PROXECTO NACCE

08 Mar 2013
O vindeiro xoves 14 de marzo, a partires das 9:15 horas da mañá, terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita no Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2 – 4, 15707, Santiago de Compostela, a xornada de peche do “Proxecto Nacce” (núcleo de apoio á competitividade e á creación de empresas TIC).

Nesta xornada presentarán os seus proxectos os mozos e as mozas emprendedoras TIC xurdidas ao abeiro deste proxecto. Ademais tamén intervirán Alfonso Pérez Pereira promotor de ESPAFIL e Andrés Mazaira Castro,  promotor de Bridge Mediatech, S.L.

Achégase ligazón de acceso ao programa da xornada, para a súa consulta, e na que se poderá facer a inscrición na mesma http://www.nacce.es/