 a 20:30 h

Finalistas da especialidade de Artes plásticas:

Modalidade de Escultura:

Título da obra                            Pseudónimo                                
“Trazos físicos da terra”                Maraña de cores
“Diafanía”                                     Adtaracido
“Grane”                                        Elelum
“Conciencia plástica”                    Conciencia plástica
“Cinco sobre un”                          Vandergoes
“Sen ti”                                         B.S.
“O vento na pel”                           Rascarla
 
Modalidade de Pintura:

Título da obra                                Pseudónimo
“Noticiario das 15:00 h”                      Curga
“Puzzle de FluídoFaunoRostros”          Carlo
“Vida detida: sombras e ondas”           Zana
“Remigio”                                           Trosco
“Mandalas”                                         Sino
“Acechando”                                      Shelfica
“4 ensoñacións”                                  Mina
“Habitar, erosión e ruína”                    R
“Amplía miras”                                   Tones
 
Finalistas da especialidade de Fotografía:
 
Título da obra                                   Pseudónimo
“Otro punto de vista”                                Za
“Xeometrías”                                            Clevinger
“Do ermo”                                                Eduarda Ponte
“Metamorfose”                                         Miñoca
“Galiza is different”                                    Lig
“Pegadas”                                                 Margot
“Conciencia plástica”                                Conciencia plástica
“Artabro vertical”                                     ARV
“Espellos, espazo de reflexión”                 Muller colorada
“Ascender”                                              Calila
“Poemas obxecto”                                   Tones
“Einwegkamera (cámara de un solo uso)   Selotl
“Pretérito ulterior”                                    Celeste
“Vivir en las nubes II”                              Volar
“A terra, amencer e solpor”                     Arianrhod
“Recordo”                                               Marsu

xuvcreaxoias2015A inauguración da exposición cos proxectos finalistas  vai ter lugar o día 17 de novembro, ás 20:00 h na Fundación Eugenio Granell, Praza do Toural, Santiago de Compostela.

 

As coleccións finalistas permanecerán expostas do 18 ao 28 de novembro:

 

De martes a venres: de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h.

Sábados: de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:00 h

voluntariosNo BOE do 15 de outubro de 2015 publícase a Lei de Voluntariado.

Con este texto, pretendese mellorar a situación dos voluntarios, dotarlles dunha seguridade xurídica e laboral e facilitarlles o seu labor.

Entre as medidas que impulsa, está a creación dun permiso para que o persoal sanitario participe en proxectos de cooperación e emerxencias sanitarias.

Establece ademais novos ámbitos de voluntariado: social, internacional de cooperación ao desenvolvemento, ambiental, cultural, deportivo, de lecer e tempo libre, comunitario e de protección civil, que é o que xorde por mor dunha emerxencia ou unha catástrofe natural.

A norma, á parte de fixar os dereitos e deberes das persoas voluntarias e dos destinatarios da súa actividade, fixa unas uns límites para persoas condenadas en delitos contra menores ou contra os dereitos da muller, pois non poderán integrarse en proxectos dirixidos a estes colectivos. Ademais, amplíanse os supostos de limitación ao tráfico ilegal de persoas e ao terrorismo.

Lei de Voluntariado

 

anverso_carn_xove

Dende hoxe pasan a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove, 4 novos establecementos:

• Centro Xuvenil "Don Bosco", en Santiago de Compostela

• Centro del pié, na Estrada

• Escola de tempo libre do Eume, nas Pontes

• Peets R Us, en Lugo

Así, pois, mozos e mozas xa podedes disfrutar nestes establecementos  das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!