En portada (1110)

solidariedadeO “Tráiler da Solidariedade”, da Consellería de Traballo e Benestar, estará estacionado na Alameda en Santiago de Compostela ata o próximo venres, 23 de setembro.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe este espazo, no que as administracións públicas e as entidades de acción voluntaria poden amosar os proxectos que están desenvolvendo en materia de voluntariado co obxectivo de dar a coñecer a todos os galegos e galegas a realidade do voluntariado en Galicia.

O “Tráiler da Solidariedade”, que se puxo en marcha o pasado 25 de xullo en Lugo, levará a cabo unha campaña de promoción do voluntariado galego, dentro da ampla programación que está organizando a Xunta con motivo deste Ano Europeo do Voluntariado en 2011.

De feito, Galicia acollerá este ano –como punto e final a toda a programación- o XIV Congreso Estatal de Voluntariado que se celebrará na Coruña a finais de novembro baixo o lema “Camiños de Solidariedade”.

O Congreso contará coa asistencia de personalidades da Unión Europea e de entidades de voluntariado de varios países europeos, así como con diversas mesas redondas e cun apartado de colaboración e boas prácticas para as entidades participantes.

Este bus solidario, tras o seu paso por Lugo, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela, visitará Pontevedra (do 24 a 30 de setembro); Vigo (do 1 a 7 de outubro); e Ourense (do 8 a 14 de outubro).

ARMENIA2Os  mozos e mozas galegos que estes días se atopan en Yerevan, a capital de Armenia, dentro do programa galego de mobilidade “A Xuventude no Mundo III” que se está a desenvolver entre os días 14 a 21 de setembro, foron recibidos o pasado xoves, 15 de setembro, polo Ministro de Deporte e Asuntos de Xuventude do país armeno, Arthur Petrosyan, e asistiron a una conferencia sobre a historia e a realidade de Armenia e o seu pobo a través dos séculos. Ese mesmo día visitaron o  Centro Hispano nese país.

Onte luns, 19 de setembro, tiveron unha recepción co Viceministro de Deporte e Asuntos de Xuventude de Armenia, encontro onde se debateron as similitudes, diferenzas e problemáticas dos xóvenes armenos e españois, especialmente, os galegos. E pola tarde asistiron a un encontro cos campións olímpicos mundiais/europeos do Comité Olímpico de Armenia, na sala de sesións do propio Comité Olímpico.

A parte destes encontros, o programa de actividades do intercambio bilateral, reflicte unha serie de visitas que axudarán aos participantes a coñecer a realidade social e cultural de Armenia. Deste xeito, está previsto un percorrido por Yerevan, a capital de Armenia e pola cidade de Tsajkadzor, unha visita aos Monasterios de Geghard,  Sevan e Kecharis, un percorrido polo Museo da Memoria do Xenocidio de Tsiternakaberd e Museo da Historia de Armenia, entre outras actividades.

O próximo mércores 21 de setembro é o Día da Independencia de Armenia, co que os participantes no intercambio terán a súa disposición un amplo abano de actividades culturais, que lle permitirán afondar na cultura dese país, así como nas súas tradicións e costumes.

Este intercambio é o último da terceira edición do programa “A Xuventude no Mundo” da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que durante o ano 2011 ofertou un total de 140 prazas en 14 intercambios distintos a desenvolverse entre os meses de febreiro a setembro.

 

Qurote-mis-LOGOO centro Querote+ da Coruña trasládase desde hoxe á praza de Ourense co obxectivo de conseguir unha mellor localización urbana que facilite o acceso da xuventude aos servizos ofertados polo centro, xunto coa conseguinte redución do custo do arrendamento do local.

O centro Quérote+ da Coruña contou o ano pasado con mais de 77.000 visitas e levou a cabo diversas actividades e cursos de formación en colaboración coa Universidade da Coruña. Neste senso, este ano vaise asinar un convenio de colaboración coa mesma que suporá o aumento das consultas da mocidade, así como chegar á poboación nova que xa rematou a formación secundaria.

Este novo centro, que abrirá de luns a venres de 9,00 a 14,00 e de 16,30 a 19,30 horas, contará con novas e melloradas condicións, como unha maior sala de formacións e unha maior privacidade para a realización das probas rápidas do VIH ou dos test de embarazo.

