Lei do Sistema universitario de Galicia

04 Xul 2013

universidadesgaliciaNo DOG do 3 de xullo de 2013 publícase a lei do Sistema universitario de Galicia:

Título preliminar establece o obxecto da lei e o seu ámbito de aplicación, así como os obxectivos e fins propios do SUG
O título I, «Da ordenación do Sistema universitario de Galicia», define e potencia os principios aos que responden a actividade e a organización universitarias, reflicte as estruturas que poderán integrar as universidades e fixa os criterios para a creación e a implantación de novas titulacións e centros.
O título II, denominado «Da coordinación e da colaboración», establece os mecanismos de fortalecemento destas.
O título III, coa denominación «Da garantía da calidade universitaria», contén a regulación do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
O título IV, baixo a denominación «Dos consellos sociais das universidades públicas», incorpora e revisa contidos da Lei 1/2003, do 9 de maio, incidindo no fundamental papel deste órgano de goberno das universidades.
No título V, «Da comunidade universitaria», establécese e concrétase un amplo catálogo de liberdades, dereitos e deberes do persoal docente e investigador, do persoal de administración e servizos e mais do estudantado.
O título VI, baixo a rúbrica «Da actividade universitaria: a docencia, a investigación e a transferencia de coñecementos», está dedicado á regulación dalgúns aspectos de planificación, fomento e calidade respecto das tres misións que, xunto coa actividade de estudo que as precede e sustenta, constitúen o fundamento da institución universitaria.
O título VII, que, coa denominación «Do financiamento das universidades do Sistema universitario de Galicia», establece un marco sólido para a necesaria planificación económica e financeira das universidades galegas.

Máis información no DOG do 3 de xullo de 2013