III edición da iniciativa "Efecto MIL"

05 Dec 2023

A Fundación Atresmedia e Fundación Telefónica lideran a III edición da iniciativa ‘Efecto MIL’, cuxo obxectivo é concienciar á mocidade sobre os riscos dixitais e comprometela na prevención a través das redes sociais.

Os mozos que se animen a participar poderán facelo sós ou en grupos formados por un máximo de tres persoas.

Para participar debes seguir os seguintes pasos:
1. Rexístrate na web efectomil.org
2. Elixe algunha destas temáticas:
-Adicción ás RRSS
-Discurso do odio
-Ciberacoso
-Fake News
-Perigos dos Retos Virais
3. Fai un vídeo para Instagram ou Tik Tok de non máis de 1 minuto de duración ao teu xeito, usa a túa creatividade.
4. Envía o teu vídeo a efectomil.org

Requisitos
Esta iniciativa vai dirixida a persoas de entre 16 e 25 anos.

Dotación
Primeiro premio: pack tecnolóxico valorado en 3.000 €.
Os 10 vídeos finalistas terán a oportunidade de formarse con profesionais de Atresmedia, aprendendo técnicas de creatividade, produción, márketing de contidos e redes sociais.

O prazo de envío dos vídeos estará aberto ata o 29 de febreiro de 2024.

Máis información
https://efectomil.org 
efectomil@fundacionatresmedia.org