Este centro, que adquire unha gran importancia polo alto número de universitarios que reúne a cidade, organizará tamén un ciclo piloto no cal estarán en contacto varias Administracións, como por exemplo a Garda Civil, ou o Centro Penitenciario de Teixeiro, a través da Fundación Barrié de La Maza, para o desenvolvemento de seis charlas cos alumnos de tres colexios da Coruña.

CAMPOSA conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitaron hoxe o campo de traballo da localidade coruñesa

A titular do departamento autonómico resaltou os programas de mobilidade da Xunta que forman parte da Estratexia para a Xuventude 2010-2013

A Xunta ofertou un total de 8.000 prazas destinadas á mocidade en accións de mobilidade en 2010

Mato indicou que Galicia foi a primeira comunidade autónoma en poñer en marcha un proxecto propio de mobilidade: ‘Xuventude no Mundo’ e explicou que é a cuarta rexión con maior número de proxectos aprobados no marco de ‘Xuventude en Acción’, que xa beneficiou a 1.000 persoas

A conselleira de Traballo e Benestar, destacou a importancia de poñer en marcha campos de traballo e campamentos dirixidos á mocidade, xa que explicou que os valores que nestas iniciativas se transmiten axudan aos participantes a adquirir “novas habilidades e coñecementos”.

A titular do departamento autonómico indicou, así,- no transcurso da visita que realizou hoxe ao campo de traballo de Narón- que, entre outros valores, estas actuacións proporcionan “un enriquecemento cultural e formativo” aos mozos e mozas.

“A aposta da Xunta polos campamentos e campos de traballo, enmarcada nas nosas políticas de xuventude, ten que ser entendida como unha oportunidade para que a mocidade galega amplíe horizontes e gañe habilidades dento das vías non formais”, apuntou.

Nesta aposta do Goberno galego por esta iniciativa, a Consellería de Traballo e Benestar ofertou este verán un total de 260 prazas en campos de traballo que se desenvolveron ou se están a realizar na actualidade, como é o caso de Narón. Ademais, a esta cifra súmanse os 400 mozos e mozas que se beneficiaron de programas de intercambio noutras comunidades.

No campo de traballo de Narón, especializado en ornitoloxía, están a participar un total de 16 voluntarios. O obxectivo principal da actuación é que os mozos e mozas aprendan os procesos migratorios das aves ou a coñecer os censos de especies acuáticas, entre outros.

No eido da mobilidade, a conselleira resaltou que a Estratexia para a Xuventude 2010-2013 inclúe numerosas accións destinadas á mobilidade xuvenil ou ao intercambio de experiencias culturais.

Neste senso, sinalou que a Xunta ofertou en 2010 preto de 8.000 prazas a través de algún programa de mobilidade. Como exemplo, Mato expuxo que a Consellería de Traballo e Benestar foi o primeiro executivo autonómico en poñer en marcha o proxecto propio de mobilidade ‘Xuventude no Mundo’, un programa destinado a fomentar a aprendizaxe e aplicación doutras linguas, coñecemento doutras formas de vida e reforzo da autonomía persoal a través da oferta de estancias dunha semana en 7 países europeos. Desta iniciativa beneficiáronse ao longo de 2010 ao redor de 200 mozos e mozas.

Así mesmo, Mato explicou que o departamento autonómico tamén puxo en funcionamento o programa Mogal 2010-2011, que chegará este ano a preto de 200 persoas, que poderán realizar prácticas laborais en 5 países europeos.

Por último, a conselleira lembrou que Galicia é a carta comunidade autónoma con maior número de proxectos aprobados no marco de ‘Xuventude en Acción’, unha actuación da que xa se beneficiaron 1.000 persoas.

Campos de Traballo
As 260 prazas ofertadas pola Xunta en campos de traballo este verán están distribuídas en 11 quendas e sete campos de traballo distintos, o que supón aumentar en 40 as prazas dispoñibles con respecto ao ano anterior. Estas prazas van dirixidas a mozos e mozas galegos, doutras comunidades autónomas e, cando o campo de traballo é internacional, para a mocidade de países estranxeiros.

