En portada (1138)

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado concede os premios da primeira convocatoria dos Premios Galicia de Acción Voluntaria ás seguintes candidaturas, dado que obtiveron en cada modalidade a maior puntuación por parte do xurado:

- Premio voluntaria do ano, na modalidade individual, dotado de 4.000 euros, para Sofía Prol Rodríguez

- Premio entidade de acción voluntaria do ano, na modalidade colectiva, dotado de 4.000 euros, á entidade ONG Mestura

- Premio ao mellor proxecto de acción voluntaria do ano, dotado de 4.000 euros, á Fundación Juan Soñador

Máis información no DOG do 4 de decembro de 2020

cabeceraParlamentoxove

 Xa está aberta a convocatoria para unha nova edición do Parlamento Xove!

O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

 

O programa estrutúrase nas seguintes categorías:

- Categorías escolares (ESO e Bacharelato)

Poderán participar os centros educativos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e 1º e 2º de Bacharelato.

Os equipos inscritos estarán formados por 4 alumnos/as e un/unha profesor/a que será o/a corrdinador/a. En total poderán participar 48 equipos (24 por cada categoría).

O programa realizarase en dúas fases, unha primeira clasificatoria da que xurdirán 8 equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, desenvolverase un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado.

O tema de debate desta primeira fase clasificatoria será: Debería un estado establecer como obrigatoria a vacinación entre a súa poboación?

- Categoría de Universidades:

Poderán participar mozos e mozas estudantes de grao dos sete campus universitarios das tres universidades galegas matriculados/as no curso académico 2020-2021.

Nesta categoría, que non ten fase clasificatoria,  poderán participar un máximo de 8 equipos. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 estudantes e un máximo de 4.

PREMIOS
Os premios serán unha viaxe valorada en 5.000 euros para cada un dos equipos gañadores das categorías escolares e en 2.500 € para o equipo gañador da categoría universitaria. Así mesmo, contarán cunha mención especial e cun agasallo os/as mellores oradores/as e os mellores artigos de investigación en cada unha das categorías.

REGULAMENTO E INSCRICIÓN cabRegulamento boton parlamaentoxove
Descarga o Regulamento do programa para a coñecer todo o necesario sobre o proceso de inscrición e a competición: (PDF)

Formulario de participación (aberto desde o 10 de decembro de 2020 ata o 15 de xaneiro de 2021):

+ Formulario de participación ESO/Bach

+ Formulario de participación Universidade

cabcontactab copia

 

Consulta as túas dúbidas no correo parlamentoxove.xuventude@xunta.gal  ou nos teléfonos 981 545 702 e 981 544 645.

Máis información en http://xuventude.xunta.es/parlamento-xove

A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado premiou o talento das mozas e mozos que participaron no programa Xuventude Crea, na súa modalidade de Videocreación. Os gañadores foron Carlota Álvarez, do Porriño, pola súa obra Zafirada; Luis Xavier do Rego, de Santiago, pola obra Raíces, e o terceiro premio compárteno os coruñeses Hugo Vales con O fin dos nosos días e Andrés Sanjurjo con Sen título. Ademais, faise unha mención de honra á obra Aves migratorias de Ariadna Cordal, procedente de Cambados.

A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, participou na final desta especialidade, que tivo lugar no Centro Galego de Artes da Imaxe, na cidade da Coruña. Alí destacou a implicación e o enxeño dos participantes que cada ano achegan obras de gran calidade e que demostran a creatividade da xuventude galega.

23

Xa está dispoñible no IGTV de Xuventude a charla que mantiveron Cristina Pichel, Directora xeral de Xuventude e Paula Fernández Rico, Traballadora social de Quérote+, con motivo do día internacional contra a violencia de xénero.

https://www.instagram.com/tv/CIBlmtTFcwK/

Resolveuse á fase final de Xuventude Crea 2020 na especialidade de Creación de videoxogos, novidade que incorpora este ano o certame xunto coa disciplina Novela curta. O evento tivo lugar no Pazo de Vilamarín, no marco do I Congreso Utopía Noroeste, un encontro para a innovación, a tecnoloxía e as ideas disruptivas.

Nesta primeira edición da modalidade participaron 16 mozas e mozos e foron seis os videoxogos que chegaron a esta final. O primeiro premio foi para a creación Odal, de Fabián Ezequiel Farías González e Carla Bolaños Blanco; en segundo lugar quedou o equipo formado por Dafne Míguez Nieto, Antía Santiso Méndez, Araceli Villanueva Bello e Daniela Da Rocha Baptista co xogo Cruña Invicta; e o terceiro premio foi para a proposta Fofo e a pesca do lixo, da que son autores Alejandro García Soto e Carmen Araquistain Portela.

