En portada (1120)

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca o programa Emprega Xuventude coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, a contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses e formación por conta allea

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

- Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal, cunha duración mínima inicial de doce meses, das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.
- Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo

Prazos:
- As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data da publicación destas axudas deberán presentarse antes do 9 de marzo de 2020.
- As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas estará aberto ata o 30 de setembro de 2020.  

As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código TR349T
Máis información no DOG do 7 de xaneiro de 2020 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-conselleria

O equipo Login Gaming Bar, clasificado previamente no Espazo Xove de Tui, resultou o gañador do primeiro torneo autonómico de League o Legends (LOL) organizado pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación La Grotta, nos 12 Espazos Xoves pertencentes á Administración autonómica. Esta fin de semana celebrouse a fase final deste torneo no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda. No encontro definitivo impúxose ao equipo OTPS+ do Espazo Xove de Betanzos.

Os cinco integrantes do equipo gañador son: Martín García Pérez, Diego Ribas González, Diego López López, Javier Carrera Rodríguez e Tomás Campelos Fernández. Pola súa banda, os nomes dos subcampións son: Manuel Lechuga Meirás, Antón Rodríguez García, Óscar Lenin Veloso Varela, Sergio Andrade Portela e Jesús Molinero Vázquez.

En canto aos premios do torneo, cada membro do conxunto vencedor recibiu unha tarxeta de Riot Points valorada en 100 euros cada unha. Os compoñentes do equipo que quedaron en segunda posición recibiron material de promoción da Consellería de Política Social. Así mesmo, todos os gastos de manutención, transporte e aloxamento durante esta fase final correron a cargo da organización.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, que asistiu á fase final da competición acompañada do director do recinto feiral, Ricardo Durán, destacou a boa acollida desta primeira edición. O evento desta fin de semana reuniu en Silleda a 80 mozas e mozos de diferentes municipios de toda Galicia. Cristina Pichel subliñou o feito de que as fases previas do torneo se desenvolveran nos 12 Espazos Xoves que conforman a rede pública autonómica, de modo que se conseguiu implicar na iniciativa á xente nova da zona na que se emprazan estes Espazos e da súa contorna. Tamén sinalou que este evento procura promover o coñecemento, a formación e o ocio arredor dos videoxogos, así como xerar comunidade e promover a súa visibilidade social.

Pola súa banda, o responsable do recinto feiral, Ricardo Durán, sinalou que a Dirección Xeral de Xuventude, R e a Feira Internacional de Galicia Abanca teñen unha especial relación co mundo dos videoxogos: pola XGN R Encounter e, desde agora, por este campionato autonómico de League of Legends. Ao respecto, apuntou que “a nosa intención é a de seguir organizando eventos en torno aos videoxogos, que son a parte social que lle faltaba a todo este movemento lúdico global, que chegou para quedarse, e do que queremos formar parte”.

Dezaseis equipos finalistas

Durante as xornadas do sábado e a do domingo, 16 equipos competiron nesta fase final. Estes procederon dos Espazos Xoves de Betanzos, Curtis, Noia, Pontedeume, Viveiro, Chantada e Tui, que contaron cada un deles cun equipo clasificado. Pola súa banda, das localidades de maior poboación que teñen Espazo Xove –Carballo, Lalín, Ourense e Vilagarcía- chegaron a esta fase final dous equipos por ámbito xeográfico.

Cada un dos 16 equipos clasificados estivo formado por cinco mozas e mozos, con idades comprendidas entre os 18 e os 30. Todos eles dispuxeron de transporte de ida e de regreso aos Espazos Xoves dos que saíron, aloxamento e manutención de balde a cargo da Administración autonómica. No que atinxe ao aloxamento, os equipos puideron facelo nun pavillón do recinto de Silleda, provistos da súa propia tenda de acampada, saco de durmir e útiles de aseo. Tamén tiveron acceso a duchas e lavabo. Por último, a manutención incluíu os servizos de xantar e cea do sábado, así como o almorzo e xantar de hoxe.

