Certames Culturais 2023 da Casa de León da Coruña

04 Dec 2023

A Casa de León na Coruña convoca os seguintes Certames Culturais 2023:
- XXIV Certame de Relato Curto
- XX Certame de Poesía
- XXIV de Artes plásticas (pintura, fotografía e escultura)
- VIII Junior (poesía, relato curto e artes plásticas)

As obras presentadas estarán escritas en castelán e serán de temática libre; con todo, valorarase a conexión coas tradicións, paisaxes, historia, folclore, arquitectura, arte e cultura ou calquera relación con León ou Castela.

A presentación das obras realizarase presencialmente ou por correo postal na sede social da Casa de León, R/ Noia, nº 50 baixo CP 15007 (A Coruña).

Requisitos
Poderán participar as persoas de calquera idade, se ben aquelas persoas menores de 18 anos concursarán pola catergoría Junior.

Dotación
Relato Curto: Diploma e 300 € para o gañador.
Poesía: Diploma e 300 € para o gañador.
Artes plásticas (pintura, fotografía e escultura): Placa de prata e diploma para o gañador.
JÚNIOR -poesía, relato curto e artes plásticas-: Diploma e tableta para o gañador.

O prazo de entrega de orixinais estará aberto ata o 15 de marzo de 2024.

Máis información
http://casaleoncorunaccyl.com/ 
consejo.casaleoncorunaccyl@gmail.com