Entrevistas cos/as finalistas no Instagram de Cristina Pichel, Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: https://www.instagram.com/p/CH03cgijlj-/

12

1A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mostrou o seu apoio ás mozas e mozos finalistas na especialidade de Danza Moderna do programa Xuventude Crea. Fíxoo durante a exhibición das seis obras que chegaron á final e que tivo lugar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

Nesta edición presentáronse a esta categoría un total de nove grupos integrados por un total de 33 rapazas e rapaces

Premiados/as
1º premio
- Mera, de Vigo, coa obra “Litost”
2º premio:
- Grow as Ohana, de Nigrán, coa obra “Ninjas”
3º premio compartido:
- Estorniños, de Vigo, coa obra “Cardumen”
- Sway, de Vigo, coa obra “Esnaquizoume”
Mencións de honra:
- Abraio, da Coruña, coa obra “Abraio”
- Pontenciarte, do Porriño, coa obra “Puedes”

O primeiro premio ten unha dotación de 3000 euros, 1500 euros o segundo premio e 1000 euros o terceiro premio.

http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea

2

A Xunta de Galicia galardoa o talento musical da mocidade galega na fase final de Xuventude Crea. A terraza da Fundación SGAE, emprazada no parque de Vista Alegre de Santiago de Compostela, foi o escenario no que as seis candidaturas deron a coñecer as pezas musicais finalistas.

Nesta especialidade de Xuventude Crea presentáronse un total de 26 solicitudes nas que están involucrados 50 mozas e mozos entre grupos e solistas, o dobre que na edición do ano pasado. Finalmente, foron tres grupos e tres solistas os que chegaron á última fase.

Os/as premiados/as
1º premio:
- Amorodo (Arbo), cos temas “Estilo amorodo” e “Quero”
- Battosai (Ames), cos temas “Cuánto tiempo” e “Deixa xa de molestar”
2º premio:
- Burgas Vandal (A Coruña), cos temas “Inimigo” e “Te echo de menos”
- Mundo Prestigio (Vigo), cos temas “Mundo nuno” e “Quen quere falar”
3º premio:
- Sara Sístole (A Coruña), cos temas “Lume”e “Deberíamos matarnos”
- Panic Light (Vigo), cos temas “As que nunca calaron” e “Burn it higher”

O primeiro premio ten unha dotación de 3000 euros, 1500 euros o segundo premio e 1000 euros o terceiro premio.

http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea

final

 

A obra O Raposo, de Javier Caamaño Pérez (A Coruña), obtivo o primeiro premio, dotado con 3.000 euros. Estilo en continua construción, de Adrián Lomba Balea (Vigo), o segundo, con 1.500 euros. Entusiasmo luminoso, de Daniel Fernández Vargas (Baiona), o terceiro, con 1.000. E a tamén coruñesa Fernanda Rodríguez Miguélez recibiu unha mención especial do xurado polo seu Escornabois.

fernanda rodríguez

 

  • A infraestrutura, que forma parte da Rede de Albergues Xuvenís de Galicia, recibe 4000 euros pola iniciativa ‘Acreditación de turismo accesible’ e a mesma cantidade pola ‘Instalación do fotovoltaica de consumo directo’

 

O Albergue Bela Muxía, pertencente á Rede de Albergues Xuvenís de Galicia, vén de gañar 8000 euros nas axudas convocadas pola Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), para a posta en marcha de proxectos centrados na sustentabilidade e a accesibilidade.

En concreto, este albergue foi premiado con 4000 euros na categoría de accesibilidade co proxecto “Acreditación de turismo accesible” e con outros 4000 na modalidade de sustentabilidade coa “Instalación fotovoltaica de consumo directo”, que pretende poñer en marcha un sistema propio de produción de enerxía mediante o uso de renovables (solar fotovoltaica) para reducir o consumo eléctrico e a dependencia da rede, diminuír as emisións de CO2 e a pegada do carbono.

A REAJ destina 24.000 euros para que os albergues da rede poidan acometer proxectos nas súas instalacións. Un importe de 12.000 euros para tres iniciativas cun obxectivo sustentable e a mesma contía para outros tres proxectos que procuren a integración de todas as persoas e faciliten o seu acceso ao movemento alberguista coa eliminación de barreiras e co fomento a igualdade de oportunidades.

Outros participantes

A estas liñas de axuda tamén optaron albergues de toda a xeografía española como El Casar de la Inesa (Toledo), os albergues Inturjoven de Andalucía, os albergues Mar i Vent de Piles (Valencia), Mare de Deu del Lledó (Castellón), El Callejón (Valladolid) e Argentina de Benicassim (Castellón).

Cómpre lembrar que entre os principais obxectivos da REAJ encóntranse o fomento da mobilidade xuvenil, a protección do medio ambiente, a igualdade de oportunidades e o entendemento entre culturas e a paz. Para iso cada ano pon en marcha multitude de programas sociais e medioambientais. Un deles é esta nova iniciativa de axudas á sustentabilidade e accesibilidade.