O público que asistiu a esta fase final do I Torneo Autonómico de League of Legends (LOL) tivo a ocasión de seguir a competición na pantalla do escenario principal. A conexión a internet e os equipos informáticos que empregaron durante esta fase final foron subministrados pola compañía R.

final3

final1final2final4final6final7

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu ao evento de inicio de curso do I Encontro de correspondentes xuvenís deste ano 2019/2020 que tivo lugar durante a fin de semana do 13, 14 e 15 de decembro no complexo xuvenil As Mariñas e no que participaron máis de 250 mozas e mozos de toda Galicia inscritos neste programa. Alí poideron compartir experiencias e comprobar como organiza cada centro a difusión da información entre as súas compañeiras e compañeiros.

Durante esta fin de semana os participantes poideron participar en distintos obradoiros para o deseño dunha curtametraxe ou o uso responsable das redes sociais, así como actividades de ocio como xogos cooperativos, stop motion, lipdub ou danzas do mundo e expresión corporal.

Mediante esta iniciativa, a Consellería de Política Social facilita unha rede xuvenil para que a mocidade poida difundir nos seus centros de ensino programas e información de interese xuvenil, sobre todo aqueles programas que a Xunta de Galicia ofrece aos mozos e mozas galegas. Durante este curso 2019/2020 o número de correspondentes supera os 850. Trátase dunha cifra similar á rexistrada durante o curso pasado.

Estes correspondentes reciben gratuitamente o carné xove, o carné internacional e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes. Ademais, recoñéceselles mediante un certificado de educación non formal expedido pola Administración autonómica o tempo dedicado ás actividades como persoas voluntarias.

Máis fotos do Encontro

C 26C 28E 5E 7E 11E 12E 13E 18E 21E 22E 23E 27E 30E 32E 33E 38E 40E 43E 46E 47E 51E 52E 53E 56E 58E 60E 72E 74E 75E 81E 82E 83E 84E 87E 90C 33C 37C 50C 54C 61C 65C 68E 1E 2

C 7C 11C 22

CX

FIN DE SEMANA DE ESQUÍ CO TEU CARNÉ XOVE

Queres pasar un fin de semana esquiando en Manzaneda?... Só tes que coller o teu carné xove e participar neste sorteo.

Sorteamos un pack para 2 persoas para a tempada de inverno, na Estación de Montaña de Manzaneda.

O pack inclúe:

  • 2 noites en habitación dobre en pensión completa, en Oca Manzaneda.
  • 2 días de forfait.
  • 2 días de alugueiro de material de esquí.

Datas: En temporada de inverno, segundo dispoñibilidade.

Podes participar enviando este formulario desde o luns, 16 de decembro ata as 9.00 h do xoves, 9 de xaneiro.

GAÑADOR:

Miguel Trillo Aguado.

 

 

Aínda non tes o teu carné xove?
Espérante unha chea de descontos en transporte, cultura, moda, campamentos... Unha marabilla!

http://xuventude.xunta.es/carnes-para-a-mocidade/carne-xove

Solicítao!

Nos seguintes enlaces podes consultar os diferentes descontos:

Descontos Xerais

Descontos en Galicia

Por toda esa mocidade voluntaria que entrega unha parte importante do seu tempo e do seu corazón dun xeito desinteresado para que o noso mundo vaia a mellor. Grazas a todas e todos!

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre o prazo para a inscrición nunha nova edición de Parlamento Xove.

O programa estructúrase en tres categorías:
- Categorías de ESO e Bacharelato na que poderán participar os centros educativos de 1º e 2º de Bacharelato e 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Categoría de Universidades na que poderán participar os mozos e mozas estudantes de grao dos sete campus universitarios das tres universidades galegas matriculados/as no curso académico 2019/2020.
O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

O obxectivo desta iniciativa é fomentar entre a xuventude o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias, ao tempo que se potencian as habilidades individuais e grupais promovendo a selección de información, a expresión oral e escrita, as competencias básicas, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo e a convivencia. Tamén se fomenta a tolerancia, a toma de conciencia no comportamento democrático e respecto polas ideas dos demais.

