En portada (1128)

ENCONTRO SECTORIAL NO ESPAZO XOVE DE CURTIS: “EMPRENDEMENTO EN BASE A CULTIVOS HORTÍCOLAS”


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Curtis, o encontro sectorial “Emprendemento en base a cultivos hortícolas”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades laborais no eido do cultivo hortícola


CONTIDOS:

- Emprendemento a través do cultivo hortícola.

- Ofrecer ferramentas para que os mozos e mozas adquiran coñecementos que axuden ao seu desenvolvemento persoal e profesional.

- Promover o coñecemento e valorización de novas figuras profesionais como posible saídas profesionais da mocidade.

- Establecer unha dinámica de coñecemento e diálogo entre a mocidade e os axentes económicos do territorio, coa finalidade de impulsar novas oportunidades de colaboración e mentoring.


Data: 12 de novembo de 2018

Horario: 10:15- 11:15 horas

Lugar: Espazo Xove de Curtis – Espazo Emprende.
R/ Estrada Estación, s/n
15310 Curtis

Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.


Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social oferta 20 prazas para a realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas en Galicia, no marco do proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA).

OBXECTIVOS
- Aproximación dos mozos e mozas ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estancias titorizadas en distintos sectores do tecido empresarial galego.
- Ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal, para axudalos na toma de decisión do seu futuro perfil profesional mediante o coñecemento da realidade da empresa.
- Apoiar á mocidade na adquisición de coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e profesional.

DESTINATARIOS/AS:  Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.

NÚMERO DE PRAZAS:  20
DURACIÓN DAS PRÁCTICAS: 10 días
TEMPORIZACIÓN DAS PRÁCTICAS: Do 19 ao 30 de novembro de 2018.
ÁMBITO XEOGRÁFICO: Galicia
SECTORES:
- Agricultura.
- Comercio.
- Gandeiría.
- Xardinería.
- Sanidade animal.
- Industria agroalimentaria

COBERTURA
- Empresa adaptada ao perfil da persoa solicitante e segundo os criterios solicitados polas  empresas colaboradoras no proxecto.
- Titorización e seguimento individualizado.
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil
- Convenio de prácticas coa empresa
- Diploma acreditativo da práctica realizada.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 26 de outubro ao 5 de novembro de 2018.
INSCRICIÓN: Mediante envío de formulario electrónico

ADMISIÓN
Criterios:
1) Rigorosa orde de inscrición.
2) Entrevista persoal.
Preselección:
As 20 primeiras persoas solicitantes que cumpran os requisitos esixidos nesta convocatoria, serán convocados mediante correo electrónico a unha entrevista persoal aos efectos de asignación de empresa de prácticas o mais adaptada posible ao seu perfil e segundo os criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto.
A entrevista persoal poderá ser: presencial ou por “skype”.
Selección:
Serán seleccionadas as persoas solicitantes cuxo perfil se adapte aos criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación nos catro días seguintes á finalización do prazo de inscrición, entenderase que non obtivo praza.

PERDA DO DEREITO Á PARTICIPACIÓN:  Non asistencia á entrevista persoal previa á asignación de empresa.


PROXECTO LIDERA

Esta iniciativa enmárcase no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), un proxecto que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha cofinanciación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Dentro do proxecto Lidera, esta acción formativa forma parte da actividade “Crece” que ten como obxectivo provocar un coñecemento, proceso e contexto de traballo en rede, no que se involucren os distintos actores e reactivos do territorio a través da xeración de espazos de desenvolvemento local no ámbito de influencia do proxecto.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.


MÁIS INFORMACIÓN:  subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convida a todas as escolas de educación no tempo libre de Galicia e a calquera outra persoa interesada a unha xuntanza na que se trasladarán as conclusións do informe elaborado polo grupo Sculca da USC tras unha revisión pedagóxica da parte de formación do borrador do novo decreto que desenvolverá o título II da Lei 6/2012, de Xuventude de Galicia.
 
