O certame “Airiños de Rock&Roll” permitirá que dous novos grupos galegos actúen xunto con Def con Dos e O’Funk’Illo o sábado no Coliseo da Coruña

24 Mar 2011

airiñosUn total de 14 grupos semifinalistas do certame “Airiños de Rock&Roll” organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado competirán o sábado para poder mostrar o seu talento en directo no coliseo da Coruña, acompañando aos grupos Def con Dos e O’Funk’Illo.

Os grupos preseleccionados deberán tocar durante un máximo de cinco minutos na sala O Túnel do Coliseo, para que ao final o xurando escolla as dúas bandas que exercerán como teloneiros no concerto principal, que comezará ás dez da noite.

En total, presentáronse ao certame “Airiños de Rock&Roll” 64 bandas de toda Galicia, de moi diversos estilos e moitos cun talento realmente notable, que agrupaban a 286 músicos.

A labor do xurado para preseleccionar aos 14 grupos foi moi difícil e tivéronse en conta unha gran cantidade de factores para elaborar a lista de semifinalistas.

Revisáronse a fondo os temas que se recibiron, estudáronse as traxectorias dos grupos así como a proxección de futuro de cada unha das bandas, e por suposto escoitouse unha e outra vez as a súa música.

A organización e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado queren agradecer o compromiso e a xenerosidade que tiveron todos os participantes esta convocatoria

O listado de grupos semifinalistas é a seguinte:

CINCOCEROCUATRO (504)

KERTULER

NOSTATIC

YIDORAH

TREGUA

YUNO

JANIE´S GUN

ARRHYTHMIA

TAPIPORLA

FUNI FLOU

MASMEL

SEPTIEMBRE

RAIBA

ESTADO PURO

Todas as 64 bandas que se presentaron a este certame están convidadas a participar o mesmo sábado a unha master-class impartida por Pepe Bao, un dos mellores baixistas de España, e máis o concerto de Def con Dos e O’Funk’Illo.

O xurado do certame “Airiños de Rock&Roll” está composto por José Vicente Martínez Ferreiro (Locutor da Radio Galega), Francisco Gómez Seijo (Promotor, Músico e Productor) e Juan Vázquez Rey (Productor de eventos musicales).