En portada (1137)

Operación financiada pola Unión Europea PO de Emprego Xuvenil e Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obxectivo: Obter formación e un emprego de calidade

O FSE inviste no teu futuro

Xunta Galiciaunion europealogo xacobeo2021marca galicia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

Contía:

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.
Xuventude fará anticipos de pagamento do oitenta por cento da axuda.

Requisitos das persoas solicitantes:
- Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C. 
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.

Obrigas das persoas beneficiarias:
- Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e acreditalo.

A xustificación da axuda para a obtención dos permisos presentarase con data límite do 21 de decembro de 2020. (Ampliación de prazo publicada no DOG do 13 de outubro de 2020)

As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321A
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2020

Máis información no DOG do 9 de marzo de 2020

Consulta o folleto informativo

Onde te podes inscribir en Garantía Xuvenil?:
  Centro Coordinador de información Xuvenil. R/Ramón Piñeiro 17-19. Santiago de Compostela
  Espazos Xoves
  Cámaras de Comercio
  Oficinas Municipais de información Xuvenil

Temporalmente,  podes inscribirte online: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18612-garantia-xuvenil

MODELO SOLICITUDE DE ANTICIPO             PDF

 

Xoves, 28 de maio, ás 18:00 h

Xa podes ver ni IGTV de Xuventude a charla sobre deporte e moito máis co piragüista @areval000 e @cpichel directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Charla con Carlos Arevalo

Xa está dispoñible no canal IGTV de Xuventude a Charla que mantiveron a xornalista @donkeycool e @cpichel directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, sobre comunicación, moda e moito máis...

Aquí podes vela: https://www.instagram.com/tv/CAdQud3jxqx/

Xa podes ver no Instagram de Xuventude a charla dos músicos @presumidomusic con @cpichel directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, enmarcada en Talento Mozo Online

Charla do 14 de maio dos músicos @presumidomusic no canal IGTV de Xuventude: https://www.instagram.com/tv/CALPxHXDj6f/

Charla do 7 de maio con Desirée Vila @desivila98 no canal IGTV de Xuventude: https://www.instagram.com/tv/CAC-rffhB3I/

"A túa actitude é importante por que eres ti quen vai a iniciar ese cambio" Desirée Vila

Xa podes ver no teu teléfono móbil, no directo de Instagram de Xuventude, a charla que mativeron a atleta Desirée Vila @desivila98 e Cristina Pichel @cpichel directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, como estrea de Talento Mozo Online

"A túa actitude é importante por que eres ti quen vai a iniciar ese cambio" Desirée Vila

 

 

O 7 de maio estreamos Talento Mozo Online

Seguimos tendo moi claro que hai que apostar polo noso talento mozo, aínda que teñamos que facelo dende a casa

Pronto máis novidades!

talentomozo1play.jpg

Xa temos gañador do concurso Crea na casa: o máis votado foi @saulalvarez16

Parabéns!

Ante a situación de crise sanitaria derivada do COVID-19, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pon a disposición dos mozos e mozas un cuestionario online para coñecer a súa situación e as súas inquedanzas, e tamén as súas posibles propostas, ante a realidade actual e o futuro inmediato.

Con esta ferramenta preténdese reforzar a relación directa coas persoas mozas cara abordar e estudar novos recursos e medidas no marco do novo escenario xerado por esta pandemia.

As achegas deste método participativo serán nun elemento fundamental a ter en conta na mellora continua dos programas e actividades que a Xunta de Galicia impulsa no ámbito da xuventude, ao tempo que axudan a promover a participación da mocidade na sociedade e a súa contribución nos procesos de aplicación e seguemento das políticas de xuventude.

En definitiva, trátase dunha ferramenta coa que se pretende reforzar o papel dos mozos e das mozas como axente activo na construción e desenvolvemento da sociedade actual e futura.

Prazo para participar nesta iniciativa: do 30 de abril ao 14 de maio de 2020.

CUESTIONARIO ONLINE

Non dubides en poñerte en contacto con nós. Tamén atendemos no Teléfono Xove 012