En portada (1170)

Importe das axudas:

400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D

Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude:

- Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.

- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

- Non estar traballando por conta propia nin allea.

- Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

Prazo e forma de presentación:

As solicitudes poden presentarse desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito dispoñible.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Documentación que debe presentarse coa solicitude:

- Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.

- O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.

 

 

 

 

A Rede de Espazos Xoves de Galicia está formada por 12 casas que ofrecen un variado programa de actividades de ocio educativo para a mocidade. Tes toda a súa información nas redes sociais dos distintos centros, así como por vía telefónica ou mesmo de mensaxería.

Por exemplo, no Espazo Xove de Pontedeume, visitado onte pola Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, a programación deste mes de xaneiro ofrece torneos de pimpón, a creación dun mural colaborativo polo Día da Paz e xogos de mesa durante as tardes dos mércores e venres.

Durante a súa vista, a Directora Xeral lembrou que estes centros abren agora tamén aos sábados para que a xuventude conte con opcións de ocio saudable durante as fins de semana.

A continuación deixámosvos as ligazóns do Instagram dos 12 Espazos Xoves. Desfrutádeos!

@espazoxovebetanzos
@espazoxovecarballo
@espazoxovecurtis
@espazoxove_noia
@espazoxove_pontedeume
@espazoxovechantada
@espazoxovevilalba
@espazoxove_viveiro
@espazoxove_ourense
@espazoxovelalin
@espazoxovetui
@espazoxovevilagarcia

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou na Asamblea da Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), que conforman o conxunto de comunidades autónomas e na que, entre outras cuestións, se acordou a incorporación do Albergue de Allariz, xestionado pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.
 
Cómpre destacar que hai máis de 300 albergues en España adheridos a esta rede e máis de 4.000 en todo o mundo e, a maiores, formar parte da REAJ implica poder participar nos programas e iniciativas que anualmente se convocan, como son as liñas de axuda para a mellora da sostibilidade ou accesibilidade das instalacións.
 
Por outro lado, a directora xeral tamén participou no Consello Reitor da ANE (Axencia Nacional Española) para abordar os programas Erasmus+ Xuventude e Corpo Europeo de Solidariedade de cara ao ano 2024, conxuntamente co resto de comunidades autónomas e Injuve.
 
Neste 2023, as cifras de concesión a entidades galegas alcanzaron os 58 proxectos, que mobilizaron máis de 1.800 participantes mozos/as e case 2 millóns de euros de financiamento.
 
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou no Encontro de Correspondentes Xuvenís celebrado en Mondariz-Balneario, en Bergondo e en Allariz.
 
Destaca a implicación de alumnado e profesorado neste programa, no que actúan como difusores de axudas, iniciativas e actividades de interese nos seus centros de ensino.
  
Arredor de 270 estudantes dunha trintena de centros se dan cita, en horario de mañá e tarde, nestes encontros de carácter formativo, que se celebran no Complexo CEMAR de Mondariz-Balenario e nos albergues xuvenís de Allariz e Mariña Española en Bergondo.
 
Cristina Pichel agradeceu a implicación de alumnos e profesores neste programa, e destacou tanto o labor informativo como de dinamización do día a día que realizan nos seus centros. Ao respecto, puxo en valor a importancia dos ‘correspondentes xuvenís’ para achegar aos seus compañeiros e amigos toda a información que lles interesa e que lles é de utilidade.
 
A directora xeral destacou que o programa Correspondentes Xuvenís é tamén unha ferramenta para mellorar as habilidades comunicativas e sociais da xente nova, favorece que asuman responsabilidades e potencia valores como a colaboración ou o liderado. Ademais, aos alumnos que fan nos seus centros de ‘correspondentes’ recoñéceselles a súa participación cun certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude.
 
O programa dos encontros de incluiu formación no manexo de redes sociais, comunicación, oratoria, e a desinformación e a intelixencia artificial. Así mesmo, os participantes tiveron que preparar unha exposición para expoñer en público.
 

O 5 de decembro conmemórase o Día Internacional do Voluntariado, unha data que busca resaltar o importante labor que realizan todas aquelas persoas que deciden de forma desinteresada tender unha man amiga para facer do noso mundo un lugarvoluntariado forges mellor.

Por que ser voluntario/a?
1. Fainos sentir mellor con nós mesmos/as.
2. Alimenta a creatividade.
3. Aumenta o grao de motivación e de autoestima.
4. Acrecenta o sentimento de pertenza.
5. Aporta habilidades de traballo en equipo.
6. Mellora as nosas capacidades profesionais.
7. Dá acceso ao Certificado de Experiencias Voluntarias, cada vez máis valorado no mercado laboral.