As actividades comezaron en xullo coa celebración do campo de traballo de Cabana de Bergantiños. En agosto están a ter lugar en distintas quendas un total de dez campos de traballo, ademais de en Narón, nas Illas Cíes; en Rois (A Coruña); Palas de Rei (Lugo); Vilar de Barrio (Ourense) e Ourense.

Ademais, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ofertou prazas á mocidade galega en campos de traballo doutras comunidades autónomas, en concreto, da Rioxa, Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Ceuta, Estremadura, Madrid, Melilla, Navarra, País Vasco e Valencia.

Ofertáronse tamén prazas en campos de traballo de 19 países: Alemaña, Armenia, Austria, Corea do Sur, Estonia, Francia, Grecia, Islandia, Italia, Lituania, Marrocos, México, República Checa, Rusia, Serbia, Taiwan, Turquía, Ucraína e Xapón.

Santiago, 22 de xullo de 2011.- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración co Consorcio do Audiovisual de Galicia, organiza hoxe e mañá un workshop profesional para a arte dixital. Así, un total de 40 mozos e mozas, creadores e empresas deste sector, así como expertos neste ámbito, traballarán en Santiago en estratexias para revalorizar o patrimonio e o turismo a través de produtos dixitais.

A iniciativa forma parte do proxecto da Consellería de Traballo e Benestar ‘Imaxina Atlantica’ que, ao abeiro do programa “Espazo Atlántico” financiado con fondos FEDER, oferta 24 estadías noutras rexións de Europa para mozos e mozas profesionais de entre 18 e 30 anos centradas na arte dixital.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, acompañado polo director do Consorcio do Audiovisual de Galicia, Anxo Quintanilla, inaugurou hoxe este seminario no que se presentarán algunhas das actividades do proxecto ‘Imaxina Atlantica’ dirixidas aos mozos creadores e profesionais, así como ás empresas do sector. Entre elas cómpre salientar a presentación e lanzamento dun Concurso de Arte Dixital, as estadías para xoves profesionais ou un percorrido de luz e son que se desenvolverá en Santiago no 2012. Todas estas actividades conxugarán a revalorización do patrimonio e o turismo.

Ademais, técnicos, expertos e mozos galegos, galeses e franceses terán a oportunidade tamén de debater temas coma a comercialización e distribución de produtos audiovisuais, a promoción do turismo en Galicia ou a ferramenta dixital, concibida como rede social para a promoción cultural e artística, coñecida como People’s collection. Ao igual que coñecerán de primeira man as liñas de promoción turística de Galicia, o sector audiovisual galego e o patrimonio de Santiago.

Entre os asistentes ao workshop asisten, ademais do director xeral de Xuventude e Voluntariado, o director xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Anxo Quintanilla; a directora xerente de Turgalicia, Carmen Pita; o director dos museos de Gales Rheinallt Foster Jones; o director de turismo do Goberno de Gales, Dawi Davies; e a directora de Technium Cast, Wales Karen Padmore, entre outros.

Na inauguración, Rodeiro incidiu no programa de estadías no estranxeiro, para o que xa está aberto o prazo de inscrición, En concreto, a iniciativa desenvólvese nos ámbitos da Comunicación Audiovisual, Publicidade, Produción Artística, cultural e visual, Multimedia, Patrimonio ou Turismo aplicado á arte dixital, en Porto (Portugal), Bangor (Gales, Reino Unido), e Angoulème (Francia) e os mozos interesados poderán enviar a súa candidatura a xuventude@xunta.es.

A iniciativa oferta doce estadías de quince a trinta días de duración que inclúen viaxe, aloxamento e manutención; e outras doce de tres ou catro días para asistir á certames internacionais, feiras internacionais ou exposicións.

O obxectivo desta actividade é fomentar a formación dos mozos profesionais, nun contexto europeo, axudando á realización de estadías en empresas, asociacións e institucións doutras rexións de Europa, con fin de favorecer o fortalecemento e a creación de redes empresariais desde o espazo atlántico e ofrecer aos participantes prácticas profesionais, adquisición e uso de coñecementos, competencias e cualificacións con vistas ao desenvolvemento persoal, a empregabilidade e a participación no mercado laboral europeo.

