En portada (1128)

xgnA conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou a importancia do evento informático “Xuventude Galicia Net” como foro para que as empresas do sector TIC poidan atopar, entre os participantes, persoal especializado nas novas tecnoloxías. Neste sentido, defendeu seguir apostando por mellorar os vínculos entre as empresas e esta iniciativa para sacarlle o máximo rendemento, tamén no eido laboral.

A titular do departamento autonómico realizou estas declaracións hoxe durante a súa visita á XII edición de Xuventude Galicia Net, que se está a celebrar no Pazo de Exposicións e Congresos de Santiago de Compostela. No seu percorrido estivo acompañada pola secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, xa que esta área autonómica tamén colabora na organización desta iniciativa.

Na súa intervención precisou que o obxectivo da Xunta “é facer visible que este é un dos maiores puntos de encontro para rapaces e rapazas especializados no mundo das novas tecnoloxías en case todas as súas áreas, polo que estamos seguros de que é un espazo de gran utilidade para que as empresas do sector TIC poida atopar persoal especializado”. Por isto, proseguiu Mato, o departamento autonómico continuará traballando e afondando nesta liña.

xgn

Segundo explicou a conselleira, os preto de 1.200 inscritos e os ao redor de 6.000 visitantes que se están a achegar aos distintos obradoiros, atoparanse cun evento “que se converteu en algo máis que unha mera conexión ultra rápida a internet”, e que evolucionou ata converterse nun “encontro de formación e un marco para a aprendizaxe e o intercambio de experiencias”.

Ao respecto, apuntou que nesta edición faise un especial fincapé na formación dos mozos e mozas, a través de preto de 40 charlas e obradoiros, con poñentes de recoñecido prestixio a nivel nacional. Todo o mundo poden acceder libremente a estas actividades, que se centrarán en aspectos “de interese” como a creación de empresas TIC, o deseño web, o software libre ou as redes sociais, entre outros.

Mato inscribiu a aposta por este tipo de actividades no compromiso que mantén a Xunta coa educación non formal da mocidade, unha liña de actuación que está incluída na “Estratexia Xuventude 2013”. De feito, lembrou neste sentido que se presentou recentemente o Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que chegará a máis de 6.300 persoas, o que supón 500 máis que o ano pasado.

Cabe destacar que, na organización do Xuventude Galicia Net, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica colabora coordinando a instalación do cableado de comunicacións para os postos que desde os que os mozos se conectan á Rede.

Esta conexión ten velocidades de 1 xigabit por segundo o que proporciona unha experiencia de navegación aos participantes unhas 100 veces superior da que dispoñen nos seus fogares. Así mesmo, a SXMIT xestiona a instalación e operación de todo o equipamento de comunicacións de última xeración necesario para o axeitado funcionamento de todos os servizos de conectividade, tanto na rede de área local como no acceso Internet.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe o Forum Cicerón no Auditorio da Illa de San Simón en Redondela (Vigo) onde subliñou que cunha mocidade ben formada, “todos e todas saímos beneficiados” porque cun bo futuro para as novas xeracións de galegos e galegas, toda a sociedade da Comunidade ten garantido un futuro mellor. Para Mato, nun escenario tan complexo como o que estamos a atravesar, é importante que non perdamos de vista os valores, como o traballo en equipo.

O Forum Cicerón, que ten como obxectivo poñer en contacto aos 32 alumnos excelentes das universidades galegas coas empresas, busca afondar nas competencias e habilidades para traballar deste xeito, tanto dentro da propia organización como con outros grupos externos, porque traballar en grupo “é unha das mellores garantías de bos resultados”.

A conselleira indicou que un dos retos do noso tempo está tamén na maior correlación entre o sistema educativo e o laboral, unha necesidade á que responde perfectamente a spin off da universidade Q-Coach, que foi a que puxo en marcha este foro. En concreto, por unha banda, coa posta en marcha dunha iniciativa empresarial e, por outra, unha empresa que busca mellorar a orientación das persoas caro ao emprego, e especificamente das persoas que saen das universidades.

Mato referiuse á vontade firme de Galicia de non permanecer impasible e de converter esta crise nunha oportunidade. “Así o plantexamos desde o Goberno galego e por iso apoiamos o desenvolvemento desde proxecto, tanto desde a Consellería de Economía e Industria, como desde a Consellería de Traballo e Benestar”, salientou a conselleira.

A xuízo de Mato, Galicia “non se pode permitir deixar pasar unha soa oportunidade para mellorar a nosa economía, as nosas empresas, o noso emprego e a nosa calidade de vida” e por isto o proxecto permite acercar aos futuros ou recentes titulados á realidade laboral, dun proceso de selección, explorar as súas habilidades e dalas a coñecer a empresas de primeira liña.

