En portada (1108)

A Xunta forma a persoal técnico para mellorar as habilidades de comunicación da mocidade nos ámbitos laboral e social

 

◾A directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, asistiu hoxe á presentación deste curso presencial que se desenvolve no Centro de Coordinación de Información Xuvenil

 

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018

 

A Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, asistiu hoxe á presentación do curso ‘Adestramento en habilidades sociais e de comunicación para a mocidade’, que se desenvolve no Centro Coordinador de Información Xuvenil situado na cidade compostelá. Nesta acción formativa, organizada en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), participan 20 técnicos e técnicas que traballan no ámbito da mocidade.

Na súa intervención, Cecilia Vázquez animou aos asistentes a sacarlle o máximo rendemento a esta acción formativa, pensado para técnicos e técnicas que traballan co colectivo xuvenil. Ao respecto, remarcou que a comunicación e as habilidades sociais “son fundamentais para interrelacionarse coa xente nova, xa que cada vez máis a ferramentas e os medios que empregan van cambiando”.

Así mesmo, a directora xeral explicou que entre os obxectivos do curso está o de “proporcionar ferramentas para mellorar o desempeño dos profesionais que traballan no ámbito da mocidade, para a realización de obradoiros que permitan mellorar as habilidades sociais e comunicativas deste colectivo tanto a nivel social como laboral”.

No curso impártense contidos relacionados cos tipos de habilidades sociais, abordando temáticas como: estilos de comunicación, comunicación non verbal, técnicas básicas para unha comunicación eficaz, escóitaa activa ou habilidades asertivas. Tamén se traballan diferentes dinámicas de presentación e coñecemento grupal, de escoita activa, para aprender a debater e reflexionar, de autoestima e de creatividade; así como xogos de expresión verbal e non verbal. Outro dos aspectos que se trata nesta acción formativa ten que ver coas emocións: identificación, aceptación, expresión e xestión das emocións; orixe das emocións; ferramentas para traballar as emocións e técnicas de relaxación.

O curso desenvolvese de forma presencial no Centro Coordinador de Información Xuvenil, en Santiago de Compostela os días 11, 13, 18 e 20 de setembro, en horarios de 9.30 ás 14.30 horas. Ten unha duración de 20 horas.

 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/33443/xunta-forma-persoal-tecnico-para-mellorar-habilidades-comunicacion-mocidade-nos

O Injuve comunica a convocatoria de 2 prazas para participar no evento “The Global Youth Service Summit” organizado polo Goberno do Canadá.


A convocatoria vai dirixida a voluntarios ou voluntarias de entre 19 e 30 anos e capacidade de comunicarse en inglés, para compartir a súa experiencia sobre voluntariado durante un cumio que terá lugar en Toronto entre os días 26 a 28 de agosto.

 

O Injuve recibiu,a través do membro da alianza de Organizacións de Voluntariado Europeo (Chantiers Jeunesse), a convocatoria do Goberno do Canadá, para un evento, “The Global Youth Service Summit”, na que se ofertan dúas prazas para dous voluntarios ou voluntarias entre 19 e 30 anos e capacidade de comunicarse en inglés.


Consistiría en acudir a Toronto para compartir a súa experiencia sobre voluntariado durante un cumio que terá lugar nesta cidade entre os días 26 a 28 de agosto.


Todos os gastos de transporte, comida e aloxamento das persoas participantes serán sufragados polo Goberno canadense.

Respecto dos trámites de visado, só se precisará un visado de estancia para os días que dura o cumio.


As persoas interesadas poden enviar a súa solicitude de participación, mediante correo electrónico dirixido ao Injuve, ata as 15:00 do venres, día 3 de agosto, ao enderezo: delmazoub@injuve.es ou ben directamente ao correo facilitado pola organización canadense: cj@cj.qc.ca ata as 23:59 do 5 de agosto (hora de Toronto).


A resolución desta convocatoria notificaráselles aos voluntarios elixidos o día 8 de agosto.


A solicitude (redactada en inglés) debe incluír:

  • O VEF, o formulario de datos habitual de inscrición aos campos de traballo.
  • Unha relación das actividades de voluntariado que realizou, coa descrición, datos e actividades realizadas, así como o que consideren de interese aportar sobre estas actividades.
  • Carta de motivación.
  • (No caso de ter algún problema ou necesidad de saúde deben facelo constar informando de qué se trata.)

 

Descrición do proxecto

Formulario VEF

Relación provisional de persoas admitidas no Complexo residencial LUG (Lugo) para o curso académico 2018/2019.

A Xefatura territorial da Consellería de Política Social de Lugo ven de ditar Resolución provisional de persoas admitidas no Complexo residencial Lugo de Lugo para o curso académico 2018/2019.

Consulta aquí a relación de persoas admitidas

Relación provisional de persoas admitidas na Residencia xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense) para o curso académico 2018/2019.

A Xefatura territorial da Consellería de Política Social de Ourense ven de ditar Resolución provisional de persoas admitidas na Residencia xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense para o curso académico 2018/2019.

Consulta aquí a relación de persoas admitidas

 

A Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social ven de publicar a resolución provisional de admitidos/as na Residencia Xuvenil Altamar de Vigo para o curso 2018-19.

As persoas interesadas teñen un prazo de 10 días naturais para efectuar reclamacións.

Información: Relación de admitidos

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Noia, o encontro sectorial “Do ocio ao teu negocio: oportunidades de negocio no sector da música e o son”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido da música e o son.