Como prioridades deste programa de mobilidade da mocidade creadora galega están o de apoiar as melloras da calidade e a innovación e a súa transferencia entre distintos países, promover a aprendizaxe de idiomas nun contorno empresarial, adquirir autonomía persoal e mellorar a capacidade de traballo con persoas de distintos contornos culturais.

O espazo de cooperación do territorio que cubre este programa comprende as rexións de Poitou-Charentes en Francia, norte de Portugal, País de Gales do Reino Unido, e Galicia. A prioridade do proxecto é a de promover redes transnacionais empresariais e de innovación, pero non só se centra na innovación científica e técnica, senón tamén noutros elementos da economía actual do coñecemento, como novos tipos de servizos empresariais ou técnicas de márketing innovadoras, con especial consideración pola dimensión transnacional destas prácticas.

A promoción da mobilidade internacional da mocidade galega é un dos eixos prioritarios da Estratexia Xuventude 2013 da Xunta de Galicia. De feito, máis de 6.400 mozos e mozas galegos participaron en 2010 nalgunha das accións de mobilidade que ofertaron os diferentes departamentos da Xunta de Galicia.

COMISIONA Comisión interdepartamental de xuventude reuniuse hoxe por terceira vez no que vai de lexislatura co fin de avaliar os resultados acadados durante 2010 polo plan “Xuventude 2013, unha estratexia para a mocidade galega”, que recolle as medidas transversais de todo o Goberno galego dirixidas á mocidade.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu hoxe esta xuntanza, na que estivo acompañada polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro. Ata o de agora, este órgano reuniuse xa en dúas ocasións anteriores (xaneiro e xullo de 2010), o que supuxo a reactivación desta comisión, que levaba os catro anos anteriores sen convocarse.

Na xuntanza estiveron representadas todas as consellerías da Xunta de Galicia, as secretarías xerais dependentes da Presidencia, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Durante a súa intervención, a titular do departamento autonómico destacou a relevancia de contar cunha estratexia que constitúe unha ferramenta de “planificación das políticas autonómicas” dirixidas á mocidade e que ten en conta “a situación actual da mocidade galega, marcada especialmente pola falta de oportunidades de emprego”.

Así, apostou por impulsar á xuventude de cara á súa inserción laboral e por actuar en todos os ámbitos, tal e como se fai nesta estratexia “transversal, que implica a todos os departamentos do Goberno galego, e que busca outorgar á mocidade galega o acceso a unha vida independente digna e con oportunidades”.

Proba de que este é un “compromiso real”, é que durante 2010 xa se teñen executado o 93 por cento do total de 248 medidas previstas inicialmente para o longo da lexislatura, o que permitiu beneficiar directamente a máis de 360.000 mozos e mozas. Para poñer en marcha todas estas actuacións, o Goberno galego investiu máis de 297 millóns de euros.

Xa no que se refire ao fomento do emprego, Mato fixo fincapé no feito de que “2 de cada 3 euros investidos no primeiro ano de desenvolvemento da Estratexia foron destinados ao fomento do emprego entre o colectivo xuvenil”, o que favoreceu a máis de 27.000 mozos e mozas de cara o acceso a un emprego ou ao autoemprego.

Entre outras iniciativas, a conselleira salientou a necesidade de fomentar a implicación e a participación da mocidade, un aspecto no que se avanzou a través do novo modelo “Iniciativa Xove” –posto en marcha en 2010-, que está aberto tamén aos grupos informais de mozos e mozas deseñar as súas propias políticas. Este programa contou cun incremento de orzamento do 50 por cento desde 2009.

Ademais, destacou que durante 2010 unhas 14.000 persoas participaron en diversos programas do voluntariado, un aspecto “moi importante tendo en conta que este é o Ano Europeo do Voluntariado”.

FORMACION_PROFESIONAL

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na inauguración do programa formativo “Outra maneira de fomentar o espírito emprendedor na aula”, organizado pola Cámara de Comercio de Ourense, onde destacou a necesidade de impulsar o espírito emprendedor entre o alumnado de Formación Profesional. “Fomentar elementos como a creatividade, a capacidade de resolución de problemas ou o traballo en equipo –dixo- logrará que vexan o autoemprego como unha opción profesional, que saiban como converter unha boa idea nun proxecto de empresa viable”. No acto estivo presente tamén o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Jose Luis Mira.

