A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado aposta pola mediación

25 Set 2013

Rematou con éxito, en varias vilas galegas (Santiago, A Coruña, Ourense, Lugo e Vigo), o Curso de especialista de mediación xuvenil ofertado no Plan de Formación  da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado 2013 e impartido polo persoal dos centros Quérote +. Das máis de 600 inscricións recibidas, as persoas seleccionadas tiveron a oportunidade, a través deste curso, de coñecer os principios básicos da mediación xuvenil, escolar e familiar, traballar aspectos relacionados coa convivencia entre iguais, a diversidade funcional e a afectividade e a sexualidade.PAULA

A través de 5 módulos, as persoas participantes puideron adquirir unha serie de coñecementos básicos e unhas habilidades e ferramentas para aplicación no seu ámbito laboral e ou persoal. A maior parte dos módulos realizáronse en modalidade presencial, pero tamén tiveron que realizar traballos relacionados coas temáticas traballadas para poder completar o curso e recibir o certificado.

Número de horas: 150, das cales 90 foron en modalidade presencial e 60 a distancia.

Cursos (ou módulos):

-          Curso básico de mediación familiar e escolar

-          Curso intervención de mediadores/as en convivencia e relacións sociais

-          Curso básico de mediadores/as en intervención afectivo-sexual coa mocidade

-          Curso de mediadores/as en intervención na diversidade funcional

-          Curso ampliación mediadores/as en intervención afectivo-sexual

 Obtiveron o título de  Curso de Especialista en Mediación xuvenil os/as inscritos/as que realizaron os cinco módulos.

 Perfil das persoas participantes:

-          Mocidade que rematou estudos universitarios relacionados co ámbito do social (psicoloxía, pedagoxía, traballo social, educación social)

-          Traballadoras/es de centros socioculturais

-          Traballadores/as de Concellos

-          Mocidade vinculada co tecido asociativo