O prazo de preinscrición no programa estará aberto do 4 de decembro de 2019 ao 10 de xaneiro de 2020.

Toda a  información no seguinte enlace: http://www.parlamentoxove.com/

ESO E BACHARELATO

Os equipos inscritos estarán formados por catro alumnos/a e un profesor que será o coordinador. En total poderán participar 48 equipos (24 por cada categoría).

Nestas dúas categorías o programa realizarase en dúas fases, unha primeira clasificatoria da que xurdirán oito equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, se desenvolverá un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

En canto aos premios os equipos gañadores destas dúas categorías serán unha viaxe valorada en 5.000 euros para os membros do equipo. Así mesmo, contarán cunha mención especial e cun agasallo os/as mellores oradores/as e os mellores artigos de investigación en cada unha das dúas categorías.

UNIVERSIDADES

Na categoría universitaria,  poderán participar un máximo de 8 equipos. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 estudantes e un máximo de 4.
A competición nesta categoría contará tamén con dúas fases: unha primeira fase clasificatoria e unha fase final de eliminatoria directa.
En canto aos premios ao equipo gañador desta categoría será unha viaxe valorada en 2.500 euros para os membros do equipo. Así mesmo, contarán cunha mención especial e cun agasallo os/as mellores oradores/as e os mellores artigos de investigación en cada unha das dúas categorías.

Premios Talento Mozo Galicia. Membros do xurado

De conformidade co disposto no artigo 13 da Orde do 10 de outubro de 2019 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 200 do 21 de outubro), o día 2 de decembro de 2019 ditouse a resolución de nomeamento do xurado por parte da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que desempeña a súa presidencia conforme ao citado artigo.

Conforman o xurado dos premios Talento Mozo Galicia as seguintes persoas:

Presidenta: Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e Eva López Barrio, responsable do programa Women Emprende e membro da asociación de mulleres investigadoras e tecnólogas de España, na modalidade de Ciencia.

Miguel Ángel Pérez Dubois, director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e Martín Alemparte Vidal, director-xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra Courel, na modalidade de Rural.

José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte e Belia Méndez Rial, xefa do servizo do deporte en idade escolar, na modalidade de Deporte.

Pablo Casal Espido, director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria e Luciano Covelo Fandiño, presidente de AJE (Asociación de Jóvenes Empresarios) Galicia, na modalidade de Empresa.

Anxo Manuel Lorenzo Suárez, director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo e Paula Cabaleiro Comesaña, xestora cultural e comisaria de exposicións, na modalidade de Cultura e Creación.

María Begoña Mosteiro Blanco, subdirectora xeral do Instituto da Xuventude de Galicia, como secretaria do xurado.

 

RESOLUCIÓN DOS PREMIOS (DOG do 27 de febreiro de 2020)

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social promove o coñecemento, a formación e o ocio ao redor dos videoxogos a través da organización do primeiro torneo a nivel autonómico do coñecido xogo LOL (League of Legends).

Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia que está tendo lugar, desde principios de outubro e ata finais de novembro, nos 12 Espazos Xoves xestionados pola Administración autonómica, co fin de favorecer a participación de mozos e mozas da zona e da contorna próxima.

Os obxectivos do programa son os seguintes:
Ofrecer espazos para que a xuventude poida participar en actividades de ocio e de tempo libre vinculadas co sector dos videoxogos
Ampliar o coñecemento, a formación e as oportunidades laborais que ofrece esta industria emerxente
Promover un uso educativo e responsable dos videoxogos


NOVIDADE: FASE FINAL

Tras a primeira fase inicial celebrada nos diferentes Espazos Xove (que remata o vindeiro sábado 30 de novembro), a fase final deste I torneo autonómico de League of Legends organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado  terá lugar no recinto Feira Internacional de Galicia, en Silleda, os vindeiros 21 e 22 de decembro.