Queres ser unha persoa voluntaria? Explora as oportunidades que ofrece a Xunta de Galicia.

https://voluntariadogalego.org/

A Xunta de Galicia a través de Quérote+ súmase ao Día mundial da Sida quelideren

O lema de ONUSIDA deste ano é: "Que lideren as comunidades. O cambio non depende dun momento, senón do movemento"

 

Podemos frear a SIDA

A Xunta prepara a xente nova a enfrontarse a procesos de selección de personal a través do Xuventude Mentoring

O obxectivo é que coñezan como enfocan as empresas a captación de talento, as fases dun proceso de selección e que gañen seguridade á hora de enfrontar a procura de emprego

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou a boa acollida que están a ter entre a mocidade, as empresas e as entidades os programas Xuventude Mentoring e Xuventude Mentoring na Empresa e sinalou que están a demostrar serlles útiles á xuventude para os seus inicios profesionais. Así o dixo no inicio dunha nova xornada de networking dirixida aos participantes na cuarta edición do Xuventude Mentoring, que se celebrou no Centro coordinador de información xuvenil.

Esta actividade formativa de seis horas de duración desenvolveuse en dúas sesións, unha primeira teórica e unha segunda de contido máis práctico. Ambas as dúas, protagonizadas polo impulsor de talento Josiño Pérez e a responsable de Relacións Humanas de Galchimia, Antía Blanco. Os participantes aprenderon a realizar unha estratexia de carreira profesional e enfrontáronse á experiencia de pasar un proceso de selección.

Os obxectivos desta sesión foron que os participantes obtiveran unha idea clara de como as empresas enfocan a captación de talento, coñeceran as fases polas que pasa un proceso de selección, descubriran ferramentas e consellos facilmente aplicables nestes procesos e gañaran seguridade á hora de enfrontar a procura de emprego.

ERYICA, a Axencia Europea de Información Xuvenil da que Galicia forma parte, vén de publicar unha guía de utilidade para profesionais do eido da información xuvenil: "Dinámicas entre iguales o pares en el ámbito de la información juvenil"

Este documento pretende axudar a deseñar e implementar proxectos de educación entre iguais baseándose en exemplos de boas prácticas.

O Goberno galego comprometeu unha cuarta edición da Liga Xunta de Galicia de Break para o ano 2024 tras o éxito das anteriores. Así se lles comunicou aos premiados da terceira edición, que recibiron os seus galardóns tras unha final celebrada no centro comercial Área Central de Santiago. Esta iniciativa é froito da colaboración entre a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Asociación cultural e deportiva Vella Escola.

break2

Na categoría avanzada resultou gañador o B-Boy Retrokid, procedente de Santiago e de 29 anos de idade. Así mesmo, o segundo e terceiro premio recaeu nos campións de España en sub-21 e xuvenil Amor, natural do concello de Neda (A Coruña) e de 17 anos, e en Mini Ali, de Ourense e de 12 anos.

Na categoría intermedia os gañadores foron tres vigueses: Charlos, Chang e Pedrosa, de entre 13 e 16 anos. Por último, os gañadores na categoría de iniciación foron: os vigueses Gael e Roi e o coruñés Chris, de entre 8 e 12 anos. Todos os participantes da Liga recibiron un diploma do circuíto, mentres que os tres gañadores de cada categoría un trofeo e unha medalla.

O Goberno galego aposta por ofrecer alternativas de ocio e saudables á xuventude coma esta liga galega. Esta competición percorreu dez localidades e contou coa participación de máis de 120 mozas e mozos. En concreto, as localidades polas que pasou esta terceira edición foron: Lalín, Pontedeume, Noia, Porto do Son, Verín, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Ourense e, finalmente, esta final en Santiago de Compostela.

A Xunta de Galicia defendeu ante o Consello de Ministros de Xuventude do Consello da Unión Europea as propostas acordadas coas Comunidades Autónomas en materia de participación da mocidade. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García e a Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel participaron neste encontro en Bruxelas no que trasladaron as medidas acordadas co resto de comunidades durante os últimos meses.

Galicia ostenta a coordinación a nivel autonómico neste segundo semestre do ano. Entre as medidas recollidas no documento acordado coas comunidades autónomas establécese un maior coñecemento por parte da mocidade das institucións europeas, o fomento do intercambio cultural e a tolerancia e unha maior atención a temas que están a afectar directamente á xuventude como é a saúde mental.

A conselleira lembrou que o Goberno galego aposta por unha mocidade con voz propia, participativa e implicada na construción da Galicia do futuro. A Xunta contou co punto de vista da xuventude na elaboración do Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia que se presentará nos próximos meses; na posta en marcha de charlas e formación en materia de saúde mental a través do Quérote+; e mediante a posta en marcha de programas como o Parlamento Xove, que os anima a investigar, dialogar e formar a súa propia opinión.