Coa súa colaboración nesta iniciativa, o departamento educativo da Xunta de Galicia quere impulsar a formación do profesorado de FP ao longo da súa carreira, co fin de que estes poidan ofrecer as mellores ensinanzas ao seu alumnado.

Tal e como explicou o conselleiro, o obxectivo do curso é que os profesores sexan quen de “orientar e sensibilizar sobre o espírito emprendedor ao seu alumnado, darlles ferramentas para que poidan dar os pasos cara á creación dunha empresa e pautas para evitar o fracaso”.

Neste sentido Vázquez Abad destacou a necesidade “de dar un empuxón a esa mocidade con inquedanzas empresariais que será, sen dúbida, a semente na que prenderá o noso futuro”.

Sesións teórica e visitas a empresas
O curso que hoxe comeza ten por obxectivo a orientación e sensibilización sobre o espírito emprendedor nas ensinanzas de FP. No programa desenvólvense os diferentes pasos para a creación dunha empresa e a promoción e o fomento económico, achegando ademais pautas para evitar o fracaso, e enriquecer as propostas que garantan o éxito das posibles iniciativas que o alumnado de FP poida emprender.

Para complementar as sesións teóricas os asistentes ao curso visitarán empresas creadas por estudantes de Formación Profesional, e organismos e institucións centradas no apoio e a creación e consolidación de proxectos empresariais. Ademais realizaranse dinámicas de grupo para desenvolver a capacidade de traballo colectivo.

 

Fomento da cultura do emprendemento
O programa formativo entronca co Plan Eduemprende, a iniciativa da Consellería de Educación que funciona como marco de fomento do espírito emprendedor e establece a estratexia de fomento da cultura emprendedora que a Consellería quere transmitir á comunidade educativa.

Deste xeito, Educación fai unha aposta clara e firme pola implantación na comunidade educativa dos niveis non universitarios da cultura do emprendemento, necesaria na procura da mellora da competitividade das empresas e da empregabilidade dos galegos e das galegas.

vedraA segunda tanda de foros de debate do anteproxecto de Lei de Xuventude arrincaron esta semana cun gran éxito de participación. O texto legal está sendo analizado por asociacións e grupos de mozos e mozas na práctica totalidade das comarcas de Galicia. Se queres asistir a estes eventos, podes consultar aquí as datas e lugares. Ata o vindeiro 15 de xullo pódense facer alegacións á lei, ou para preguntar calquera dúbida, o correo habilitado para tal fin é: subdireccion.programas@xunta.es.

LEI_XUVENTUDE_LUGOA primeira Lei de Xuventude de Galicia incluirá a creación do Instituto Galego de Xuventude como órgano técnico especializado, adscrito ao departamento competente, e que terá como misión a materialización dos principios de información á xente nova, formación continua en materia de mocidade e asesoramento técnico en políticas públicas de xuventude.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, referiuse hoxe á creación deste Instituto -que non suporá a creación dun ente administrativo, senón que será unha configuración orgánica co nivel de subdirección xeral- durante a presentación do anteproxecto desta Lei nun encontro provincial celebrado en Lugo.

Na súa intervención, Rodeiro explicou que son funcións do Instituto da Xuventude de Galicia a coordinación da Rede Galega de Información Xuvenil; a planificación e supervisión das actividades formativas desenvolvidas pola Escola Galega de Xuventude; planificación, promoción, organización e coordinación de actividades destinadas á xuventude, directamente ou en colaboración con asociacións xuvenís ou outras Administracións públicas, institucións e organismos públicos e privados; a coordinación, vixilancia e rexistro das instalacións xuvenís; e a xestión da Rede de Albergues Xuvenís de Galicia.

Ademais inclúe a coordinación das axudas para o acceso da xente nova a determinados bens e servizos a través do carné xove, entre outros instrumentos; o fomento e a promoción de intercambios e mobilidade dos mozos e mozas con outras comunidades autónomas e países estranxeiros; a emisión de cantos informes lle sexan solicitados polo departamento de adscrición; e todas cantas lle sexan atribuídas expresamente por disposicións de carácter legal ou regulamentario.