A Consellería conta tamén co Programa Executiva, deseñado para impulsar as carreiras profesionais das mulleres e a súa presenza en postos directivos. Un programa tamén baseado en técnicas de coaching co obxectivo de fomentar a igualdade nos foros de decisión da sociedade, desde un punto de vista empresarial.

xnovasNo Xuventude.Novas desta semana destacamos a posta en funcionamento da nova infraestrutura da Rede galega de centros de Xuventude Espazo Xove. Tamén explicamos as características de dous programas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que están acadando un gran éxito: Xuventur en casas de turismo rural e o Plan de Formación.

Pero ademais, o boletín interactivo da Dirección Xeral de Xuventude tamén se vai de concerto, para entrevistar aos dous grupos gañadores do certame Certame Airiños de Rock&Roll, celebrado o sábado 26 de marzo no Coliseo da Coruña. Deste xeito, poderemos descubrir a música de Kentuler e de Estado Puro.

Podes acceder ao Xuventude.Novas no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas4a.pdf

 

banderaA Plataforma do Emprendurismo é un espazo web que ten como obxectivo vincular os proxectos de novos emprendedores coas necesidades das empresas e as posibilidades dos investidores. Esta é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e do Instituto Português da Juventude no marco do programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal da Unión Europea.

Os novos emprendedores poderán ofertar as súas ideas e proxectos de negocio nunha base de datos, visible para os empresarios e os investidores. Estes poderán interesarse polo proxecto empresarial do emprendedor e ofrecer colaboración ou financiamento.

Para ofertar as ideas empresariais, buscar socios ou negocios onde investir, os interesados poden inscribirse a través da web www.emprendementoxuventude-galicianorte.com que tamén conta con enlaces ás principais redes sociais.

pontemarilO albergue Benigno Quiroga acollerá ata o próximo mes de maio a preto de 600 participantes do programa “Multiaventura no Miño”, que é un dos módulos da iniciativa “Aula Xuventur” para achegar o medio natural e mariño aos rapaces e rapazas. Ata o momento –desde o mes de febreiro-, xa teñen pasado por este programa máis de 450 alumnos e alumnas.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, desprazouse ata estas instalacións en Portomarín para coñecer de primeira man o programa e aos seus participantes.

O programa “Aula Xuventur”, unha iniciativa “novidosa” da Consellería de Traballo e Benestar, achegará a 1.360 mozos e mozas o medio mariño e natural. En concreto, o plan diríxese a alumnos que estean cursando a ESO e Bacharelato, e estase a desenvolver nas Sinas en Vilanova de Arousa, no albergue Benigno Quiroga de Portomarín, e no de Gandarío en Bergondo.

“Aula Xuventur” estrutúrase en 3 módulos diferenciados dependendo das idades dos seus participantes. ‘Multiaventura no Miño’ é a segunda opción de Aula Xuventur que ten lugar no albergue xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín ata maio. Neste módulo poden tomar parte estudantes de entre 14 e 17 anos. Os participantes establecen un contacto estreito entre os rapaces e o medio natural, a través de programas de dinamización e coñecemento dos ríos e do patrimonio acuífero. Conta, entre outras, con actividades deportivas como kaiak ou triatlon.

O último dos módulos de Aula Xuventur, ‘Planeta Mar’ desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío nos meses de maio e xuño e estará dirixido ao alumnado de entre 14 e 17 anos. O que se pretende con esta iniciativa é achegar aos participantes ao mundo mariño, tanto na súa vertente ecolóxica como na etnográfica, mostrándolles embarcacións antigas, tradicionais e actuais, así como a complexidade do ecosistema acuático e a biodiversidade mariña.

‘Vive o mar’ foi o primeiro dos módulos e tivo por obxectivo dar a coñecer e acercar a realidade mariñeira aos estudantes desde diferentes perspectivas: lúdico-educativa, ambiental e natural, social, histórica e práctica.

As diferentes actividades, que están dirixidas ao alumnado con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos, desenvólvese ata o mes de abril en quendas de dúas xornadas, nas que os estudantes visitan o porto pesqueiro de Corón, unha cetaria e unha fábrica de conservas e saíran ao mar en galeón, entre outras actividades.

airiñosUn total de 14 grupos semifinalistas do certame “Airiños de Rock&Roll” organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado competirán o sábado para poder mostrar o seu talento en directo no coliseo da Coruña, acompañando aos grupos Def con Dos e O’Funk’Illo.

Os grupos preseleccionados deberán tocar durante un máximo de cinco minutos na sala O Túnel do Coliseo, para que ao final o xurando escolla as dúas bandas que exercerán como teloneiros no concerto principal, que comezará ás dez da noite.