Data: 31 de xullo de 2018

Horario: 10:30- 13:30 horas

Lugar: Espazo Xove de Noia

Rúa Pedra Sartaña, s/n

15.200 Noia

A Coruña

Obradoiro de Turnablism DJ

Contidos:

  • Familiarización coa mesa de mesturas e a súa estrutura.
  • Iniciación á mestura, uso do fader.
  • Técnicas e nocións básicas para a mestura de sons.
  • Técnicas de scratching co vinilo.
  • Práctica no manexo da mesa e dos pratos.

Metodoloxía: comezar cun obradoiro para poder vincular as técnicas expostas coas oportunidades que ofrece o mundo laboral neste eido.

Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.

Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Cartel do evento

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado encargou ao grupo de investigación ESCULCA, da Universidade de Santiago de Compostela, o deseño dunha proposta pedagóxica para as escolas de educación no tempo libre de Galicia, que abranga:

 

- Revisión pedagóxica do sistema educativo non formal das escolas de educación no tempo libre.

- Revisión pedagóxica das propostas feitas no proceso de participación para a elaboración do novo decreto de xuventude.

- Deseño curricular dos programas formativos das distintas etapas.

- Proposta de programa de formación de formadores/as.

- Proposta de programas para especialistas.

- Proposta de metodoloxías innovadoras e cursos tipo.

 

Esta proposta pedagóxica insírese no marco do proceso de elaboración da nova normativa en materia de xuventude, que comprende, entre outros ámbitos, o da formación no ámbito da educación no tempo libre, no horizonte inmediato, ademais, da harmonización desta formación cos certificados de profesionalidade.

 

No marco da investigación que o grupo ESCULCA está a realizar é importante coñecer o parecer das persoas formadas e formadoras. Por iso, se és monitor/a ou director/a de tempo libre ou formador/a nalgunha escola de educación no tempo libre, pregámoste que preenchas a seguinte enquisa:

 

https://es.surveymonkey.com/r/enquisaetlgal (se és monitor/a ou director/a)

https://es.surveymonkey.com/r/enquisaProfETLgal (se és formador/a nalgunha ETL)

 

A túa participación é esencial!

Un total de 155 rapaces e rapazas correspondentes xuvenís pasaron un fin de semana no albergue xuvenil de Gandarío onde participaron en actividades lúdicas e formativas.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse cos 155 mozos e mozas de entre 14 e 22 anos que participaron no encontro de correspondentes xuvenís en Bergondo.

O programa Correspondentes Xuvenís 3.0 é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha rede de mozos e mozas que teñen o papel de “antenas informativas” para difundir nos seus centros de ensino programas e información de interese xuvenil entre iguais.

Os mozos e mozas que participan de maneira voluntaria neste programa encárganse de informar aos seus compañeiros de aula, amizades e coñecidos sobre convocatorias, recursos e programas xuvenís que poidan ser do seu interese.

IMG 20180629 WA0025

O programa Correspondentes de correspondentes xuvenís é unha ferramenta que permite potenciar as habilidades comunicativas e sociais dos participantes; favorece a asunción temperá de responsabilidades e transmite valores como a solidariedade, a participación entre iguais e o liderado.

Unha das novidades deste encontro, no que se combinan aspectos formativos e lúdicos, é a formación que recibirán os e as asistentes, en materia de oratoria e comunicación en público. Esta formación será impartida por Tania Vilariño, experta na materia, na que se pretende facilitar aos correspondentes xuvenís técnicas prácticas de expresión oral para lograr unha comunicación efectiva entre os seus compañeiros e outro tipo de auditorio.

O programa Correspondentes Xuvenís 3.0 no presente curso escolar conta con 618 participantes no conxunto de Galicia, ao redor dun centenar máis que na edición anterior. Son mozos e mozas que estudan segundo ciclo de secundaria, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional.

Dende a Cidade da Cultura de Galicia informan sobre a súa oferta de visitas para Campamentos de Verán.

 

Dispoñen de dúas modalidades de visitas comentadas:

  • Visita á exposición: GALICIA UNIVERSAL. A ARTE GALEGA NOS FONDOS DE ABANCA E AFUNDACIÓN.

 

+ INFO:

http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/visitas-educativas-galicia-universal-arte-galega-nas-coleccions-abanca-e-afundacion

  • Visita á ARQUITECTURA + ESPAZOS VERDES DO GAIÁS.

 

+ INFO:

http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/visitas-educativas-arquitectura-do-gaias

As quendas de visita dispoñible son as seguintes:

  • De martes a xoves ás 10:00h e ás 12:00h (para un máximo de 50 nenos/as por quenda) e venres (previa consulta de dispoñibilidade horaria)

A visitas son de balde e están adaptadas ás diferentes idades.

O pásado sábado 26 de maio tivo lugar o IV Foro Aberto do Tempo Libre, ao que asistiron 20 persoas: educadores e educadoras do tempo libre, técnicos e técnicas da administración e representantes de asociacións e escolas de educación no tempo libre.

 

No foro tratáronse as seguintes temáticas:

 

- Tramitación do novo decreto en materia de xuventude.

- Elaboración, por parte do grupo ESCULCA da USC, dunha proposta pedagóxica para as escolas de educación no tempo libre.

- Nova lei de contratos do sector público e incidencia no sector da educación no tempo libre.

- Artellamento do XII Interactuando no Tempo Libre.

 

Podes descargar aquí a memoria.

 

O Foro do Tempo Libre é un espazo de encontro e reflexión colectiva que serve, por unha banda, para actualizar coñecementos e identificar necesidades e, pola outra, para sentar as bases das vindeiras xornadas "Interactuando no Tempo Libre", que teñen lugar no outono.

O foro está aberto a calquera persoa interesada en contribuír, nomeadamente educadoras e educadores no tempo libre, asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude, empresas do sector, xerentes de instalacións xuvenís, técnicas e técnicos de xuventude, representantes de escolas, etc.