O informe propón algunhas mudanzas no texto do último borrador ao que se chegou tras un longo proceso participativo. Nesta xuntanza debateranse estes puntos a fin de chegarmos entre todas e todos a un texto definitivo e iniciarmos a súa tramitación.
 
A xuntanza terá lugar o vindeiro día 5 de novembro na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela) a partir das 16.30 horas.
 
As persoas interesadas en asistir deberán remitir un correo electrónico ao enderezo institutoxuventude.ctb@xunta.gal, indicando nome e apelidos e escola á que representa, no seu caso. No caso de non formar parte de ningunha escola, indicará o motivo do seu interese.
 
Consulta aquí o último borrador do decreto.
 
Consulta aquí o informe da USC.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, levou a cabo unha Xornada sobre as Políticas de Información Xuvenil da Xunta de Galicia.

O acto tivo lugar o 18 de outubro no IES 1º de Marzo de Baiona, ao que asistiron estudantes e profesores/as do Ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística.
As persoas asistintes recibiron información actualizada sobre a Rede galega de información xuvenil e dos programas e recursos que ten a administración autonómica para a mocidade galega.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Tui, o encontro sectorial “Marketing persoal para persoas emprendedoras”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido laboral.


CONTIDOS:

- Comprender as diferenzas entre “falar e transmitir”.

-Aprender a crear mensaxes emocionais que capten a atención da persoa interlocutora e desperten o seu interese.

-Aprender a manexar a linguaxe non verbal, tanto na comunicación oral como na comunicación escrita.

-Entender que un bo produto ou negocio necesita unha boa comunicación de posicionamento.


Ponente: Roberto Pérez Marijan, experto en oratoria e marketing dixital.


Data: 6 de novembo de 2018

Horario: 10:00- 13:00 horas

Lugar: Espazo Xove de Tui – Espazo Emprende.
Rúa Sanz, 28
36.700 Tui
Pontevedra

Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.


Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, levou a cabo unha Xornada sobre as Políticas de Información Xuvenil da Xunta de Galicia.

O acto tivo lugar o 9 de outubro, as 19:30 horas no Centro coordinador de Información Xuvenil, ao que asistiron 24 estudantes e profesores/as do Ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística do IES “Rosalía de Castro” de Santiago de Compostela, que recibiron información actualizada sobre a Rede galega de información xuvenil e dos programas e recursos que ten a administración autonómica para a mocidade galega.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca un curso máis o programa Correspondentes Xuvenís 3.0

Correspondentes xuvenís 3.0 pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro educativo, na que se responsabilice o alumnado de recoller a información en materia de xuventude que se lles envie desde Xuventude ou da OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.

Os correspondentes terán as seguintes funcións:
1. Xestionar un taboleiro informativo no que haberá información sobre temas do seu interese.
2. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, entre os compañeiros de instituto, grupos de wahtsapp..
3. Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
4. Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.correspondentes3

Beneficios para os/as correspondentes:
Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen no albergue xuvenil de Gandarío.
Recibirán gratuitamente o carné xove, o carné de estudante internacional (ISIC)e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes.
Terán preferencia nalgúns dos programas da DXXPV nos que así conste nas súas bases.
Reconoceráselles o tempo como persoas voluntarias mediante un certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.
Poderán solicitar o Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.

Beneficios para o profesorado colaborador:
Recibirán gratuitamente o carné internacional de profesor/a (Carné Teacher)

O programa Correspondentes Xuvenís pode solicitarse de dúas formas:
A través do Plan Proxecta da Consellería de Educación. (Prazo: 26 de outubro de 2018)
Directamente coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do Centro Coordinador de información xuvenil, teléfono 881 997 606

O I congreso internacional de educación no tempo libre: avanzando na inclusión celebrarase os días 19 e 20 de Outubro en Barakaldo (País Vasco). Organizado pola Universidade do País Vasco / Euskal Herriko Unibertsitatea e ASTIALDI SAREA, a rede vasca de organizacións de tempo libre educativo co apoio do Departamento de emprego e políticas sociais do Gobierno Vasco.

