No BOE nº 233, de 28 de setembro, publicouse a Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización.
Entrada en vigor: o 30 de setembro de 2013
Esta lei ten por obxecto apoiar ao emprendedor e a súa actividade empresarial, favorecer o seu desenvolvemento, crecemento e internacionalización e fomentar a cultura emprendedora e un entorno favorable á actividade económica, tanto nos momentos iniciais a comezar a actividade, como no seu posterior desenvolvemento, crecemento e internacionalización.
O novo texto normativo contén , entre outras, unha serie de medidas novedosas:
- Crea a figura do emprendedor de responsabilidade limitada
- En canto ao Imposto sobre o Valor Engadido (IVA), establece un réxime especial de criterio de caixa
- Establece unha nova figura de sociedade: Sociedade Limitada de Formación Sucesiva (SLFS)
- Reflicte unha serie de accións para a redución das cargas administrativas para o/a emprendedor/a
- Establece medidas para impulsar a contratación pública con emprendedores
- Reforza o marco institucional de fomento da internacionalización
Consulta a nova lei no seguinte enlace:
http://www.boe.es/boe/dias/2013/09/28/pdfs/BOE-A-2013-10074.pdf