A Dirección Xeral levou a cabo ao longo desta semana a presentación do borrador a través de catro encontros provinciais e trece foros de debate con técnicos, entidades xuvenís, asociacións xuvenís, escolas de tempo libre, grupos informais de mozos e mozas interesados en participar e aportar propostas de mellora ao mencionado borrador.

Ademais, a longo do mes de xuño realizaranse 13 foros de debate nos espazos xove da Rede Galega de Centros de Xuventude de Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Ourense, Vilagarcía, Tui e Chantada, así como no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia en Santiago, o día 27 de xuño as 20.00 horas. Á mesma hora, o día 28 os foros celébranse nos espazos xove de Betanzos, Lalín, Vilalba e Viveiro.

Todos os interesados en asistir a estes encontros participativos poden dirixirse aos Servizos Territoriais de Xuventude da súa provincia e aos espazos xove da Rede galega de centros de xuventude mencionados anteriormente.

A primeira Lei de Xuventude de Galicia garantirá la transversalidade administrativa das políticas da Xunta dirixidas á mocidade, así como a participación directa dos mozos e mozas nas mesmas, segundo lembrou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, que presentou hoxe a iniciativa nun encontro provincial no Espazo Xove de Ourense.

O anteproxecto de Lei busca a acción unitaria de goberno e a coordinación dos diferentes departamentos da Administración á hora de poñer en práctica medidas que afecten á xuventude. Esta planificación das políticas de mocidade efectuarase a través da elaboración en cada lexislatura dun plan estratéxico de xuventude, que pasará a ter un carácter vinculante xa que se deberá tramitar como orde da Consellería de Traballo e Benestar.

Rodeiro indicou que a mocidade de Galicia está chamada a liderar unha sociedade inmersa en profundos cambios e transformacións, na que existía a necesidade técnica de unificar a dispersión normativa e organizativa actual. Nesta materia, é necesario reforzar a transversalidade e coordinación das políticas públicas destinadas á xuventude.

Así explicou que o anteproxecto de lei conta con dez eixos básicos de transversalidade vinculados ás directrices europeas e ao actual Plan estratéxico da xuventude e que deben ser potenciados a través da coordinación entre todos os axentes implicados. Estes eixos relaciónanse coa educación; emprego; creatividade e espírito emprendedor; vivenda; saúde e deporte; participación e asociacionismo; voluntariado; información e formación; mobilidade e turismo xuvenil; e normalización lingüística.

Doutra banda, o texto propón a creación do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia, un órgano colexiado, independente e aberto a todas as asociacións xuvenís e grupos informais de mozos e mozas, que reforza e impulsa a participación da mocidade e da sociedade civil nos temas de interese para a xuventude.

Tamén se facilita e se promove a creación dos consellos locais de xuventude, co obxectivo de achegar o novo modelo de participación e dar máis protagonismo aos concellos. As asociacións xuvenís e mais os consellos locais terán garantido con este anteproxecto unha representación de, polo menos, o 51% dos votos do Consello.

A Dirección Xeral levará a cabo ao longo do mes de xuño a presentación do borrador a través de catro encontros provinciais e trece foros de debate con técnicos, entidades xuvenís, asociacións xuvenís, escolas de tempo libre, grupos informais de mozos e mozas interesados en participar e aportar propostas de mellora ao mencionado borrador.

Despois de presentar esta iniciativa en Gandarío e Ourense, mañá xoves presentarase no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo; e, o venres, no LUG II en Lugo. Así mesmo realizaranse 13 foros de debate nos espazos xove da Rede Galega de Centros de Xuventude de Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Ourense, Vilagarcía, Tui e Chantada, así como no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia en Santiago, o día 27 de xuño as 20.00 horas. Á mesma hora, o día 28 os foros celébranse nos espazos xove de Betanzos, Lalín, Vilalba e Viveiro.

Todos os interesados en asistir a estes encontros participativos poden dirixirse aos Servizos Territoriais de Xuventude da súa provincia e aos espazos xove da Rede galega de centros de xuventude mencionados anteriormente