Concurso “Quero Cantar” de música infantil e xuvenil

05 Dec 2023

A Deputación da Coruña convoca o VII Concurso musical “Quero Cantar”

Pode participar calquera grupo ou solista que presente a maqueta dunha canción en galego, con letra e música orixinais e inéditas, que non fosen publicamente difundidas antes por ningún tipo de soporte nin canle.

Categoría Infantil
Idade: ata 12 anos
Número máximo de compoñentes : 12
Para esta categoría permítese que, incluída no límite de 12 compoñentes, participe unha persoa que supere o límite de idade, que non poderá ser a voz solista, e sempre que o grupo sexa de máis de 2 membros.

Categoría Xuvenil
Idade: de 13 a 16 anos
Número máximo de compoñentes: 12
Dentro do límite de 12 participantes, permítese un número indeterminado de excepcións ao límite de idade inferior, sempre que este número non chegue ao 50% de membros totais do grupo.

Premios:
1º clasificado na categoría infantil:
- Gravación da maqueta en estudio profesional.
- Gravación dun videoclip da canción gañadora
- Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500 €.

1º clasificado na categoría xuvenil:
- Gravación da maqueta en estudio profesional.
- Participación nun programa formativo.
- Gravación dun videoclip da canción realizada no programa formativo.
- Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500 €.

2º clasificado en ambas as categorías:
- Gravación da maqueta en estudio profesional
- Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.000 €.

3º clasificado en ambas as categorías:
- Gravación da maqueta en estudio profesional
- Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 500 €.

O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o 15 de marzo de 2024, ás 14:00 horas.
Máis información no BOP da Coruña do 5 de decembro de 2023 e en www.querocantar.gal