En total, presentáronse ao certame “Airiños de Rock&Roll” 64 bandas de toda Galicia, de moi diversos estilos e moitos cun talento realmente notable, que agrupaban a 286 músicos.

A labor do xurado para preseleccionar aos 14 grupos foi moi difícil e tivéronse en conta unha gran cantidade de factores para elaborar a lista de semifinalistas.

Revisáronse a fondo os temas que se recibiron, estudáronse as traxectorias dos grupos así como a proxección de futuro de cada unha das bandas, e por suposto escoitouse unha e outra vez as a súa música.

A organización e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado queren agradecer o compromiso e a xenerosidade que tiveron todos os participantes esta convocatoria

O listado de grupos semifinalistas é a seguinte:

CINCOCEROCUATRO (504)

KERTULER

NOSTATIC

YIDORAH

TREGUA

YUNO

JANIE´S GUN

ARRHYTHMIA

TAPIPORLA

FUNI FLOU

MASMEL

SEPTIEMBRE

RAIBA

ESTADO PURO

Todas as 64 bandas que se presentaron a este certame están convidadas a participar o mesmo sábado a unha master-class impartida por Pepe Bao, un dos mellores baixistas de España, e máis o concerto de Def con Dos e O’Funk’Illo.

O xurado do certame “Airiños de Rock&Roll” está composto por José Vicente Martínez Ferreiro (Locutor da Radio Galega), Francisco Gómez Seijo (Promotor, Músico e Productor) e Juan Vázquez Rey (Productor de eventos musicales).

as sinasO albergue das Sinas acolle ata o próximo mes de abril- a preto de 600 participantes do programa “Vive o Mar”, que é un dos módulos da iniciativa “Aula Xuventur” para achegar o medio natural e mariño aos rapaces e rapazas. Ata o momento –desde o mes de febreiro-, xa teñen pasado por estas instalacións ao redor de 400 alumnos e alumnas.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, desprazáronse hoxe ata estas instalacións en Vilanova para coñecer de primeira man o programa e aos seus participantes.

O programa “Aula Xuventur”, unha iniciativa “novidosa” da Consellería de Traballo e Benestar, achegará a 1.360 mozos e mozas o medio mariño e natural. En concreto, o plan diríxese a alumnos que estean cursando a ESO e Bacharelato, e desenvolverase nas Sinas, no albergue Benigno Quiroga de Portomarín, e no de Gandarío en Bergondo.

“Aula Xuventur” estrutúrase en 3 módulos diferenciados dependendo das idades dos seus participantes. ‘Vive o mar’, que é o programa que se desenvolve nas Sinas, é o primeiro dos módulos e ten por obxectivo dar a coñecer e acercar a realidade mariñeira aos estudantes desde diferentes perspectivas: lúdico-educativa, ambiental e natural, social, histórica e práctica.

As diferentes actividades, que están dirixidas ao alumnado con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos, desenvolverase entre os meses de febreiro e abril en quendas de dúas xornadas, nas que os estudantes visitarán o porto pesqueiro de Corón, unha cetaria e unha fábrica de conservas e saíran ao mar en galeón, entre outras actividades.

‘Multiaventura no Miño’ é a segunda opción de Aula Xuventur que terá lugar no albergue xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín entre os meses de marzo e maio. Neste módulo poderán tomar parte estudantes de entre 14 e 17 anos. Os participantes establecerán un contacto estreito entre os rapaces e o medio natural, a través de programas de dinamización e coñecemento dos ríos e do patrimonio acuífero. Poranse en marcha, entre outras, actividades deportivas como kaiak ou triatlon.

O último dos módulos de Aula Xuventur, ‘Planeta Mar’ desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío nos meses de maio e xuño e estará dirixido ao alumnado de entre 14 e 17 anos. O que se pretende con esta iniciativa é achegar aos participantes ao mundo mariño, tanto na súa vertente ecolóxica como na etnográfica, mostrándolles embarcacións antigas, tradicionais e actuais, así como a complexidade do ecosistema acuático e a biodiversidade mariña.

O prazo de inscrición abriuse o pasado mes de febreiro e remata unha semana antes do inicio de cada quenda. A inscrición, que se tenque facer na web www.xuventude.net, debe realizala o centro de ensino correspondente. As prazas adxudícanse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles por módulo.

O prezo oscila entre os 30 e 37,5 euros por persoa en función da actividade que o centro educativo elixa para desenvolver. Estas contías xa inclúen o desconto que ofrece o carné xove.

curtisO “Espazo Xove” de Curtis, un servizo que aglutina a información sobre todos os recursos e materias transversais dirixidos á mocidade foi inaugurado pola conselleira de Traballo e Benestar. Para a posta en marcha deste centro, a Xunta reformou a anterior Casa da Xuventude cun investimento de preto de 118.000 euros.

