Novas e actividades (1125)

A iniciativa Mozos/as Embaixadores Europeos (YEA) é unha rede de comunicación vibrante, apolítica e voluntaria que conecta e constrúe pontes de amizade entre a mocidade de Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Xeorxia, a República de Moldavia, Ucraína e os Estados membros da UE e o Reino Unido. O obxectivo da rede é concienciar sobre a cooperación da UE cos seus países socios do Leste, mostrar os resultados tanxibles desta cooperación, contribuír ao diálogo político sobre diversos temas, axudar a aumentar o activismo cívico e traballar xuntos por un futuro mellor.

As persoas destinatarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
- ser cidadán/a de un dos Estados membros da Unión Europea, o Reino Unido ou un dos seis países socios do Leste (Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Xeorxia, República de Moldavia ou Ucraína);
- ter entre 16 e 26 anos;
- contar cun bo nivel de inglés;
- estar interesado/a en os asuntos da UE e a asociación e cooperación entre a UE e o seu país;
- estar interesado/a en a diplomacia pública e as actividades de divulgación, e disposto a compartir coñecementos, experiencias e información;
- ter motivación para contribuír ao desenvolvemento da súa comunidade e país;
- prestar interese nas actividades voluntarias e disposto a dedicar o tempo suficiente para ser parte das actividades de participación cívica.

Prazo: Ata o 24 de outubro do 2021.

http://www.eurodesk.es/program/convocatoria-para-jovenes-embajadores-europeos 

Bono Cultura

Out 18, 2021

Si tes máis de 18 anos poderás solicitar o teu Bono Cultura co que obterás descontos do 50% nas túas compras.

Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou en varios dos establecementos adheridos ao programa.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 50 euros por usuario para as compras nos establecementos adheridos.

O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra, de acordo co seguinte criterio:

- Desconto do 50 % da compra realizada ata un máximo de desconto de 50 €.

Os bonos estarán dispoñibles na web https://www.bonocultura.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 1 de novembro de 2021 e serán válidos ata o 31 de decembro de 2021.

O vindeiro 21 de outubro, Pilar del Oro, coordinadora da oficina de información europea para a mocidade na Fundación Galicia Europa, presentará as oportunidades que existen para a mocidade na Unión Europea a través da súa participación en distintos programas de emprego, prácticas e outros proxectos ou actividades cunha dimensión transnacional e pensados para elas/eles.

A continuación, Belén Mendoza, responsable de proxectos europeos na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela presentará un dos programas máis exitosos dos últimos anos, o "Programa Erasmus para Emprendedores", que permite a emprendedoras i emprendedores noveis, aprender en Europa de persoas empresarias experimentadas.

Resolveranse tódalas dúbidas e explicaranse os requisitos e condicións de participación no mesmo, tanto para aquelas persoas emprendedoras, ou mesmo xoves con só unha idea de negocio, así como para as empresas ou emprendedores/as que poidan pensar en acoller persoas emprendedoras de Europa para buscar novas oportunidades de negocio no exterior.

Ademais, o novo emprendedor Álvaro Criado, que ven de Irlanda, e está a facer unha estancia na Bodega Lombre contará a súa experiencia co programa.

A Cámara de Santiago promove este programa en Galicia dende o ano 2015 e ten acompañado xa máis de 130 intercambios, actualmente están arredor de vinte en marcha e conta con máis de 80 empresas galegas rexistradas para acoller emprendedores de 38 países. Como novidade neste último ano os emprendedores poden optar a saír non só a toda Europa senón tamén os novos destinos Global en Estados Unidos, Canadá, Singapur, Corea do Sur, Taiwán e Israel.

O encontro terá lugar na OMIX de Ribadavia (Porta Nova de Abaixo 9) ás 11:00h.

Para inscribirse e necesario enviar o teu nome, apelidos e número de teléfono o mail omix.ribadavia@gmail.com antes do martes día 19 de Outubro (como tarde o 19 de Outubro as 12:00 do mediodía).

A Semana Viva!

Out 15, 2021

Comeza unha nova iniciativa de LIBERA, A Semana VIVA.
Do 25 ao 29 de outubro é a semana de coñecer, de saber, de mostrar, de mostrarse, de esculcar, de investigar; en definitiva, de estar VIVOS! Como o planeta que queremos e polo que desde LIBERA están a traballar.

Por unha terra VIVA!

E para estar vivos é necesario saber, aprender, investigar, sobre todos os problemas que nos afectan para poñerlles solución. Entre todos eses problemas, LIBERA pon o foco na #basuraleza, unha catástrofe ambiental que require dos maiores expertos e expertas no tema para atallala. E por iso LIBERA tráevolos para que vos conten de primeira man como afecta a basuraleza ás contornas, a fauna, a flora... en definitiva aos seres vivos dunha terra viva.

Luns, 25 outubro (10:00 h)
Cales son os resultados de análises de contaminación dos nosos espazos naturais?
Con María Dulsat (CSIC)

Martes, 26 outubro (10:00 h)
Que tipo de residuos atopámonos segundo o espazo natural analizado? App e-Litter
Con María Cabrera (Paisaxe Limpa) e Beatriz López (Vertidos Cero)

Mércores, 27 outubro (10:00 h)
Contaminación física Falemos de microplásticos en ríos!
Con David León (Home e Territorio)

Xoves, 28 outubro (10:00 h)
Pode a basuraleza afectar os pingüíns? Impactos físicos e contaminantes químicos en fauna
Con Andrés Barbosa (CSIC-SEO)

https://proyectolibera.org/semana-viva/ 

Xogade

Out 14, 2021

A Secretaría xeral para o Deporte convoca o programa Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2021/22.