O obxectivo é configurar un intenso e apaixonante fin de semana de competición entre os 16 equipos clasificados para esta fase final. Cómpre lembrar que nos Espazos Xoves de menor poboación (Betanzos, Curtis, Noia, Pontedeume, Vilalba, Viveiro, Chantada e Tui) clasifícanse para esta fase un equipo de cada zona, mentres que nos catro de maior poboación (Carballo, Ourense, Lalín e Vilagarcía), son dous os equipos clasificados.

Deste xeito, a organización da final do torneo será como segue:

Día 1 (sábado 21 de decembro): terán lugar os oitavos de final, que se disputarán de xeito simultáneo en catro espazos (“areas”) diferentes. Xogaranse tres partidos en cada espazo e, os dous mellores, pasarán á seguinte fase.

Día 2 (domingo 22 de decembro): disputaranse os cuartos de final e as semifinais a partido único. Pola tarde terá lugar a gran final, na que o equipo gañador resultará ser o mellor de tres partidas.


Cómpre destacar que a conexión a internet e os equipos informáticos que se empregarán durante esta fase final serán subministrados pola compañía R.


Gastos contemplados

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ofrecerá transporte, aloxamento e manutención, de carácter totalmente gratuíto, aos membros dos 16 equipos clasificados para esta fase final.

En primeiro lugar, o transporte será de ida o sábado pola mañá e de volta o domingo pola tarde.  

Os autobuses saíran de cada un dos Espazos Xove nos que se realizou a primeira fase do torneo, salvo excepcións abaixo relacionadas.

Saída: A saída en cada ruta será desde o primeiro espazo xove relacionado no cadro, do sábado 21 de decembro.

Regreso: Á volta, o autobús fará o recorrido inverso ao da ida. Todos os autobuses sairán de Silleda ás 19.00 horas do domingo, 22 de decembro.

HORARIOS DO SÁBADO:

ESPAZOS XOVE. AUTOS CAPELA: RUTA E HORARIOS DE RECOLLIDA
Pontedeume: 11:00 h.
Betanzos: 11:30 h
Carballo: (12:45-13:00 h.)
Silleda

ESPAZOS XOVE. AUTOS DOSIL. RUTA E HORARIOS DE RECOLLIDA
Noia 11:00 h.
Vilagarcía : 12:00 h.
Silleda

ESPAZOS XOVE. AUTOS IGLESIAS. RUTA E HORARIOS DE RECOLLIDA
TUI / VIGO: 11:00  h.
OURENSE 12:00 h.
LALIN 12:45 h.
SILLEDA

ESPAZOS XOVE. AUTOS SUSOVIGO. RUTA E HORARIOS DE RECOLLIDA
VIVEIRO Estación de Autobuses  ás 10:30h
VILALBA  Casa da Cultura, ( parada de taxis) ás 11:30 h
CHANTADA  Avd de Portugal con Rua Avelino Gómez Ledo ás 13:00h
LALIN   Espazo Xove de Lalín ás 13:30 h.
SILLEDA

No referente ao aloxamento, os equipos clasificados poderán aloxarse nun pavillón independente do recinto, pero é preciso que traian a súa propia tenda de acampada, saco de durmir e útiles de aseo. Terán, así mesmo, acceso a duchas e lavabo.

Por último, e en canto á manutención, os equipos finalistas contarán con servizo de comida e cea o sábado 21, así como con almorzo e comida o domingo 22.


Premios

Cada membro do equipo gañador será obsequiado/a cunha tarxeta de Riot Points (valorada en 100 euros) a través da que se poderán adquirir diversos elementos dentro do xogo, ou con outra tarxeta regalo a determinar pola organización.

Os membros do equipo que quede en segunda posición recibirán material de promoción da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.


Observacións

Esta fase final do I torneo autonómico de League of Legends nos Espazos Xoves será aberta a todo o público, que poderá seguir a competición na pantalla do escenario principal.