A reforma da Casa da Xuventude de Curtis enmárcase nun proceso de integración deste tipo de equipamentos na Rede Territorial de Centros de Xuventude “Espazo Xove”, unha iniciativa que arrancou o pasado ano e coa que Xunta de Galicia busca mellorar as instalacións e o funcionamento destes centros que, en moitas ocasións, xa tiñan preto de 20 anos.

Con esta reformulación, cada un dos Espazos Xove da Rede Galega pasa a servir de punto de información sobre todos os recursos, servizos e temáticas transversais que dun xeito ou outro afectan ou interesan á xuventude.

Ademais, o servizo pasa a ter un alcance territorial, xa que o ámbito destes Espazos abarca diversos concellos, co que se abandona o carácter eminentemente local que viñan tendo as antigas Casas da Xuventude.

Espazos de creatividade
No referente á organización, estes centros dispoñen de espazos específicos, como o de vivenda, o de fomento do espírito emprendedor e a difusión dos recursos en materia laboral, así como os contidos sobre os que se asesora nos centros Quérote +, como os trastornos alimenticios, a sexualidade, a saúde, as drogas ou a condución responsable.

Segundo explicou Beatriz Mato, estes centros servirán tamén de espazos de encontro, creatividade e formación a través de vías non formais. Así, os mozos e mozas contarán con salas de exposicións, zonas para actividades formativas e prestarase unha especial atención á formación e a creatividade a través das novas tecnoloxías.

A conselleira de Traballo e Benestar lembrou que este mesmo ano se porá en marcha o Circuíto da Creatividade Xuvenil Galega, que encherá de contido as novas salas de exposición. O circuito responde a un dos eixos da Estratexia Xuventude 2013, o de potenciar a creatividade e o espírito emprendedor da mocidade galega.curtis2

 

 

xuventude.novasXa se pode descargar o boletín interactivo Xuventude.Novas do 8 de novembro.

Nesta publicación poderase coñecer máis sobre a iniciativa do grupo Jabón Blue, que a través da música pretende concienciar sobre a incompatibilidade do alcol e da condución, informarse sobre o fenómeno "tuning" aplicado a coches e a ordenadores e ler unha entrevista con Roberto Rey, un mozo arousán que publicou un traballo de enxeñería que interesa á Axencia Espacial Europea, entre outras reportaxes.

Xuventude.Novas é unha publicación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que se publica cada quince días a través de xuventude.net

 

Gandarío1O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta mañá que os mozos galegos “contarán, nesta lexislatura, cunha lei para regular os seus dereitos e garantir o seu acceso aos servizos públicos en Galicia”.

“Estamos a falar, en definitiva, -subliñou- dunha lei para que ao final desta lexislatura haxa uns dereitos, unhas garantías e un apoio específico á xuventude”.

Feijóo, que visitou o Campamento xuvenil de Gandarío, lembrou que un dos compromisos deste Goberno é o rexuvenecemento de Galicia e a aposta pola xuventude, “por unha xuventude –dixo- formada, dialogante e cordial. Xuventude significa o futuro, e ese futuro pasa pola educación, pasa pola cultura, pasa pola natureza, polo esparcimento e pola cordialidade dos xóvenes entre si”.

Así mesmo, o responsable do Executivo galego salientou que a Xunta vai comprometer dentro do Plan de Acción Social un apartado específico para a xuventude. E neste sentido, afirmou que, “neste momento, a Consellería de Traballo e Benestar ten moi adiantado ese plan; un plan –avanzou- que é froito do diálogo e no que participaron máis de 20.000 xóvenes e 300 organizacións xuvenís, que puideron plasmar as súas opinións sobre o Plan da Xuventude de Galicia”.gandarío3

Ao longo da visita ao campamento, Feijóo destacou o bo acollemento que está a ter esta iniciativa da Xunta e subliñou que os 180 xóvenes que se atopan no campamento de Gandarío completan un total de 9.000 mozos que se reparten por toda a xeografía galega.

“Estas iniciativas supoñen unha aposta clara pola xuventude e polos valores de esforzo, de cordialidade, de aventura, de coñecemento do patrimonio cultural e de coñecemento da natureza; un intercambio coa xente doutras comunidades e polo tanto unha cordialidade lingüística.

Galicia é un lugar de acollida; e non só acollemos a peregrinos, senón que tamén acollemos a moitos xóvenes que veñen das distintas localidades de España e por suposto a xóvenes de Galicia”.

Pincha aquí para ver o vídeo da visita do presidente ao Albergue Xuvenil de Gandarío

Gandarío2