Catro eixos de preguntas para esta convocatoria, cun programa que inclúe relatorios, conversacións, comunicacións, experiencias e simposiums. Desde as miradas académicas, científicas, das políticas públicas e as intervencións socioeducativas, e con alcance internacional e estatal, pero situados na realidade vasca:

  • ¿Que achega a educación ao tempo libre a Euskadi: persoas, comunidades, colectivos, organizacións, desenvolvemento de País? ¿Que podería sumar?

  • ¿Cales son retos, desafíos e propostas para construír unha sociedade máis inclusiva e de oportunidades? ¿As súas ameazas e dificultades?

  • ¿En que contexto social, económico, político cultural desenvólvense a diversidade de iniciativas e servizos? ¿Que cuestións relevantes considerar?

  • ¿Como avanzar en políticas públicas vascas que fortalecen estes proxectos e as súas contribucións?

 

Dirixido a:

  • As organizacións e servizos de tempo libre: axentes educativos e equipos de dirección (voluntarios ou retribuídos).

  • As administracións públicas municipais, forais e autonómicas: políticos e técnicos.

  • Profesorado e alumnado universitario  nos ámbitos da educación e as ciencias sociais.

  • As organizacións do terceiro sector.

  • Axentes e entidades vinculadas a proxectos sociais e educativos.

  • As empresas de servizos *socioeducativos e culturais.

  • Os representantes da cidadanía nos municipios, territorios, *CAPV, partidos políticos con responsabilidade nas políticas sociais, educativas, con infancia, adolescencia e mocidade…

Máis información e contacto:

http://astialdikongresua.eus/es/

e-mail: info@astialdikongresua.eus

Tel.: (+34) 688 80 38 86

Campo de traballo transfronteirizo Eurocidade 2020: programa de emprendemento e talento.

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca un campo de traballo transfronteirizo no marco do proxecto europeo Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

 

Finalidade: promover e estimular o espírito emprendedor da mocidade galega e portuguesa a través de novos métodos formativos de autoestima baseados en “aprender facendo”.

 

Destinatarios/as: mozos e mozas galegos/as e portugueses/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, ambas inclusive.

 

Cobertura:

- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.

- Transporte no ámbito da actividade.

- Equipos técnicos.

- Acompañamento por equipo técnico.

O mozo ou moza non fará ningún tipo de achega económica ao programa, só o que se refire ao desprazamento ocasionado desde o seu domicilio ata a zona transfronteiriza Chaves-Verín.

 

Número de prazas: 10

Datas de realización: do 15 ao 21 de outubro de 2018.

Entrada: 15 de outubro a partir das 12:00 horas

Saída: día 21 de outubro antes das 14:00 horas

 

Localización:

Eurocidade Chaves-Verín

Antiga aduana

Avda. Portugal, s/n Feces de Abaixo

32699 Verín – Ourense 

 

Selección: por estrita orde de reserva de praza.

 

 

Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.

Recibido o correo electrónico de selección, deberá remitir a ese mesmo correo unha copia do Documento Nacional de Identidade.

 

Prazo de inscrición: do día 25 de setembro ao 10 de outubro do 2018 ás 14 horas, ambos inclusive.

 

FICHA DO CAMPO DE TRABALLO

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

 

Atención colexios de Galicia!

Queredes gañar unha viaxe de fin de curso para toda a túa clase con aloxamento en albergues?

Participa no concurso "Unha viaxe polo patrimonio da miña comunidade".

Divírtete e aprende. Somos o terceiro país do mundo en patrimonio UNESCO.

Infórmate nesta ligazón.

 

Hai 6.000 € en premios!

Pasao a mestres, AMPAS, alumnos. Que se entere todo o mundo!