En portada (1128)

Hoxe 17 de abril celébrase o día europeo da información xuvenil e, aínda que esta situación de crise sanitaria provocada polo COVID-19 nos impide celebralo de xeito presencial, non queremos deixar de facelo de maneira virtual.

Galicia conta con 247 oficinas municipais de información xuvenil, 890 correspondentes xuvenís en 89 centros educativos e 72 correspondentes xuvenís universitarios.

Con motivo deste día desde a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social animouse aos equipos de correspondentes xuvenís para que participasen, desde a casa, na celebración desta efeméride. Como? A través dun vídeo dun minuto de duración no que comentasen o que supón para eles e elas a información xuvenil e o feito de ser correspondentes.

Descubre o que nos contaron! 

diaeuropeoinformacionvideo3.jpg

Carta Europea de Información Xuvenil

https://www.youtube.com/watch?v=J88pk2wq_2k&feature=youtu.be

Vídeo Correspondente Xuvenil do Espazo Xove de Lalín

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia convoca o concurso “Crea na casa” que se desenvolverá a través da rede social Instagram.

Destinatarias/os:  persoas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos e seguidores de @Xuventudegalicia

Datas de realización:  do 13 ao 27 de abril de 2020

O concurso estrutúrase en dúas fases:

1) Fase de presentación de propostas: do 13 ao 22 de abril

Desenvolvemento: as persoas participantes publican unha fotografía que mostre a súa creatividade na casa durante os días de confinamento (exemplos: pratos de cociña, música, danza ou calquera disciplina creativa pero plasmada a través da fotografía) no seu perfil de Instagram (no feed, non stories) mencionando a @Xuventudegalicia no pé da foto e usando o hastang #creanacasa.

2) Fase de votación: do 23 ao 27 de abril

A persoa gañadora será elidida por votación a través da aplicación EasyPromos: https://pr.easypromosapp.com/entries/891838

Premio:  teléfono Xiaomi Redmi Note 8T.

Toda a información sobre o concurso no seguinte enlace:  BASES LEGAIS DO CONCURSO

Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos ao mercado de traballo. Ten como obxectivo garantir que os mozos entre 16 e 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.

A QUEN VAI DIRIXIDO GARANTIA XUVENIL?
Garantía Xuvenil está dirixida a mozos/as en procura de emprego que non se atopen en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, e queiran lograr a súa inserción plena no mercado laboral.

CALES SON OS REQUISITOS?
Os/as mozos/as poderán solicitar a súa inscrición en garantía xuvenil sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter máis de 16 anos ou menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición
- Non traballar no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Non recibir accións educativas nin formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Ter nacionalidade española ou, ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
- Estar empadroado en calquera localidade do territorio español.

COMO PODO INSCRIBIRME?
Podes inscribirte de varias formas:

a) Se tes certificado dixital ou clave permanente podes inscribirte seguindo os seguintes pasos:
1. Accedes ao seguinte enlace: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action
2. Instrucións para acceder con certificado dixital. Pincha aqui.

b) Se non tes certificado dixital, hai tres opcións: 
1. No Centro coordinador de información xuvenil de Galicia* en Santiago de Compostela ou nos Espazos Xove dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: Mediante un Código Provisional de Activación que te permite activar unha conta de usuario.
2. Nas Oficinas de Emprego: No momento de inscribirte como demandante de emprego ou cando se fai a renovación da demanda podes solicitar que te inscriban no programa.
3. Nas Cámaras de Comercio: facilitanche un certificado dixital para que te inscribas directamente.

* Durante o período do Covid19 o Centro Coordinador de Información Xuvenil e os Espazos Xove están pechados polo que implementamos o acceso online para que podas solicitar o Código de Activación:

ACCESO AO CÓDIGO DE ACTIVACIÓN PROVISIONAL

Se non tes un Certificado Dixital podes acceder á inscrición con un Código de Activación Provisional que te proporcionaremos desde o Centro coordinador de Información Xuvenil.

1. Para iso cubre a Solicitude de Código Provisional de Activación

2. Unha vez cuberta tes que enviala acompañada dunha copia do DNI ou NIE ao correo electrónico: ccoordinador.xuventude@xunta.gal

Instrucións para activar a conta de usuario e escoller o contrasinal persoal: Pincha aqui.

Necesitas axuda para cubrir o formulario de inscrición? 
Se xa tes creada a túa sesión de usuario e necesitas axudas para cubrir o formulario de inscrición contacta co noso Servicio de Información Xuvenil no correo electrónico: ccoordinador.xuventude@xunta.gal

Teléfono social de acompañamento e apoio a cidadanía ante o coronavirus. Se o precisas, chama!

http://www.voluntariadogalego.org/campusonline/web/index.php?mod=not&ide=3298

#CreaNaCasa

Mar 25, 2020

#CreaNaCasa
Unha cántiga de ánimo, un son de esperanza
Xermán Bugallo @sherchelios , artista, médico e gañador do Xuventude Crea 2019 na especialidade de música, manda a toda a mocidade unha mensaxe de alento neste #EuQuedoNaCasa

O estado de alarma descubriu a cara máis solidaria da nosa mocidade. É nestes momentos cando sae o mellor de nós.
O Instituto da Xuventude, Injuve, recolle nas súas redes sociais iniciativas solidarias de mozas e mozos que ofrecen a súa axuda aos demais.
Cada día actualizaranse con novas iniciativas que poñen de manifesto que nesta crise a nosa mocidade está comprometida, de moitas maneiras, para botar unha man:

Universitarios contra a Pandemia son un grupo de universitarios con moitas ganas de axudar a rapaces e rapazas de primaria e ESO de todo o país. Ben sexa a través de clases online, materiais de reforzo ou exercicios de forma completamente gratuíta.