Poderán inscribirse neste programa os centros de ensino, ANPAS, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas escolares, asociacións, etc. que o desexen, pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

As actuacións do programa para a tempada 2021/22 son:xogade2
– Actividade deportiva escolar.
– Actividade deportiva federada-seguro deportivo 6 a 16.
– Coñece o meu club.
– Proxecto de vida activa e deportiva.
– Xogando coa auga e co vento.
– Xogos tradicionais e populares.
– Espazo lúdico.
– Actividades de promoción.

Máis información no DOG do 14 de outubro de 2021 e en https://xogade.xunta.gal

Impactados pola covid-19 é a reportaxe de alumnnado do IES Rosalía de Castro de Santiago, gañadora do concurso Xornalismo na Escola de Prensa-Escuela, organizado pola Voz de Galicia.

Alumnado:
Iria Vilar Regos, Daniela Veiga Pato, Pedro Rey Blanco, Roi García CondeBerta Maside López, Lara Méndez García, Lucía Gil Batalla e Nicolás Rivadulla Losada.

Profesorado:
Profesores de 1.º de ESO C: Alberto Sacido, Laura Pérez Codesido, Rocío Figueroa Guisande, Lourdes Costa Ferrer e Johanna Otero García.

Impactados pola covid-19

 

Un dos artigos máis votados foi "Cazando colillas y limpiando Ourense: 15 años de la ley antitabaco" do Colexio Divina Pastora Franciscanas (Ourense)dinonaotabaco2 980x653

Alumnado:
Antía García Cerdeira, Gabriel Gallego Salgado, Hugo Fernánez Mazaira e Mario González Salpurido

Profesor:
Gonzalo Sánchez Busons (2º ESO)

"Cazando colillas y limpiando Ourense: 15 años de la ley antitabaco"

DiscoverEU é unha iniciativa da Unión Europea que che ofrece a oportunidade de descubrir Europa a través da túa propia experiencia.

Desprazándote principalmente en tren (hai excepcións para as persoas que viven en illas ou en zonas remotas), descubrirás as impresionantes paisaxes de Europa e a súa gran variedade de cidades e pobos.

Se tes a cidadanía da Unión Europea e 18 anos de idade, DiscoverEU ofréceche a oportunidade de gozar da experiencia dunha viaxe que che permitirá aproveitar a liberdade de circulación na Unión Europea, explorar a diversidade de Europa, aprender sobre a historia e o patrimonio cultural europeos e coñecer persoas de todo o continente. Ademais, grazas a DiscoverEU, podes desenvolver habilidades para a vida que che serán de gran utilidade no futuro, como a independencia, a confianza e a apertura a outras culturas.

Excepcionalmente, quen podía presentar a súa candidatura nas dúas edicións de 2020, que foron canceladas pola pandemia de COVID-19, poderán volver presentarse a esta edición.

A nova edición de DiscoverEU estará aberta entre o 12 de outubro, ás 12.00 h e o 26 de outubro, ás 12.00 h.

Como podes participar?

Para poder participar, tes que:
- nacer entre o 1 de xullo de 2001 e o 31 de decembro de 2003 (ambos inclusive).
- ter a nacionalidade dun dos Estados membros da Unión Europea no momento da concesión dos bonos.
- encher un número de documento de identidade ou pasaporte válido no formulario de candidatura en liña.

Despois terás que responder a un cuestionario (salvo se presentas a túa candidatura como membro dun grupo). Se a túa candidatura resulta seleccionada, poderás facer unha viaxe de entre un e trinta días de duración desde o 1 de marzo de 2022 ata o 28 de febreiro de 2023.

Podes ir só/soa ou engadir a ata catro persoas que haberán de cumprir as condicións de admisión anteriores formando un grupo. Ten en conta que os outros membros do grupo utilizarán o teu código de candidatura para presentar a súa propia.

E se tes algunha dúbida, podes enviar a túa consulta ao correo eurodesk@injuve.es e tentarán axudarche.

https://europa.eu/youth/discovereu_es 

En 2020 durante a presidencia alemá conxunta da Unión Europea e o Consello de Europa, ao redor de 1.000 participantes reuníronse en liña para participar na 3ª Convención Europea de Traballadores no ámbito de Mocidade, por mor da cal se desenvolveu a Axenda Europea para o traballo con mozos e mozas e o que se coñece como o proceso de Bonn para implementala a nivel nacional, rexional e local.

As deliberacións dos participantes na Convención recóllense nunha Declaración final, que busca motivar e guiar sobre o traballo con mozos, así como fortalecer o compromiso político, a todos os niveis, para o mantemento, desenvolvemento e innovación no ámbito da mocidade en toda Europa.

Declaración final da 3ª Convención Europea de Traballadores no ámbito de Mocidade

hatersIgualdade da Xunta de Galicia desenvolve nas redes sociais unha campaña de concienciación contra a violencia de xénero. Co título Haters da Violencia de Xénero quérese brindar mensaxes de rexeitamento ante calquera comportamento ou conduta baixo a que subxacen situacións de violencia de xénero.

A iniciativa, enmarcada no conxunto de actuacións desenvolvidas en Galicia no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, ten por obxectivo conseguir que a sociedade en xeral e a mocidade en particular, rexeiten a violencia de xénero e aprendan a identificar as condutas e accións, especialmente as que se sitúan no plano psicolóxico, as máis difíciles de detectar, xa que, en ocasións, acéptanse e mesmo descúlpanse.

Haters da Violencia de Xénero