Escolas de Segundas Oportunidades da Cruz Vermella

14 Nov 2016

O proxecto Escolas de Segundas Oportunidades de formación para a mocidade de garantía xuvenil ofrece opcións de formación para o emprego e retorno educativo, para permitir mellorar as posibilidades e as condicións de acceso ao mercado laboral.

Trátase dunha iniciativa de carácter comunitario que reforza capacidades para a aprendizaxe de mozas en dificultade, facendo especial fincapé no acompañamento para a obtención dunha titulación mínima (ESO) e a motivación vocacional cara a unha cualificación técnico-profesional futura.

As Escolas de Segunda Oportunidade son unha iniciativa de carácter comunitario onde se desenvolve un traballo en rede cos axentes da contorna que traballan con este colectivo e en especial cos Servizos Públicos de Emprego.

Requisitos: Mozos/as de 16 a 29 anos desocupados, que abandonaron ou estean a abandonar de forma precoz o proceso educativo e/ou non terminaron o ensino obrigatorio, e que estean inscritos e sexan beneficiarios do Sistema de Garantía Xuvenil.
Prezo: Gratuíto

Máis información
Teléfono: 902 222 292

informa@cruzroja.es
Oficinas de Cruz Vermella en Galicia: http://www.cruzroja.es/principal/web/cruz-roja/asambleas?centro=15359