O boletín interactivo Xuventude.Novas recolle a iniciativa do grupo de rock Jabón Blue para aumentar a seguridade viaria a través da música

08 Nov 2010

xuventude.novasXa se pode descargar o boletín interactivo Xuventude.Novas do 8 de novembro.

Nesta publicación poderase coñecer máis sobre a iniciativa do grupo Jabón Blue, que a través da música pretende concienciar sobre a incompatibilidade do alcol e da condución, informarse sobre o fenómeno "tuning" aplicado a coches e a ordenadores e ler unha entrevista con Roberto Rey, un mozo arousán que publicou un traballo de enxeñería que interesa á Axencia Espacial Europea, entre outras reportaxes.

Xuventude.Novas é unha publicación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que se publica cada quince días a través de xuventude.net