Supervecina, unha aplicación web gratuíta para xestionar a túa comunidade de veciños, puxo en marcha a iniciativa "Xa que vas" para axudar aos que non poden saír de casa estes días. A mocidade poden ofrecer a súa axuda ou buscala para un amigo, familiar ou para eles mesmos.

Eu axúdoche coa sele é unha iniciativa de mozos universitarios que axudan aos alumnos que este ano farán selectividade, con clases colaborativas, sesións de dúbidas, bancos de apuntamentos... Se estás en 2° de Bacharelato non te perdas esta oportunidade!

"Todo saldrá ben" é a web que a Fundación Hazlo Posible creou para fomentar a colaboración cidadá e recoller as necesidades. Bota unha ollada ás iniciativas solidarias publicadas e publica a túa!

Coranavirus makers é unha rede de makers voluntarios que se coordinan para crear máscaras, viseras, respiradores… nun tempo récord e poñelas ao dispor dos hospitais.

"Frea a curva Maps" é un mapa online onde se poden anunciar ofertas e peticións de axuda, potenciando a acción veciñal para chegar a persoas sen acceso a móbil ou computador.

En Galicia tes a túa disposición o teléfono gratuito de Voluntariado Galego: 900 400 800

Desde Xuventude seguimos atendendo as túas consultas. Si queres ter información sobre os programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ou resolver calquera dúbida sobre estudos, bolsas, emprego... non dubides en poñerte en contacto connosco a través dos seguintes correos electrónicos:

informacion.xuventude@xunta.gal

ccoordinador.xuventude@xunta.gal

ou a través do Teléfono Xove: 012

Operación financiada pola Unión Europea PO de Emprego Xuvenil e Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obxectivo: Obter formación e un emprego de calidade

O FSE inviste no teu futuro

Xunta Galiciaunion europealogo xacobeo2021marca galicia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

Contía:

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.
Xuventude fará anticipos de pagamento do oitenta por cento da axuda.

Requisitos das persoas solicitantes:
- Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.

Obrigas das persoas beneficiarias:
- Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e acreditalo.

As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321A
Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de xullo de 2020

Máis información no DOG do 9 de marzo de 2020

Consultas en xuventude.programas@xunta.gal

Consulta o folleto informativo

Onde te podes inscribir en Garantía Xuvenil?:
  Centro Coordinador de información Xuvenil. R/Ramón Piñeiro 17-19. Santiago de Compostela
  Espazos Xoves
  Cámaras de Comercio
  Oficinas Municipais de información Xuvenil

Podes inscribirte online: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18612-garantia-xuvenil

MODELO SOLICITUDE DE ANTICIPO: ODT / PDF

 

Os mozos e mozas galegos contarán cun novo Plan estratéxico de xuventude dotado de 125 medidas pensadas para e coa xuventude, en seis ámbitos prioritarios de actuación: emprego e emprendemento, rural, talento e creatividade, formación, participación e Xacobeo 2021.

Na elaboración deste plan se tiveron en conta as prioridades da mocidade a través de encontros provinciais e de cuestionarios de valoración das políticas da Administración autonómica, que supuxeron contar coa opinión de máis dun milleiro de mozos e mozas.

Entre as novas iniciativas que contempla o Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2021, podemos destacar a convocatoria nas vindeiras semanas dunha nova liña de axudas para a obtención do carné de conducir de tipo B (de turismo) e C (de camión), un dos principais requisitos para acceder a un posto de traballo. Estas axudas poderán beneficiar a 1.500 mozas que, neste momento, non estean nin estudando nin traballando.

Tamén neste eido do emprego, crearase a nova Oficina virtual de Emancipación Xuvenil, que ofrecerá información e asesoramento; e porase en marcha a iniciativa Talento Mozo, que contará, entre outras medidas cunha serie de obradoiros e charlas de xuventude relevante e destacada , así como cos Premios Talento Mozo.

Por outra banda, e no ámbito da acción voluntaria, o plan consolidará Galicia como a comunidade autónoma de referencia na organización de campos de voluntariado ampliando a oferta durante os meses de verán e poñendo tamén en marcha campos fóra da época estival ademais de levarse a cabo un gran proxecto de voluntariado xuvenil para o Xacobeo 2021.

O Plan tamén incorpora a posta en marcha dunha estratexia de comunicación máis directa coa mocidade a través do canal de whatsapp e foros de debate territoriais.

Se queres consultar o documento íntegro do Plan pincha aquí